Concello de Parada de Sil

Actividades 2013

Día de Reis

O día 5 de xaneiro pola tarde, os Reis Magos chegan a Parada de Sil, reparten regalos entre os rapaces, e faise unha chocolatada para todos os asistentes. Organizado pola Asociación Ouro do Sil, en colaboración co Concello.

 

Día das letras galegas

Todos os anos, en maio co gallo do día das letras galegas, faiselle unha homenaxe a unha persoa destacada do concello. A homenaxe faise no concello, despois colocase unha placa nun lugar relacionado con esa persoa, e remata cuns pinchos para todos os asistentes.

 

Concurso fotográfico

Concurso fotográfico Dona Rosa Pons Fábregas “Visións de Parada de Sil”.

 

Carreira por montaña

Todos os anos en Parada de Sil ten lugar a Carreira por Montaña Canón do Sil. Cada ano contamos con máis de 200 participantes de toda España.

 

Andaina da Castaña

A mediados de novembro vai ter lugar a V Andaina da Castaña, o ano pasado máis de duascentas persoas fixeron este percorrido de 18 Km PRG-98, que remata cun xantar e cun magosto á noite en Sacardebois.

 

Pazolandia

Todos os anos polo nadal, o concello agasalla ós rapaces cunha viaxe a Pazolandia, onde disfrutan dunha mañá de xogos e atraccións.

 

Entroido

No entroido a xuventude do Concello e a Asociación de Cabalos disfrázanse e preparan unhas carrozas coas que saen de desfile o sábado pola mañá. Van por varios pobos do Concello e rematan en Parada de Sil á hora do xantar. Pola tarde fan outro percorrido polo Concello. Cada ano se xunta máis xente de aquí e doutros Concellos limítrofes que vén disfrutar con nós a festa do Entroido.

 

1º Concurso de microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil, grazas á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

Dercarga as bases do concurso

 

Actividades do verán en Parada de Sil:

Actividades de veran en Parada de Sil para o ano 2013.

Verán Lúdico:
O Concello de Parada de Sil ofrece un verán lúdico cheo de actividades para todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os doce anos.
Datas: 4,11,18 xullo.
Horario: 11 a 13.30 h.
Lugar: Praza do Concello.
IMPORTANTE TRAER GORRA E AUGA!!

Datas: 22 e 29 de xullo, 5 e 12 de agosto.
Horario: 18 a 20 horas.
Lugar: Praza do Concello.

Augalingua:
Programa de dinamización lingüística.
Data:18 de xullo.
Lugar: Praia fluvial Pradomao.
Hora: 16.30 h.

Programa Lecer e Consumo:
Xincana Lecer e Publicidade ( 9 - 16 anos)
Charla: Alternativas para un lecer responsable.
Data: 28 de agosto.
Hora: 17-19 h.
Lugar: Concello.

Iremos ampliando con máis actividades.



Actividades do outono en Parada de Sil:

"Preparando este outono" ...