Concello de Parada de Sil

O Canón do Sil

O Canón do Sil é sen dúbida unha das paraxes da xeografía Galega máis impresionante para visitar. O impresionante contraste das rochas e vexetación fan do seu percorrido un inmellorable pracer para o visitante, un paseo en catamarán polo río faranos disfrutar ó máximo da súa beleza. Ben dende o cauce do río, ben dende os miradores que podemos atopar no alto das montañas céganos a beleza desta paraxe natural, un microclima especial fai que podamos contemplar vexetación incluso mediterránea como poden ser os olivos. A riqueza monacal do canón do Sil transforma a viaxe nunha experiencia cultural e histórica inigualable, o Mosteiro de Santa Cristina é un exemplo do que foi esta zona en tempos pasados, un dos rincóns que non poden faltar na visita ó canón. Este comprende a ribeira dos concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e nos lucenses de Pantón e Sober. Os límites do canón do Miño e, sobre todo, da Ribeira Sacra son moito máis amplos.

Está documentado o nome de Rivoyra Sacrata para referirse ó refuxio de monxes e eremitas dende tempos dos suevos nas gargantas fluviais do Sil e do Miño. Ata unha ducia de mosteiros, a maioría pasados á regra benedictina e logo exclaustrados, asentados en paraxes que invitan á reflexión.

Aquí os límites da terra son tan imprecisos coma os do ceo. Ninguén sabe ónde empeza e ónde acaba a Ribeira Sacra.

O río formou ó longo do tempo profundos canóns que nos máis abruptos desfiladeiros do Sil chegan ós 500 metros de profundidade. Son fracturas graníticas entremesturadas de bosques autóctonos por tódolos rincóns. A pesares do forte desnivel medio, a paisaxe está humanizada en soutos e cultivos de viñas por medio de socalcos (terrazas de bancais) nas ladeiras de solaina. É de admirar a difícil vendima nas pendentes onde o lombo de cada un segue sendo o único sistema, excepto pequenas axudas modernas de mecanización por medio de raís. Son reputados dende tempos romanos os viños de Amandi e a variedade de uva autóctona, mencía.

En Parada de Sil, unha pista de terra leva ata o máis renombrado mirador: "Os Balcóns de Madrid", colgados sobre o abismo, co santuario de Cadeiras na outra beira e a chaira de Monforte como horizonte. Unha boa alternativa dende a estrada C-536 (Ourense-A Pobra de Trives) e aproveitar-lo castelo de Castro Caldelas como mirador e despois perderse pola baixada hacia A Teixeira deixando a un lado os bosques mixtos do río Edo e, curva a curva, saír a Parada de Sil.