Concello de Parada de Sil

O vello Castiñeiro

En Entrambosríos encontrarás un dos moitos castiñeiros milenarios que hai en Parada de Sil, inmediatamente antes da aldea, preto da estrada de acceso.


Tu contémplasme a min, eu contémplote a ti

Distínguesme entre os outros castiñeiros i Desde a man que me plantou neste lugar e me enxertou para que dera bo froito, moitas outras mans viñeron cada outono, sen que faltara ningún, a recoller agradecidas a colleita. Os meus donos seguen facéndoo e coidándome. Eu medraba calado e víavos pasar. As miñas trabes acolleron moitas vidas. Teño case dez metros de circunferencia e moitísimos séculos de historia que podo lembrar. Son un vello castiñeiro aínda fértil que merece continuar sendo testemuña do teu tempo.