Concello de Parada de Sil

Información Catastral

A empresa Servicar, contratada polo Concello de Parada de Sil, encárgase dende hai varios meses de resolverlle-las dúbidas ós nosos veciños sobre o catastro, tanto de rústica como de urbana. Este servizo está operativo no primeiro andar da Casa do Concello tódolos días 5 de cada mes, ou o seguinte día hábil se cadra en sábado, domingo ou festivo. Para facelo máis operativo, as persoas interesadas en facer algunha consulta ou realizar cambio de dominio deben pedir cita previa no número 988 22 25 33.

O interese do Concello por contrata-lo novo servizo xurdiu das dificultades que se lles plantexaba a moita xente e, sobre todo, ós veciños que non tiñan liquidadas as herdanzas.

¿Que clase de consultas podemos realizar?
Calquera sobre titularidade e dereitos de propiedades, e cambios de dominios, tanto de urbana como de rústica. O técnico encargado do servizo analiza e trata de resolve-lo problema eiquí, evitando ós veciños/as o desprazamento ás oficinas do Catastro de Ourense.

A partir da cartografía oficial e dos títulos de propiedade, os demandantes de información poden confirmala situación na que se atopan e tramita-los cambios de dominio, cando teñan falecido os anteriores titulares.