Concello de Parada de Sil

Emtrambosríos

Encontraralos se percorres o sendeiro, aínda que tamén podes acceder dende a estrada na aldea de Entrambosríos, baixando uns 250 metros, moi preto do vello castaño.

 

A historia de moitas familias está unida a estes muíños

Agustín Rodríguez chegou das Terras de Lemos aínda rapaz a traballar como encargado da moenda para a casa das Quintas, propietaria destes dous muíños. Casou en Entrambosríos con Amalia Losada e xuntos proporcionáronlle un modo de vida á súa familia. Eran terras fortes que daban ademais unha boa colleita de castañas. Agustín aprendeu o oficio e a arte da moenda ata sacar do grao a mellor fariña para pan, oficio que Ile transmitiu principalmente ao fillo máis vello. A mediados dos anos 80, case todos os seus fillos e fillas emigraran, igual que outros mozos e mozas da contorna. Ficaban cada vez menos bocas, menos mans e menos fruto que moer. Unha cultura esmorecía. Chegará a desaparecer?