Concello de Parada de Sil

Ermida de Triguas

É unha das máis coñecidas ermidas dunha zona en que a arquitectura relixiosa se despeza en múltiples exemplos. A despoboación desta comarca provocou que se deixase de celebrar a romaría en Triguás o 12 de setembro, Doce Nome de María.


Este era un lugar de romaría e encontro festivo

Di a lenda que son irmás de Triguás as ermidas de Cadeiras, á outra beira do río, e dos Remedios no Castro, por iso as tres se ven e se escoitan. Na segunda semana de Setembro enchen de música o canón. A Triguás había quen viña ofrecerse para sandar as moas, moitos que viñan de merenda, había taberneiros con viño abondo e nunca faltaba un barquilleiro dos que saían desde Parada de Sil a percorrer mundo e aquela noite durmía na casa. Moitos volvían como el, andando. E mellor en compañía: a escuridade intimidaba ou axudaba a intimar.

 

Vista Panorámica . Faga click na imáxe.

 

 

 

 

¿No puede ver la imagen panorámica? Debe instalar el archivo Java.
Descargue de aquí el programa Java
: www.sun.com