Mércores, 07 Marzo 2018 19:43

O CONCELLO DE PARADA ASUME A CAMPAÑA “POLO BO TRAT0” PROMOVIDA POLA FEGAMP

O concello de Parada de Sil asume e promove o contido da campaña “PoloBoTrato” para os concellos galegos, que se desenvolve co lema “A igualdade comeza no noso propio concello” posta en marcha pola Federación Galega de Municipios e Provincias con motivo do Día Internacional da Muller. A iniciativa consta dun decálogo de medidas e actitudes en favor da igualdade de xénero e a non discriminación.

Os puntos incluidos manifestan que os concellos “empregamos linguaxe libre de connotacións sexistas; integramos a perspectiva de xénero nas nosas decisión; difundimos unha imaxe non sexista da muller; traballamos entre a poboación máis nova a prevención da violencia machista e os valores de igualdade e respecto; fomentamos a corresponsabilidade nas tarefas e a ética no coidado, tanto de menores como de persoas dependientes; identificamos e emendamos as deficiencias que atopemos a nivel municipal na loita contra a violencia cara as mulleres; respectamos a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a igualdade de oportunidades no cadro de persoal; promovemos unha representación equilibrada de mulleres e homes en tribunais, xurados, comités e comisión; rexeitamos a contratación de actividades nas que se promova unha imaxe sexista da muller e, por último, prestamos especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade”.

Vostede está aquí: Home