Sábado, 26 Maio 2018 16:14

O MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIONOUSE NO CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “TERRAS DE MASIDE”

A Casa Museo do Chocolate de Teimende continúa a sua campaña de promoción en centros escolares. Nesta ocasión tocoulle o turno ó Centro Público Integrado “Terras de Maside”, a cargo de Loli e Rosa Casares, fillas de Ricardo Casares, mestre chocolateiro propietario de Industrias Casares que elaboraban os Chocolates Caldelas, dos que foi verdadeiro impulsor durante medio século. Unha vez falecido Ricardo, a familia Casares decidiu ceder a fábrica e a maquinaria ó concello de Parada para a sua rehabilitación e posterior conversión en museo, o único existente en Galicia ata o de agora.

Rosa e máis Loli explicáronlle ós 260 alumnos do centro pertencentes ás etapas de infantil, primaria e secundaria, o funcionamento da antiga fábrica de chocolate, así como o proceso de elaboración do produto e o lugar de procedencia das materias primas, xunto coa fase de comercialización e as técnicas de marketing utilizadas por Ricardo Casares.

Os nenos e nenas amosaron un extraordinario interés por todas as facetas que rodean á elaboración e comercialización, así como polo museo. Ó final, poideron degustar tabletas de chocolate ofrecido polas ponentes como agasallo do concello de Parada.

 

 
Vostede está aquí: Home