Concello
.

Saúdo Alcaldesa

SAÚDO ALCALDESA

 

Quero darvos a benvida a este acceso virtual ó universo de Parada do Sil, pobo con tradicións milenarias, onde os seus homes e mulleres foron deixando abondosa pegada, hoxe convertida en noble herencia monumental e cultural, que tratamos de conservar para poder traspasala en legado ós nosos herdeiros sen romper a cadea da historia.
 
Esta páxina é un instrumento para que poidades asomarvos a un enclave  de beleza incomparable que ten no Cañón do Sil un dos seus sinais de identidade, apuntalada polos espectaculares debuxos que a natureza trazou nunha orografía abrupta e difícil, que forzou o esforzo heroico dos seus moradores ó longo dos séculos para poder sacarlle partido a tan duras condicións.
 
Pero sobre todo é unha invitación a que veñades a comprobar que arte, patrimonio e natureza son argumentos inapelables para xustificar  a visita, mais non os únicos, pois pasear, falar e mezclarse entre as xentes que fan da pertenencia a esta terra un dos seus patrimonios sentimentais mais preciados, da a medida exacta da mimetización do home co medio da que irradia un ambiente de paz que atrapa ós viaxeiros.
 
Aproveitade, pois, a oportunidade que nos da esta ferramenta a través de internet para saber quenes somos, onde estamos e qué facemos, mais sabendo que o verdadeiro placer está en coñecer, visitar, pasear por cada un dos rincóns especiais de Parada de Sil e confraternizar cos seus moradores. Hai sitio para todos e un lugar para cada un. Esperámosvos.

 

Yolanda Jácome, alcaldesa de Parada de Sil
 
 
 
 
 
Vostede está aquí: Home Concello Saúdo Alcaldesa