.

Lugares de interese

LUGARES DE INTERESE



Esta ruta de lugares de interese proponche nove enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. 


Todas as paisaxes teñen unha linguaxe escondida que se deixa oír a quen queira escoitalo. O canón do Sil xera microclimas especiais: o seu espectacular relevo produce unha escala natural de ambientes, dende a paisaxe minuciosa de ribeira ata os horizontes abertos da montaña. Preto do río, encontrarás especies típicas de zonas mediterráneas e soutos que deixa paso, máis arriba, a fermosas carballeiras.

 

 

 

 

  • Área recreativa de Pradomao

    É un bo lugar para merendar e quizais para un baño na praia fluvial. Tamén podes percorrer un sendeiro duns 4 quilómetros que, pasando por Pradomao e a súa calzada romana, chega á aldea da Edrada.
     
  • CASA MUSEO DO CHOCOLATE

    Inaugurada no 2015, foi durante casi un século, referente  de emprendemento. Pechou as súas portas cando o último chocolateiro, Ricardo Casares, xubilouse.O inmoble e a maquinaria foron cedidas  pola familia ao concello de Parada de Sil, para gardar a memoria desta actividade.

     
  • CASTIÑEIRO MILENARIO

    En Entrambosrríos encontrarás un dos moitos castiñeiros milenarios que hai en Parada de Sil, inmediatamente antes da aldea, preto da estrada de acceso.

     
  • Ermida de Triguás

    É unha das máis coñecidas ermidas dunha zona en que a arquitectura relixiosa se despeza en múltiples exemplos. A despoboación desta comarca provocou que se deixase de celebrar a romaría en Triguás o 12 de setembro, Doce Nome de María.
     
  • MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA
     

  • MIRADOIROS "BALCONES DE MADRID"
     

  • MIRADOIRO DE CASTRO
     

  • MIRADOIRO DA COLUMNA
     

  • MIRADOIRO DE CABEZOÁS
     

  • Miradoiro de Triguás

    Un pouco máis abaixo da ermida encontrarás o miradoiro. Dende alí verás un compendio de todas as paisaxes que contén a Ribeira Sacra, produto dunha historia xeolóxica única.

     
  • NECRÓPOLE DE SAN VÍCTOR
     

     

  • Pozo do Lobo

    Se te achegas ao miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) podes visitar este pozo situado detrás do campo de fútbol. Esas pedras gardan a memoria da loita ancestral que manteñen a especie humana e o lobo.  
     
  • PASARELAS DO Rio Mao-Fábrica da Luz

    Accederás á Fábrica da Luz dende un desvío. Dende esta antiga central hidroeléctrica sae un carreiro que por unha pasarela de madeira che permite percorrer o último tramo do curso do río Mao (percorrido duns 850 m). 

 

Vostede está aquí: Home Lugares de interese