.
Martes, 14 Novembro 2017 11:20

SESIÓN INFORMATIVA PARA OS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

 
A Oficina Agraria comarcal de Castro Caldelas levará a cabo unha sesión informativa destinada a titulares de explotacións agrarias, na que se explicarán os trámites para concesión e autorizacións de pozos e de captación de augas, que correrá a cargo de persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Asimesmo, falarase das axudas para garantir a subministración de auga nas explotacións agrarias.
A información considérase de interés para os profesionais de explotacións agrarias e gandeiras, dado o grave problema de abastecemento de auga que se está producindo por causa da prolongada seca. As charlas terán lugar no salón do Castelo de Castro Caldelas o venres, día 17 de novembro, ás 12,00 horas.
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas SESIÓN INFORMATIVA PARA OS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS