.
Sábado, 27 Xaneiro 2018 10:08

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE PROMOCIÓNASE EN MONDARIZ

Ao redor de 350 alumnos do CPI de Mondariz, pertencentes a educación infantil, primaria e secundaria participaron nunha xornada adicada á promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende, impartida por Loli e Rosa Casares, heredeiras da antigua fábrica dos Chocolates Casares, donada hoxe ó concello de Parada para ser convertida en museo.

A experiencia foi altamente positiva, segundo as irmás Casares, xa que o alumnado coñeceu a orixe da fábrica de chocolate, o proceso de elaboración dos produtos cos ingredientes necesarios; os valores e a aportación da empresa a súa contorna e, por último, a conversión en Casa Museo baixo a dirección e xestión  do Concello de Parada de Sil, en colaboración con outras administracións. A xornada resultou moi práctica e didáctica, pois as expertas amosáronlles o cacao, a pasta e a manteiga de cacao, xunto cos moldes e os envoltorios das libras de chocolate.

A actividade rematou cunha exitosa degustación do chocolate que hoxe se vende  na Casa Museo de Teimende.

    

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A CASA MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE PROMOCIÓNASE EN MONDARIZ