.
Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:20

REPRESENTANTES DE 5 PAÍSES VISITAN PARADA PARA COÑECER A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO SEU PATRIMONIO

O Inorde e os seus socios do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán o Concello de Parada de Sil o próximo 1 de febreiro.

Esta visita incardínase dentro do proxecto CRinMA – Recursos culturais en área de montaña, que ten como obxectivo xeral mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña para convertilo nun activo que impulse o  desenvolvemento local e rexional, en consonancia coa Estratexia Europa 2020, que ten como eixos centrais a diversidade cultural e o respecto polos recursos naturais.

O obxectivo da visita é coñecer a recuperación e posta en valor do patrimonio industrial, cultural, natural, paisaxístico e dos seus produtos autóctonos que promoveu o Concello de Parada de Sil en colaboración con outras administracións públicas e co sector privado para convertilos en motores de actividade económica.

O grupo da visita que acompaña o INORDE está integrado por representantes da Región PODKARPACKIE (Polonia), xefe de fila do proxecto, Agencia de Desarrollo Regional de PRESOV (Eslovakia), Municipio de MONTALEGRE (Portugal), Asociación  Europea de  Representantes de las Regiones de Montaña (Francia) e Unión de Municipios de Montaña PIEDMONT-UNCEM PIEDMONT (Italia).

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas REPRESENTANTES DE 5 PAÍSES VISITAN PARADA PARA COÑECER A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO SEU PATRIMONIO