.
Mércores, 07 Marzo 2018 12:42

XI CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"

O Concello de Parada de Sil convoca a XI edición do concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas", no que se abranguen dúas modalidades:
 

  • "Visións de Parada de Sil", que abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc., que conforman o Concello de Parada de Sil, quedando só limitada ao territorio deste concello.
     
  • "Libre", na que se pode presentar calquera tipo de imaxe sen limitación temática ou xeográfica.
     

PREMIOS

Outorgaranse os seguintes premios:

 

  • Modalidade "Visións de Parada de Sil". Primeiro premio, 800€. Segundo premio, 300€.
     
  • Modalidade "Libre". Primeiro premio, 700 €. Segundo premio, 200€.
     

Data límite de presentación de traballos, 28 de xullo de 2018.

 

Máis información e bases 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas XI CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"