.
Xoves, 29 Marzo 2018 17:33

CHEGA A PARADA A CAMPAÑA PARA O RECICLADO AXEITADO DE RESIDUOS

Técnicos de Ecoembes ofrecerán o próximo día 5, coincidindo coa xornada de feira, unha charla divulgativa para estimular á veciñanza ó reciclado de residuos, así como a forma de facelo de xeito adecuado. A campaña xenérica leva por título “Separar con xeito para reciclar afeito”, coa que Ecoembes e a Xunta invitan a “separar correctamente os teus residuos. Non botes ao lixo o traballo de todos”. Así, os residuos orgánicos irán ó envase verde; as latas e envases de plástico irán ó contenedor amarelo e os envases de cartón, papeis, xornais e revistas deberán ser depositados no conteñedor azul.

A carpa informativa funcionará na citada data dende as 10,30 horas ata as 13,30 no Campo da Feira, á beira da Casa do Concello.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas CHEGA A PARADA A CAMPAÑA PARA O RECICLADO AXEITADO DE RESIDUOS