.
Mércores, 16 Maio 2018 18:55

O DOCUMENTAL "ALMA", QUE RECREA A CAPACIDADE DE SANTA CRISTINA E O SEU ENTORNO COMO ENCLAVE ECOCULTURAL, PREMIADO EN CALIFORNIA

O documental  “ALMA (Arte, Legado e Medio Ambiente)”, realizado por Wapapura e Ecos da Pedra, ven de ser condecorado co mellor premio de son no festival The Earth Day Film Festival, de Chico, en California. Segundo a organización do certame, o galardón foi entregado non so pola “impecable captura e producción de son”, senon tamén “polo concepto global do proxecto: integración musical de xeito respectuoso en entornos naturais e sagrados”. Asimesmo, apunta que o traballo obtivo “un receptividade excelente, non so en California, senon nas proxeccións que se teñen feito por todo o mundo”.

O traballo seguirase presentando a otros festivais, circunstancia que o concello valora especialmente, xa que “axuda a que Paraa e a Ribeira Sacra sexan máis coñecidos e valorados e un impulso para a atracción de visitantes a esta zona que agardamos sexa declarada Patrimonio da Humanidade”, segundo a alcaldesa, Yolanda Jácome.

“ALMA”, trátase dun novedoso proxecto cultural posto en marcha por Ecos da Pedra e a discográfica Wapapura, que ten a Ribeira Sacra ourensá como protagonista, e nomeadamente o mosteiro de Santa Cristina e o seu entorno.  A pesares de ser de autoría privada, conta co respaldo do concello de Parada de Sil, o Programa Leader, Agader, o consorcio Navea-Bibei, así como o Goberno central e a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural.

A orixe da iniciativa, que leva por título “ALMA/Arte, Legado e Medio Ambiente”, susténtase no ciclo de concertos postos en marcha pola promotora cultural Ecos da Pedra, que se desenvolve no incomparable marco da igrexa do mosteiro de Santa Cristina, que conta cunha acústica privilexiada, moi valorada polos músicos, pero que resulta difícil de aproveitar dado o seu emplazamento nunha orografía complicada para trasladar os recursos técnicos que adoitan utilizar os concertos ou eventos de carácter cultural.

O traballo recolle a beleza e a espiritualidade do enclave, que ten chamado a atención de recoñecidos artistas, protagonistas de experiencias únicas que foron retransmitidas por internet para todo o mundo grazas a o traballo e sensibilidade de Ecos da Pedra, a través de Diego Soto, e de Wapapura, selo discográfico creado e dirixido por Rafa Kotcherha Campora, axente cultural e artista polifacético.

Kotcherha utiliza unha unidade móvil que realiza retransmisión en directo por satélite de encontros musicais na natureza. Os equipos que utiliza están alimentados por enerxía solar. Naceu en Chicago, de pai ucraíno e nai española, viviu en Ecuador hai 20 anos e alí veulle a inspiración de mezclar a música que escoitara en Chicago cos paisaxes naturais paradisíacos que descubriu en Sudamérica. Propúxose xunguir os dous conceptos, de xeito que gravou e retransmitíu concertos na Amazonía colombiana. En 2007 instalouse na Alpujarra granadina e continuou con ise labor. Chegou á Ribeira Sacra da man de Diego Soto, outro cidadán do mundo con raíces leonesas e asentado na Ribeira Sacra. Alí escomenzaron unha fructífera relación artística con Santa Cristina como punto de referencia.

Puxeron en marcha o ciclo musical anual Sons da Pedra, que xa se convertíu nun clásico, coa participación de artistas do nivel do multiinstrumentista guineano Mu Mubana, o percusionista Jesús Mañero, ou os guitarristas Derek Gripper, de Sudáfrica, e o caboverdiano Tcheka. A programación concertística no mosteiro mereceu unha reportaxe na versión estadounidense do Huffington Post.

“ALMA/Arte, Legado e Medio Ambiente”  é “un proxecto de experiencias artísticas producido por Wapapura e Ecos da Pedra”, segundo Soto e Kotcherha. O documental foi filmado íntegramente no concello de Parada de Sil e montado o ano pasado a partir do material gravado durante os ciclos de Sons da Pedra. Nel ofrécense espectaculares e descoñecidas imaxes do Cañón do Sil.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O DOCUMENTAL "ALMA", QUE RECREA A CAPACIDADE DE SANTA CRISTINA E O SEU ENTORNO COMO ENCLAVE ECOCULTURAL, PREMIADO EN CALIFORNIA