.
Venres, 05 Maio 2017 21:23

O PONFERRADINO RICARDO ALONSO GAÑA A V EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CON "SERENATA DE OTOÑO"

O ponferradino Ricardo Alonso Molina resultou gañador da quinta edición do Concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, co traballo titulado "Serenata de Outono", dotado con 1.000 euros. O segundo lugar foi para Valeria Lucía de Luca, nova  escritora de Buenos Aires e gañadora de varios concursos internacionais e a quen lle corresponderá 500 euros polo relato titulado "A vinganza das palabras". Trátase da primeira vez que resulta premiada unha persoa con nacionalidade e residencia fóra de España.
 
O xurado estivo formado polos profesores Arturo Fernández, Edelmiro Vázquez Naval e Antonio Carreño, quenes destacaron a alta calidade da maioría dos traballos e a dificultade de elixir os mellores de entre os 796 que participaron no concurso, ata o punto de propoñer ao concello un accésit para un terceiro microrrelato, "Lady Soedade", obra de Carla López López, de Sarria. A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, expúxolle a situación ao patrocinador do certame, o catedrático e veciño Eugenio Prieto, quen respondeu coa dotación dun accésit de 300 euros a pesar de non estar contemplado nas bases.O Xurado e o concello, na súa calidade de entidade organizadora, puxeron de manifesto o escaso número de microrrelatos presentados en galego, xa que dos 796 que concorreron, soamente 40 estaban escritos nesa lingua, polo que ambas as partes fan un chamamento a presentar traballos escritos en galego. Os premios serán entregados o día 13 de maio no tradicional acto de homenaxe ás Letras Galegas, que terá lugar no salón de actos do concello a partir das 11,30 horas, coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A alcaldesa, como sempre, subliña o traballo, dedicación e esforzo dos membros do xurado para corrixir tantos traballos de maneira altruísta. "Parada de Sil sempre estará agradecida pola a súa xenerosa achega", dixo Yolanda Jácome.En total presentáronse 796 microrrelatos (40 en galego), 781 deles por correo electrónico e 15 por correo postal. Foron rexeitados 18 por chegar fóra de prazo, exceso de extensión ou sen plicas. Os enviados por correo ordinario procedían de Huesca, Talavera, A Coruña, Málaga e Albacete.
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O PONFERRADINO RICARDO ALONSO GAÑA A V EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CON "SERENATA DE OTOÑO"