.
Máis novas e eventos

O DÍA 10 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR A TRADICIONAL ANDAINA DA CASTAÑA

Xoves, 11 Outubro 2018 09:30

O próximo día 10 de novembro terá lugar a duodécima edición da Andaina da Castaña na sua doble modalidade de adultos e cativos que inclúe unha zona de 3,5 kilómetros pola rota dos castiñeiros e das carriozas en Fondodevila. A proba está organizada polo concello de Parada, o Clube de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural Ouro do Sil.

Haberá puntos de control de paso onde abandoar no caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirarse por outros motivos; quenes abandonen deberán seguir as indicacións dos controis. As inscricións poderán formalizarse a través da web www.championchipnorte.com dende o 10 de outubro ata o 6 de novembro ata un máximo de 200 participantes.

Os presos pola participación serán de 12 euros para adultos e 9 euros para federados de montañismo e 5 euros para menores con idades comprendidas entre 5 e 9 anos. Na andaina para cativos o prezo de inscrición será de 12 euros para o acompañante e gratuita para os nenos. Como é tradicional, a inscrición conleva a entrega dunha camiseta corporativa da proba.

A saida será ás 9,30 horas dende a Praza do Barquilleiro (Parada) para os maiores é as 11,00 horas para os pequenos. É preciso estar no lugar 20 minutos antes do inicio das probas. A chegada estará establecida na Praza do Concello. Ó longo do recorrido, que será de 18,5 kilómetros de dificultade media-alta, haberá dispostos cinco controis de avituallamento que proporcionarán líquidos ós participantes e en tres deles tamén froita. Ó remate, os participantes terán dereito a un xantar-picoteo e tamén a participar no magosto que terá lugar pola tarde.

O percorrido comenzará en Parada, por Sardela, Entrambosríos ata a ponte de Rabacallos, subida ata A Sapeira, Fondodevila, Cudicán, Balcóns dos Mouros (de Madrid), Portela, Mosteiro de Santa Cristina, Castro, Chamoso, e chegada de novo a Parada.

X apola tarde haberá visitas á pasarela sobre o río Mao, de 950 metros de lonxitude que sae dende a Fábrica da Luz ata Barxacova; tamén haberá visita á necrópole medieval de San Vítor de Barxacova, unha das máis extensas e importantes do Noroeste peninsular, onde o entorno, o silencio e as vistas constitúen un deleite para os sentidos. Chégase por un sendeiro de 600 m. dende San Lourenzo de Barxacova.

 

MARCHA BTT “V RUTA BTT PARADA DE SIL”

Luns, 17 Setembro 2018 16:07

O 23 de setembro terá lugar a quinta edición da “Ruta BTT Parada de Sil”, organizada por Rutas de Ourense, coa colaboración do albergue A Fábrica da Luz, o concello de Parada de Sil e a ADG Os Biciclistas. O trazado da proba será esixente, pero espectacular, segundo os organizadores, tanto na versión longa como na curta. Os participantes terán a opción de elixird uas versión de ruta: unha curta, de 38 kilómetros de lonxitude, con 1.450 metros de desnivel positivo), e outra longa, de 53 kilómetros (con 1.850 metros de desnivel positivo). Trátase, na sua maioría de sendeiros que se internan polos soutos das ribeiras do Canón do Sil e pistas que atravesan as zonas máis altas da Ribeira Sacra no concello de Parada.

Os dorsais recolleranse o mesmo día da proba no punto de saída, de 800,00 a 8,45. Para elo será necesario presentar o DNI. Os participantes contarán con avituallamento sólido e líquido en varios puntos do percorrido. O rematar a ruta, os que o desexen poderán dispor de ducha e zona de lavado de bicicletas. Asimesmo haberá a posibilidade de comer na Fábrica da Luz. O menú deste ano contará con empanada, caldo galego, ensalada de pasta, guiso de carne, browni e froita. Tamén haberá menú vexetariano. Os presos de inscripción son de 9 euros sen comida e 17 con comida. A comida para os acompañantes custará 10 euros.

No entanto se disputa a proba, os acompañantes terán a posibilidade de disfrugar do entorno privilexiado do entorno, para o cual a organización preparou unas recomendacións sobre sendeirismo e lugares de interés que permitirán coñecer máis a fondo as maravillas naturais e arquitectónicas que acolle o concello de Parada. Para máis información: http://rutasdeourense.com/organizacion-eventos-deportivos/v-ruta-btt-parada-de-sil/

 

O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA PERMANECERÁ PECHADO CINCO MESES POR OBRAS DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DO CONXUNTO

Venres, 31 Agosto 2018 17:49

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil permanecerá pechado durante os próximos cinco meses debido ás obras de reparación e mantemento do conxunto monumental, que contarán cun orzamento de 430.000 euros. Se se cumplen as previsións, o enclave estará de novo en funcionamento para a próxima Semana Santa, con novo aspecto pola renovación dalgunhas partes. Os traballos estarán enfocados a unha reforma integral, que afectará á cuberta, xa que nestes momentos  sufre filtracións, así como a outras partes do monumento.

A reparación será aproveitada tamén para sustituir a rampa de acceso para minusválidos, para facela máis accesible eliminando algunhas cotas de pendente do 28% e que na nova non pasarán do 12%. Tamén haberá reformado das escaleiras de subida para que sexan máis cómodas para os visitantes.

O mosteiro de Santa Cristina foi rescatado en 1987 do estado ruinoso no que se atopaba, grazas ás obras de rehabilitación ás que foi sometido. Os traballos  que se desenvolverán agora, de acordó co proxecto firmado polos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez, tratarán de correxir deficiencias aparecidas co paso do tempo nos últimos trinta anos.

Para a alcaldesa, Yolanda Jácome, ainda que as obras “suporán o inconvinte de ter que pechar o recinto ao público, a espera merecerá a pena, posto que despois relocirá mais ca nunca, como monumento senlleiro que é”.

PARADA CELEBRA AS FESTAS PATRONAIS DE SAN RAMÓN

Venres, 24 Agosto 2018 09:48

Será o día 31 de agosto.

TRES CORAIS PARTICIPARÁN NA IV EDICIÓN DO CERTAME "AQUA MUSICA"

Luns, 13 Agosto 2018 16:45

Tres agrupacións polifónicas participarán na cuarta edición do certame "Aqua Musica", que terá lugar o próximo sábado, día 18, na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil a partires das 20 horas. Serán a agrupación Coral Encina, de Mata, en San Felices de Buelna, en Cantabria, que conta cunha extensa e intensa traxectoria no eido da música polifónica. A segunda coral será a Polifónica de Oleiros, con máis dun cuarto de século de bon facer na música coral, en tanto que completa o programa a coral "Aqua Musica" de Ourense, que ademais é a organizadora, xunto co concello de Parada de Sil e o respaldo do Consorcio da Ribeira Sacra e a Deputación de Ourense.

MIGUEL PLANELLS, DE GIRONA, E JOSÉ MAUEL NOVOA, DE OURENSE, GAÑAN O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ROSA PONS” DE PARADA DE SIL

Domingo, 12 Agosto 2018 18:59

”Paseo matinal”, de Miguel Planells, de Girona, e “En busca do patio perdido de Rosa Villar”, do ourensán José Manuel Nóvoa, alzáronse co primeiro e segundo premios, respectivamente, da undécima edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”-Parada de Sil, segundo o fallo do xurado formado polo fotógrafo, profesor e escritor Emilio Araúxo e o editor e xornalista Pepe Arias, actuando de secretario Xosé Antón Vázquez, presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil, na undécima edición do certame convocado polo concello de Parada.

Nesta ocasión concurrieron 101 fotografías no tema libre e 38 na modalidade de fotografía de Parada de Sil, referentes a bens artísticos, culturais, naturais ou persoeiros do concello. O traballo gañador, firmado por Miguel Planells, está dotado con 700 euros. O segundo lugar foi para unha fotografía de Pablo Pérez de Urretxu, dotado con 200 euros.

                        Na modalidade de visións de Parada de Sil, ó primeiro premio, do ourensán José Manuel Nóvoa,  corresponderanlle 800 euros.

            A alcaldesa, Yolanda Jácome, amosou a sua satisfacción polo importante número de participantes, pertencentes a trece comunidades autónomas. Asimesmo, fai fincapé no agradecemento, “como sempre, a Camilo Yáñez Pons, como patrocinador do concurso, pola sua xenerosidade”. Tamén “queremos manifestar o noso recoñecemento ós compoñentes do xurado que de xeito altruista axudaron a resolver o concurso.

Os traballos presentados a concurso poderán verse a partir do próximo día 15 no salón de plenos do concello en horario de oficina.

“SOLPOR NO MOSTEIRO” LEVARÁ A CABO UNHA VISITA TEATRALIZADA EN SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL

Mércores, 01 Agosto 2018 19:03

Baixo a denominación do programa “Solpor no mosteiro”, o día 3 de agosto a partires das 20,30 horas, terá lugar unha visita teatralizada en Santa Cristina de Ribas de Sil, que consistirá nun percorrido polo mosteiro na compaña dos monxes, que os promotores consideran “unha experiencia única”. O aforo mínimo será de 25 peroas e o máximo, de 35. As entradas é posible reservalas a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE PARADA DE SIL PREMIARÁ OS MELLORES TRABALLOS CON 2.000 €

Mércores, 25 Xullo 2018 18:41

O próximo día 28 remata o prazo para a presentación de traballos para a undécima edición do concurso de fotografía “Rosa Pons Fábregas”, en calquera das suas duas categorías: “Visións de Parada de Sil”, que abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, persoeiros, etc., pertencentes ou ubicados en Parada de Sil. Hai unha segunda categoría de fotografía libre, para calquera tipo de imaxe, sen limitación temática ou xeográfica.

O certame ten unha dotación de 2.000 euros en premios e está patrocinado por Camilo Yáñez Pons, fillo de Rosa Pons, que da nome ó mesmo, e ten como obxectivos fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, monumental, etnográfica e paisaxística do concello, así como espallar a arte da fotografía.

O primeiro premio da modalidade “Visións de Parada de Sil” está dotado con 800 euros , en tanto que o segundo recibirá 300. Na modalidade libre, ao gañador corresponderánlle 700 euros e 200 ó segundo clasificado.

Para máis información, na páxina web do concello (paradadesil.es) ou nos teléfonos 988 208 010 – 616 516 238.

 

O CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA CULTURAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA CUN CICLO ADICADO Á MAXIA

Domingo, 22 Xullo 2018 22:41

O concello de Parada de Sil pon en marcha o programa cultural de animación á lectura cun ciclo adicado á magia, que terá lugar os días 26 de xullo e 8 e 16 de agosto ás 7 da tarde e que se desenvolverá na Biblioteca municipal ubicada na Casa do Concello. O día 26 será o artista valdeorrés O Mago Teto quen porá en escea o espectáculo titulado “A increíble historia da maxia”. O Día 8 de agosto está programada a actuación de Martín Camiña, quen ofrecerá un espectáculo titulado “Ilusións por e para María Victoria Moreno”, mentres que o día 16 de agosto será Ernesto Is o que represente 4 (Catro).

Iste programa ten como obxectivo fomentar o hábito da lectura, sobre todo entre o público máis xoven durante o tempo de lecer.

CARGLASS E O CONCELLO OFRECEN UNHA CAMPAÑA GRATUITA DE REVISIÓN DE PARABRISAS

Domingo, 22 Xullo 2018 22:37

A empresa especializada Carglass en colaboración co concello de Parada de Sil teñen organizada unha campaña de seguridade vial que comprende a revisión do parabrisas e a aplicación de tratamento antichoiva para os vehículos de vecinos de Parada. A iniciativa ten carácter totalmente gratuito e levaráse a cabo os días 26 e 27 de xullo entre as 10,00 e as 14,00 horas pola mañá e as 15,30 e as 18,30 pola tarde en ambos casos.

O 24 DE XUÑO HABERÁ UNHA RUTA XEOLÓXICA POLO CAÑÓN DO RÍO MAO

Xoves, 14 Xuño 2018 22:48

O próximo día 24 de xuño, domingo, está programada unha ruta xeolóxica polo cañón do río Mao, que escomenzará ás 10 da mañán e está previsto que remate ás catro da tarde. A ruta contará co xeólogo Eduardo González Clavijo e a participación terá un custe de 12 euros por persoa, sendo imprescindible a inscrición previa. Trátase dunha excursión de divulgación xeolóxica aberta a todo o público. Para inscricións e máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Clavijo, gran experto na materia e profundo coñecedor da Ribeira Sacra dende a vertente xeolóxica, considera a zona como “de grande interese”, pois “como dicía un alcalde da zona, cando se lle ensina a alguén unha paisaxe tan bonita, pode ser moi atractivo explicarlle ademáis como se formou e de qué está feito”.

O recoñecido xeólogo afirma que “ao longo do cañón hai formacións de diferentes minerales e é moi curioso ver como cambia a paisaxe e os usos tradicionais do territorio en función destas diferencias. Hai zonas de granito puro nas que o río discurre encaixado entre ladeiras moi abruptas e nas que non hai viñedos nin outros cultivos e tampouco hai núcleos de poboación. Noutros lugares predomina a granodiorita, unha roca ígnea moi parecida ó granito pero con menos sílice. Nesas zonas a paisaxe é máis aberta e hai viñedos e pobos. Estos cambios ocurren tamén noutros lugares, pero no cañón do Sil vence con moita nitidez, como nas ilustracións dun libro. E creo que ó unha paisaxe tan espectacular asimílanse mellor as nocións científicas”.

O SÁBADO 9 DE XUÑO ESTARÁ CORTADA A ESTRADA OU-605 POLO RALLY DE OURENSE

Xoves, 07 Xuño 2018 09:23

A disputa da 51 edición do Rally de Ourense no tramo do Cañón do Sil que terá lugar o sábado 9 de xuño, obligará a cortar a estrada OU-605 que recorre o concello de Parada dende Vilariño Frío (Montederramo) ata A Teixeira, así como o tramo comprendido entre Calvos e A Costrela. O peche levarase a cabo entre as 09,45  horas ata as 13,15, pola mañán, en tanto que pola tarde voltará a quedar pechada a estrada entre as 14,15 e as 17,45.

A organización da proba automovilística piden comprensión e disculpas polas molestias causadas ó tempo que agradecen a colaboración cidadá. A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, pola sua parte, tamén desexa a veciños e seguidores do rally en xeral, que disfruten dunha proba que ten en Parada un dos tramos máis espectaculares e vistosos. Porén, prega a todos os asistentes e cantos se atopen ese día no entorno extremen as precaucións para evitar calquera percance que desluza o evento e, sobre todo, que haxa que lamentar algún daño persoal.

O MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIONOUSE NO CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “TERRAS DE MASIDE”

Sábado, 26 Maio 2018 16:14

A Casa Museo do Chocolate de Teimende continúa a sua campaña de promoción en centros escolares. Nesta ocasión tocoulle o turno ó Centro Público Integrado “Terras de Maside”, a cargo de Loli e Rosa Casares, fillas de Ricardo Casares, mestre chocolateiro propietario de Industrias Casares que elaboraban os Chocolates Caldelas, dos que foi verdadeiro impulsor durante medio século. Unha vez falecido Ricardo, a familia Casares decidiu ceder a fábrica e a maquinaria ó concello de Parada para a sua rehabilitación e posterior conversión en museo, o único existente en Galicia ata o de agora.

Rosa e máis Loli explicáronlle ós 260 alumnos do centro pertencentes ás etapas de infantil, primaria e secundaria, o funcionamento da antiga fábrica de chocolate, así como o proceso de elaboración do produto e o lugar de procedencia das materias primas, xunto coa fase de comercialización e as técnicas de marketing utilizadas por Ricardo Casares.

Os nenos e nenas amosaron un extraordinario interés por todas as facetas que rodean á elaboración e comercialización, así como polo museo. Ó final, poideron degustar tabletas de chocolate ofrecido polas ponentes como agasallo do concello de Parada.

 

 

RELATOS PREMIADOS NA SEXTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL

Xoves, 24 Maio 2018 19:38

1º PREMIO: “ESTANTIGA”. AUTOR: ALBERTO RODRÍGUEZ GUERRERO. DE SANTOÑA (CANTABRIA).

Os seus pasos e a vara mordendo o camiño. Un furelo remexendo a follaxe. O queixume dunha avelaiona enriba, no monte. Atrapado polo luscofusco mentres enredaba nos castiñeiros, afía o oído para orientarse na escuridade. Chocas e ladridos ao lonxe, por fin, nas leiras da aldea. Entón aparece. Unha rea de luces albas achégase ao cruzamento. Tiña que chegar o momento. Sabía que esa dor xorda no bandullo non era só de comer repolo. Volverlle a faciana ao fado é van. Traga cuspe. Un cempés xeado percorre o seu arelo. Xa está aquí. Debuxa o círculo no chan. Brazos en cruz. Cruz xa levo. Agarda, veñen rindo. Nin sudarios, nin rosario, nin caldeiro. Levan bermudas e música desa, moderna. Agora asústanse eles, non esperaban atopar a ninguén. Saúdos. Veña connosco, dinlle. Anda a rañala! Onde irán, cos seus cartóns de viño. Estas ánimas, por non saber, non saben nin de lendas. Nin as canas respectan. Home vai! Ultimamente non gaña para sustos. Condenados mozos da aldea, sempre pegados aos seus teléfonos móbiles.

2º PREMIO: “AL ALBA”. AUTORA. ROSARIO FERNÁNDEZ GINÉS, DE VALENCIA.

Al alba, frente a frente. Se miraron. Apenas unos metros les separaban.

Habían quedado donde empezó todo. Sus miradas eran desconfiadas. Alguno tenía que caer.

Las manos, a la vista. Pero preparadas para reaccionar ante el mínimo movimiento.

No sabían cuándo comenzó tal profunda enemistad ni tanto odio.

Orgullo y honor se daban cita en aquel lugar sombrío y desolado.

Nadie oiría el enfrentamiento. El vencido derramaría su sangre sobre la tierra baldía, confundiéndose con el rocío.

Varios pasos hacia atrás. Luego se dio la vuelta, y observó a su contrincante.

Una mueca macabra demostraba sus ganas de revancha por tanto dolor.

Era la hora. La alondra anunció la mañana.

Se llevaron al mismo tiempo la mano a la pistola. Al mismo tiempo otearon de reojo el horizonte. Al mismo tiempo pasaron por sus mentes todas los recuerdos de una vida.

Y fue justo en ese momento cuando lo vio. En el rostro del contrario, unos ojos de pavor que le devolvían su imagen. Se reconoció en esa nariz prominente, en las pupilas asustadas, en las sienes ajadas y los labios entreabiertos, a punto de exhalar.

Demasiado tarde. Ya había apretado el gatillo. Su reflejo en el espejo también.

3º PREMIO (MENCIÓN ESPECIAL): “CAMBALACHE”. AUTOR: JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ, DE VALENCIA.

Toques de alarma por los sonidos perdidos; lamentos de trovador desgarrado al abrir sus carnes para que la letra recaiga sobre los corazones sin rumbo. Mestizaje de voluntades sin ponerse de acuerdo sobre lo bueno y lo malo. Salto de cama, salto al vacío; salto de novia para los que rompen el virgo de sus quimeras. Oprobio de infames quema la carne y se transfiere al alma. Largo el camino, corto el atajo: los compradores de amor galopan hacia el crepúsculo. Irisadas nubes hacen que brille el sol en colores. Crisálida en la mañana, mariposa en la tarde, gusano de luz en la noche: camaleón en el tiempo. Cicatero en el trato, ocasión perdida para conseguir amigos. El león anda al acecho y la gacela en el prado, los temores son fundados, pero no siempre el poderoso vence. Quimeras que nacen en el invierno de la intimidad, florecen en la primavera de las envidias. Desventuras y tristezas atrapan más a los débiles. Castillos de arena, utopías, deseos de volar: la realidad comienza por los sueños.

            Cuando el hombre reflexiona a todo le halla sentido, mas a veces, en su delirio, no puede hilar lo que piensa.

 

Charla Informativa. Cambios normativos en materia de montes e incendios

Domingo, 20 Maio 2018 18:12

O DOCUMENTAL "ALMA", QUE RECREA A CAPACIDADE DE SANTA CRISTINA E O SEU ENTORNO COMO ENCLAVE ECOCULTURAL, PREMIADO EN CALIFORNIA

Mércores, 16 Maio 2018 18:55

O documental  “ALMA (Arte, Legado e Medio Ambiente)”, realizado por Wapapura e Ecos da Pedra, ven de ser condecorado co mellor premio de son no festival The Earth Day Film Festival, de Chico, en California. Segundo a organización do certame, o galardón foi entregado non so pola “impecable captura e producción de son”, senon tamén “polo concepto global do proxecto: integración musical de xeito respectuoso en entornos naturais e sagrados”. Asimesmo, apunta que o traballo obtivo “un receptividade excelente, non so en California, senon nas proxeccións que se teñen feito por todo o mundo”.

O traballo seguirase presentando a otros festivais, circunstancia que o concello valora especialmente, xa que “axuda a que Paraa e a Ribeira Sacra sexan máis coñecidos e valorados e un impulso para a atracción de visitantes a esta zona que agardamos sexa declarada Patrimonio da Humanidade”, segundo a alcaldesa, Yolanda Jácome.

“ALMA”, trátase dun novedoso proxecto cultural posto en marcha por Ecos da Pedra e a discográfica Wapapura, que ten a Ribeira Sacra ourensá como protagonista, e nomeadamente o mosteiro de Santa Cristina e o seu entorno.  A pesares de ser de autoría privada, conta co respaldo do concello de Parada de Sil, o Programa Leader, Agader, o consorcio Navea-Bibei, así como o Goberno central e a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural.

A orixe da iniciativa, que leva por título “ALMA/Arte, Legado e Medio Ambiente”, susténtase no ciclo de concertos postos en marcha pola promotora cultural Ecos da Pedra, que se desenvolve no incomparable marco da igrexa do mosteiro de Santa Cristina, que conta cunha acústica privilexiada, moi valorada polos músicos, pero que resulta difícil de aproveitar dado o seu emplazamento nunha orografía complicada para trasladar os recursos técnicos que adoitan utilizar os concertos ou eventos de carácter cultural.

O traballo recolle a beleza e a espiritualidade do enclave, que ten chamado a atención de recoñecidos artistas, protagonistas de experiencias únicas que foron retransmitidas por internet para todo o mundo grazas a o traballo e sensibilidade de Ecos da Pedra, a través de Diego Soto, e de Wapapura, selo discográfico creado e dirixido por Rafa Kotcherha Campora, axente cultural e artista polifacético.

Kotcherha utiliza unha unidade móvil que realiza retransmisión en directo por satélite de encontros musicais na natureza. Os equipos que utiliza están alimentados por enerxía solar. Naceu en Chicago, de pai ucraíno e nai española, viviu en Ecuador hai 20 anos e alí veulle a inspiración de mezclar a música que escoitara en Chicago cos paisaxes naturais paradisíacos que descubriu en Sudamérica. Propúxose xunguir os dous conceptos, de xeito que gravou e retransmitíu concertos na Amazonía colombiana. En 2007 instalouse na Alpujarra granadina e continuou con ise labor. Chegou á Ribeira Sacra da man de Diego Soto, outro cidadán do mundo con raíces leonesas e asentado na Ribeira Sacra. Alí escomenzaron unha fructífera relación artística con Santa Cristina como punto de referencia.

Puxeron en marcha o ciclo musical anual Sons da Pedra, que xa se convertíu nun clásico, coa participación de artistas do nivel do multiinstrumentista guineano Mu Mubana, o percusionista Jesús Mañero, ou os guitarristas Derek Gripper, de Sudáfrica, e o caboverdiano Tcheka. A programación concertística no mosteiro mereceu unha reportaxe na versión estadounidense do Huffington Post.

“ALMA/Arte, Legado e Medio Ambiente”  é “un proxecto de experiencias artísticas producido por Wapapura e Ecos da Pedra”, segundo Soto e Kotcherha. O documental foi filmado íntegramente no concello de Parada de Sil e montado o ano pasado a partir do material gravado durante os ciclos de Sons da Pedra. Nel ofrécense espectaculares e descoñecidas imaxes do Cañón do Sil.

Exposición fotográfica de D.Emilio Araúxo

Xoves, 10 Maio 2018 08:12

O Salón de Plenos do concello exhibe a exposición fotográfica "Escenas do rural" de D. Emilio Araúxo.

 Aberta a veciños e visitantes que  queiran gozar dunha magnífica galería de imaxes.

O horario de visitas é de 11:00 a 14:00 hs.

 

O CÁNTABRO ALBERTO RODRÍGUEZ, VENCEDOR DA SEXTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS PARADA DE SIL-RIBEIRA SACRA

Martes, 01 Maio 2018 17:50

O cántabro Alberto Rodríguez Guerrero, de Santoña (Cantabria), proclamouse gañador da sexta edición do concurso de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, convocado polo concello de Parada de Sil e fallado, como todos os anos, o día 30 de abril por decisión do xurado calificador, cunha dotación económica de 1.000 euros para o gañador e 500 para o segundo. En segundo lugar quedou Rosario Fernández Ginés, de Valencia, co seu relato “Al Alba”. O xurado decidiu unha mención especial para o relato “Cambalache”, de José Ramón Martínez, tamén de Valencia. A dotación económica dos premios é aportada polo profesor Eugenio Prieto, natural de Parada de Sil, que patrocina o concurso dende a sua creación.

Na presente edición participaron 592 traballos, dos cuales 569 foron remitidos a través de correo electrónico e 23 por correo postal. Dos enviados por email, 520 están escritos en castelán e 50 en galego. Dos chegados por correo ordinario, 11 están en galego e 12 en castelán. Cinco dos relatos foron rexeitados por non conter plica. A procedencia é variada, posto que hainos de Pontevedra, A Coruña, La Rioja, Málaga, Cádiz, Huesca, Jaén, Zaragoza, Zamora, Madrid, Cantabria, ademáis de Ourense. De fóra de España presentáronse de Italia, Estados Unidos, Colombia, Argentina, Chile, Ecuador, Uruguay, Costa Rica, Perú ou Cuba.

A entrega dos premios terá lugar o próximo día 17 de Maio, Día das Letras, nun acto que se celebrará na  Casa do Concello de Parada ás 11 da mañán.

O CÁNTABRO ALBERTO RODRÍGUEZ, VENCEDOR DA SEXTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS PARADA DE SIL-RIBEIRA SACRA

El cántabro Alberto Rodríguez  Guerrero, de  Santoña (Cantabria), se proclamó ganador de la sexta edición del concurso de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, convocado por el ayuntamiento de Parada de Sil y fallado, como todos los años, el día 30 de abril por decisión del jurado  calificador, con una dotación económica de 1.000 euros para el ganador y 500 para el segundo. En segundo lugar quedó Rosario Fernández  Ginés, de Valencia, con su relato “ Al Alba”. El jurado decidió una mención especial para el relato “Cambalache”, de José Ramón Martínez, también de Valencia. La dotación económica de los premios es aportada por el profesor  Eugenio Prieto, natural de Parada de Sil, que patrocina el concurso desde la  su creación.

En la presente edición participaron 592 trabajos, de los  cuales 569 fueron remitidos a través de correo electrónico y 23 por correo postal. De los enviados por email, 520 están escritos en castellano y 50 en gallego. De los llegados por correo común, 11 están en gallego y 12 en castellano. Cinco de los relatos fueron rechazados por no contener plica. El origen es variado, puesto que los hay de Pontevedra, A Coruña, La  Rioja, Málaga, Cádiz, Huesca,  Jaén, Zaragoza, Zamora, Madrid o Cantabria, además de Ourense. De fuera de España se presentaron de Italia,  Estados Unidos, Colombia,  Argentina, Chile, Ecuador,  Uruguay, Costa Rica, Perú o Cuba.

La entrega de los premios tendrá lugar el próximo día 17 de Mayo, Día das Letras, en un acto que se celebrará en la Casa Consistorial de Parada a las 11 de la  mañana.

 

O PROFESOR , INVESTIGADOR E ESCRITOR ANTONIO CARREÑO, PRIMEIRO FILLO PREDILECTO DE PARADA E MEDALLA DE OURO DO CONCELLO

Martes, 01 Maio 2018 17:44

O profesor, investigador e escritor Antonio Carreño foi nomeado polo pleno municipal primeiro fillo predilecto, ademáis de concederlle a medalla de ouro do Concello, no transcurso da última sesión plenaria presidida pola alcaldesa, Yolanda Jácome. O expediente de honra foi elaborado polo concelleiro de Cultura, Francisco Magide, na sua condición de xuiz instructor. A celebración formal tivo lugar inmediatamente rematado o pleno, con presencia de familiares, amigos, veciños e admiradores do homenaxeado, que fixo unha fonda e sentida intervención para amosar o seu agradecemento e reafirmar a sua condición de veciño de Parada, o seu lugar de orixe, que levou sempre con íl polo mundo adiante.

O instructor do expediente de honra relatou unha escolma de méritos e atributos que fan ó profesor Carreño acreedor do recoñecemento municipal en nome da veciñanza de Parada. Apuntou Francisco Magide que “na vida de Antonio Carreño debemos valorar dous aspectos distintos pero complementarios: o profesional e o persoal, indisociables á hora de valorar a sua categoría intelectual e o seu sentido ético da vida”.

Antonio Carreño naceu en 1939 e fixo os seus primeiros estudios en León e Sevilla. Cursou Maxisterio en Ourense, obtendo o título de mestre en 1963, que o levou a exercer como mestre rural en distintas escolas espalladas pola provincia. Aí coñeceu con profundidade o rural galego e ás suas xentes. Dotado cun fondo afán de saber e comprender, que ainda conserva,  e fascinado polo potencial literario dos Estados Unidos marchou ao país como turista. “Foi un formalismo administrativo, pois en realidade desenvolveuse como o empedernido estudioso que habería de ser toda a sua vida ata hoxe”, apunta Magide Bizarro.

En 1970 graduouse no prestixioso Trinity College de Harford (Connecticut). De aí pasou á mítica universidade de Yale, que na aquela altura dispuña dun dos mellores departamentos de literatura hispánica do mundo, e na que obtivo un novo master no 1973 e onde dous anos máis tarde acadaría o doutoramento, ca tese “El romancero lírico de Lope de Vega”, que lle valeu o premio Menéndez Pidal otorgado pola Real Academia Española.

O instructor do expediente de honra conclúe que “os anos de Trinity e Yale foron decisivos na sua formación, acadando cotas inigualables en coñecementos da literatura hispanoamericana así como na crítica literaria contemporánea, de tal xeito que hoxe é unha das persoas con máis coñecementos sobre a literatura do Século de Ouro español e a que máis sabe sobre Lope de Vega”.

Antonio Carreño impartiu docencia nas universidades de Yale, Columbia, Illinois, Middlebury e na Brown Univer sity, “que sempre considerou como a sua”, di Francisco Magide, “pois alí dirixiu a cátedra na que formou o mellor departamento de literatura hispánica no seu momento, consagrándose como o grande experto mundial en Lope. Precisamente nesta universidade rematou a sua carreira profesional como docente”. Da sua importancia como profesor da idea “o feito de que en 2010 recibiu unha homenaxe titulada Rompa con dulces números el canto na que participaron 78 profesores de universidades de Estados Unidos, España, México, Italia, Puerto Rico, Escocia e Inglaterra, entre outros países.

Ten impartido conferencias e cursos de verán por toda América, dende Massachussets a Mar del Plata, Europa e bon número de cidades españolas. Como investigador, o expediente de honra tivo coñecemento “de 32 follas coas publicacións, libros, artigos e conferencias, que forman parte dun vasto labor ao que ainda continúa facendo aportacións”.

É autor de importantes traballos sobre autores galegos como Rosalía de Castro ou Eduardo Blanco Amor ou portugueses como Pessoa ou Camoes. A sua terra máis próxima, a Ribeira Sacra, e nomeadamente Parada de Sil, ocupan un lugar importante na sua vida, como reflicte nos libros “Crónicas de un maestro rural. De Boston a la Ribeira Sacra” e “Crónicas desde la Ribeira Sacra. Entre dos mundos”, nos que latexa “o cariño que ten a este seu pobo”. Este amor polo noso queda patente “cando fala dos carros, da xente ou do Belén do señor José, pois con eles está reclamando orgulloso os nosos sinais de identidade, para preservalos, coidalos e transmitilos ás vindeiras xeracións”, segundo recollen as conclusións do expediente de honra.

Está en posesión da Encomenda da Raiña Isabel a Católica, condecoración otorgada polo rei de España; foi presidente e tesoureiro da Asociación Internacional de Estudos Galegos, vicepresidente e tesoureiro da Asociación Internacional de Hispanistas, membro de comités editoriais e do comité asesor de publicacións periódicas da sua especialidade. Dende hai seis anos preside o xurado que otorga o premio ós gañadores do “Concurso de Microrrelatos da Ribeira Sacra-Parada de Sil”, convocado por este concello.

A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, afirmou que “para nós é un orgullo que Antonio Carreño sexa orixinario deiquí e que teña a gala as suas raíces. Suliñan os seus compañeiros a paciencia e xenerosidade  cos seus discípulos. A elo engaden o sentido da ética profesional e persoal, cousa que nos certificamos ata o punto de que sendo conscentes da importancia do seu talento, a sua categoría humana pasa por enriba de todo elo”. Por eso, engade a rexidora, “o título de fillo predilecto e a medalla de ouro de Parada veñen a reparar en parte a débeda contraída con don Antonio Carreño”.

 

ALUMNOS DE 4º DA ESO DO COLEXIO PADRE FEIJÓO-ZORELLE DE OURENSE PARTICIPARON NUNHA CHARLA SOBRE O MUSEO DO CHOCOLATE

Martes, 01 Maio 2018 17:02

Os alumnos de cuarto curso da ESO do colexio Padre Feijóo-Zorelle de Ourense asistiron a unha charla sobre a Casa Museo do Chocolate de Teimende celebrada no propio centro educativo e impartida por Rosa Casares. Durante o encontro, os estudantes foron coñecendo os pormenores da elaboración do chocolate, así como a sua orixe  histórica e a evolución ó longo dos tempos.

Paralelamente, a conferenciante ofreceu información exhaustiva da Casa Museo, que incluíu documentación gráfica sobre o edificio e a maquinaria que alí se garda, creada a partires da antigua fábrica da familia Casares, na que exercía de mestre chocolateiro o seu pai, Ricardo Casares.

Os alumnos seguiron con notable interés as explicacións, que foron acompañadas dunha degustación do chocolate do propio Museo, que se elabora baixo a receta tradicional.

 

PARADA DE SIL NOMEA O XOVES FILLO PREDILECTO Ó PROFESOR, INVESTIGADOR E ESCRITOR ANTONIO CARREÑO

Domingo, 22 Abril 2018 17:15

O concello de Parada de Sil nomeará fillo predilecto ó profesor, investigador e escritor Antonio Carreño González no transcurso dun acto solemne que terá lugar o próximo xoves, día 26, no salón de actos do concello. Estará presente a Corporación municipal que preside Yolanda Jácome, e distinción levará aparellada a concesión da medalla de ouro do concello.

A decisión, que será sancionada nun pleno inmediatamente anterior ó acto solemne, ten como obxectivo primordial o recoñecemento do labor vital e profesional de Antonio Carreño, natural da pequena aldea de Sardela, a carón do propio pobo de Parada, que herdou de seu pai e da historia da sua terra a vocación de emigrante que acabou por convertilo en cidadán universal. Tal circunstancia, lonxe de afastalo do seu lugar de orixe, agrandou o interese por el, ao que voltaba nas vacacións e cada vez que as suas obrigas lle lo permitían, como recollen nomeadamente as suas “Crónicas da Ribeira Sacra” que publica periódicamente.

O concelleiro de cultura, Francisco Magide, foi o instructor do expediente de honra. Nel recolle unha escolma de méritos e atributos que fan ó profesor Carreño acreedor do recoñecemento municipal en nome da veciñanza de Parada. Apunta Magide que “na vida de Antonio Carreño debemos valorar dous aspectos distintos pero complementarios: o profesional e o persoal, indisociables á hora de valorar a sua categoría intelectual e o seu sentido ético da vida”.

Antonio Carreño naceu en 1939 e fixo os seus primeiros estudios en León e Sevilla. Cursou Maxisterio en Ourense, obtendo o título de mestre en 1963, que o levou a exercer como mestre rural en distintas escolas espalladas pola provincia. Aí coñeceu con profundidade o rural galego e ás suas xentes. Dotado cun fondo afán de saber e comprender, que ainda conserva,  e fascinado polo potencial literario dos Estados Unidos marchou ao país como turista. “Foi un formalismo administrativo, pois en realidade desenvolveuse como o empedernido estudioso que habería de ser toda a sua vida ata hoxe”, apunta Magide Bizarro.

En 1970 graduouse no prestixioso Trinity College de Harford (Connecticut). De aí pasou á mítica universidade de Yale, que na aquela altura dispuña dun dos mellores departamentos de literatura hispánica do mundo, e na que obtivo un novo master no 1973 e onde dous anos máis tarde acadaría o doutoramento, ca tese “El romancero lírico de Lope de Vega”, que lle valeu o premio Menéndez Pidal otorgado pola Real Academia Española.

O instructor do expediente de honra conclúe que “os anos de Trinity e Yale foron decisivos na sua formación, acadando cotas inigualables en coñecementos da literatura hispanoamericana así como na crítica literaria contemporánea, de tal xeito que hoxe é unha das persoas con máis coñecementos sobre a literatura do Século de Ouro español e a que máis sabe sobre Lope de Vega”.

Antonio Carreño impartiu docencia nas universidades de Yale, Columbia, Illinois, Middlebury e na Brown Univer sity, “que sempre considerou como a sua”, di Francisco Magide, “pois alí dirixiu a cátedra na que formou o mellor departamento de literatura hispánica no seu momento, consagrándose como o grande experto mundial en Lope. Precisamente nesta universidade rematou a sua carreira profesional como docente”. Da sua importancia como profesor da idea “o feito de que en 2010 recibiu unha homenaxe titulada Rompa con dulces números el canto na que participaron 78 profesores de universidades de Estados Unidos, España, México, Italia, Puerto Rico, Escocia e Inglaterra, entre outros países.

Ten impartido conferencias e cursos de verán por toda América, dende Massachussets a Mar del Plata, Europa e bon número de cidades españolas. Como investigador, o expediente de honra tivo coñecemento “de 32 follas coas publicacións, libros, artigos e conferencias, que forman parte dun vasto labor ao que ainda continúa facendo aportacións”.

É autor de importantes traballos sobre autores galegos como Rosalía de Castro ou Eduardo Blanco Amor ou portugueses como Pessoa ou Camoes. A sua terra máis próxima, a Ribeira Sacra, e nomeadamente Parada de Sil, ocupan un lugar importante na sua vida, como reflicte nos libros “Crónicas de un maestro rural. De Boston a la Ribeira Sacra” e “Crónicas desde la Ribeira Sacra. Entre dos mundos”, nos que latexa “o cariño que ten a este seu pobo”. Este amor polo noso queda patente “cando fala dos carros, da xente ou do Belén do señor José, pois con eles está reclamando orgulloso os nosos sinais de identidade, para preservalos, coidalos e transmitilos ás vindeiras xeracións”, segundo recollen as conclusións do expediente de honra.

Está en posesión da Encomenda da Raiña Isabel a Católica, condecoración otorgada polo rei de España; foi presidente e tesoureiro da Asociación Internacional de Estudos Galegos, vicepresidente e tesoureiro da Asociación Internacional de Hispanistas, membro de comités editoriais e do comité asesor de publicacións periódicas da sua especialidade. Dende hai seis anos preside o xurado que otorga o premio ós gañadores do “Concurso de Microrrelatos da Ribeira Sacra-Parada de Sil”, convocado por este concello.

A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, afirma que “para nós é un orgullo que Antonio Carreño sexa orixinario deiquí e que teña a gala as suas raíces. Suliñan os seus compañeiros a paciencia e xenerosidade  cos seus discípulos. A elo engaden o sentido da ética profesional e persoal, cousa que nos certificamos ata o punto de que sendo conscentes da importancia do seu talento, a sua categoría humana pasa por enriba de todo elo”. Por eso, engade a rexidora, “o título de fillo predilecto e a medalla de ouro de Parada veñen a reparar en parte a débeda contraída con don Antonio Carreño”.

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE OS ALUMNOS DE COCIÑA DE VILAMARÍN

Venres, 13 Abril 2018 17:22

O pasado dez de abril, a Casa Museo do Chocolate de Teimende chegou ós alumnos e alumnas de Ensinanzas de Cociña do Instituto de Educación Secundaria de Vilamarín da Man de Rosa Casares Prieto, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro propietario da fábrica industrias Casares, que durante máis de cuarenta anos elaborou chocolate artesanal, tradición que herdou dos seus antepasados. Rosa Casares ademáis de explicar a orixe das materias primas que se utilizan para facer o chocolate, sobre todo o cacao e o zucre, desmenuzou o proceso seguido para a fabricación, así como a evolución ata convertirse en Casa Museo, na que se expón a maquinaria e todo o material que se utilizaba na elaboración do produto.

A fábrica de Teimende foi durante moitos anos unha referencia en Parada e na comarca e hoxe o único museo de Galicia adicado ó chocolate. A xornada no IES de Vilamarín acabou precisamente cunha degustación de chocolate que ten a venda o propio Museo.

CHEGA A PARADA A CAMPAÑA PARA O RECICLADO AXEITADO DE RESIDUOS

Xoves, 29 Marzo 2018 17:33

Técnicos de Ecoembes ofrecerán o próximo día 5, coincidindo coa xornada de feira, unha charla divulgativa para estimular á veciñanza ó reciclado de residuos, así como a forma de facelo de xeito adecuado. A campaña xenérica leva por título “Separar con xeito para reciclar afeito”, coa que Ecoembes e a Xunta invitan a “separar correctamente os teus residuos. Non botes ao lixo o traballo de todos”. Así, os residuos orgánicos irán ó envase verde; as latas e envases de plástico irán ó contenedor amarelo e os envases de cartón, papeis, xornais e revistas deberán ser depositados no conteñedor azul.

A carpa informativa funcionará na citada data dende as 10,30 horas ata as 13,30 no Campo da Feira, á beira da Casa do Concello.

OS DÍAS 3 E 4 DE ABRIL, XORNADAS GRATUITAS DE REVISIÓN DE PARABRISAS

Xoves, 29 Marzo 2018 17:00

A empresa especializada Carglass, os próximos días 3 e 4 de abril terán lugar en Parada senllas xornadas de seguridade vial dedicadas á revisión gratuita de parabrisas de coches xunto cun tratamento antichoiva, que ten unha duración estimada entre seis meses e un ano e que mellora a claridade de visión ó tempo que evita a conxelación dos parabrisas. A iniciativa, que conta coa colaboración do concello de Parada, terá en ámbolos dous días un horario de 10,00 a 14,00 horas e de 15,30 a 18,30.

PROMOCIÓN DO MUSEO DO CHOCOLATE NO COLEXIO SALESIANOS DE OURENSE

Luns, 26 Marzo 2018 16:25

A pasada semana tiveron lugar duas xornadas de promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende no colexio Salesianos de Ourense, que correron a cargo de Rosa Casares, unha das herdeiras do último chocolateiro, Ricardo Casares, que foi propietario da industria que levaba o seu apelido e que comercializou o milenario alimento durante toda a sua vida laboral, continuando así a tradición legada dos seus antepasados.

No transcurso das sesión didácticas, Rosa Casares ensinoulles aos alumnos de terceiro curso de primaria o proceso de fabricación do chocolate, así como os ingredientes para a sua elaboración, lugar de procedencia da maquinaria e dos moldes utilizados para darlle forma, tamén dos países de procedencia do cacao e, en xeral, todo o relativo os pasos a seguir para conseguir pór no mercado a mercancía. Por último, explicoulles cómo se pasou da etapa da fábrica dos Chocolates Caldelas, que era a marca comercial coa que chegaba os establecementos,  ata a Casa do Chocolate de Teimende.

O CONCELLO CONTRATARÁ UN PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS DURANTE OITO MESES

Luns, 19 Marzo 2018 00:00

O concello de Parada de Sil procederá á contratación dun peón de obras públicas durante oito meses. A selección farase mediante oferta de emprego público. Para participar nan mesma, os aspirantes han de estar inscritos como demandantes de emprego na categoría de peón de obras públicas antes do 20 de marzo.

Valorarase a experiencia, meses traballados no concello nesa categoría, así como o coñecemento do concello e empadronamento. Os seleccionados recibirán carta da oficina de emprego indicando data para presentar a documentación que acredite os requisitos.   

 

O CONCELLO ADICARÁ UNHA XORNADA O 7 DE ABRIL Á PODA E MANEXO DA VIDE

Mércores, 14 Marzo 2018 10:54

O concello de Parada, xunto co Centro Agrogandeiro do Inorde, organizan para o próximo 7 de abril, sábado, un curso de poda e manexo da vide, que terá lugar no salón de plenos do concello dende as 9,30 horas, cando comezará a parte teórica, que se dividirá en apartados adicados á vide, condicionantes da plantación, mantemento da viña e, finalmente, a poda da vide. Ás 11,30 haberá un pequeño descanso e despois abordarase cómo levar a cabo unha poda despois da xeada. Este apartado desenvolverase de xeito práctico se o tempo o permitise.

As inscricións poderán formalizarse no concello de Parada do Sil ou no Centro Agrogandeiro (988 317 946).

 

O CONCELLO DE PARADA ASUME A CAMPAÑA “POLO BO TRAT0” PROMOVIDA POLA FEGAMP

Mércores, 07 Marzo 2018 19:43

O concello de Parada de Sil asume e promove o contido da campaña “PoloBoTrato” para os concellos galegos, que se desenvolve co lema “A igualdade comeza no noso propio concello” posta en marcha pola Federación Galega de Municipios e Provincias con motivo do Día Internacional da Muller. A iniciativa consta dun decálogo de medidas e actitudes en favor da igualdade de xénero e a non discriminación.

Os puntos incluidos manifestan que os concellos “empregamos linguaxe libre de connotacións sexistas; integramos a perspectiva de xénero nas nosas decisión; difundimos unha imaxe non sexista da muller; traballamos entre a poboación máis nova a prevención da violencia machista e os valores de igualdade e respecto; fomentamos a corresponsabilidade nas tarefas e a ética no coidado, tanto de menores como de persoas dependientes; identificamos e emendamos as deficiencias que atopemos a nivel municipal na loita contra a violencia cara as mulleres; respectamos a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a igualdade de oportunidades no cadro de persoal; promovemos unha representación equilibrada de mulleres e homes en tribunais, xurados, comités e comisión; rexeitamos a contratación de actividades nas que se promova unha imaxe sexista da muller e, por último, prestamos especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade”.

XI CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"

Mércores, 07 Marzo 2018 12:42

O Concello de Parada de Sil convoca a XI edición do concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas", no que se abranguen dúas modalidades:
 

  • "Visións de Parada de Sil", que abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc., que conforman o Concello de Parada de Sil, quedando só limitada ao territorio deste concello.
     
  • "Libre", na que se pode presentar calquera tipo de imaxe sen limitación temática ou xeográfica.
     

PREMIOS

Outorgaranse os seguintes premios:

 

  • Modalidade "Visións de Parada de Sil". Primeiro premio, 800€. Segundo premio, 300€.
     
  • Modalidade "Libre". Primeiro premio, 700 €. Segundo premio, 200€.
     

Data límite de presentación de traballos, 28 de xullo de 2018.

 

Máis información e bases 

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA EXECUTAR AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE 5 VIVENDAS EN FONDODEVILA

Mércores, 28 Febreiro 2018 23:55

O Diario Oficial de Galicia (DOG), do 28 de febreiro publica o anuncio licitación das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Fondodevila, no concello de Parada de Sil, que é a entidade adxudicadora. O prazo de execución é de 24 meses, en tanto que a tramitación é ordinaria e o procedemento, aberto. A adxudicación estará baseada na pluralidade de criterios e o orzamento base será de 499.662,12 euros sen IVE, que se traduce nun total de 604.591,21 euros.

Non se esixen garantías provisionais pero sí a definitiva, que consiste no 5% do prezo de adxudicación do contrato, excluido o IVE. A obtención de documentación e información, está en perfil do contratante www.depourense.es. A data límite para a obtención de documentación e información será o último día da presentación de proposicións.

O prazo para a presentación de ofertas rematará ás 14,00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. O Lugar de presentación é: Concello de Parada de Sil. Praza do Campo da Feira, 1.

 

 

OS EXPERTOS CONCEDEN A CALIFICACIÓN DE “EXCELENTE” ÓS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA CORRESPONDENTES Á COLLEITA DE 2017

Domingo, 25 Febreiro 2018 19:11

A colleita de viño de da Ribeira Sacra de 2017 ten unha calidade “excelente”, segundo a conclusión dos expertos na cata de calificación anual celebrada hoxe na casa do Concello de Parada de Sil, que lle otorgaron unha calificación de 8. É a segunda vez na historia da denominación de orixe que a colleita acada ese nivel. A puntuación saiu da evaluación de dez mostras representativas recollidas nas cinco xubzonas polos técnicos do Consello Regulador (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil).

A primeira cata de calificación foi celebrada en 1996 e a colleita foi valorada como “boa”, ainda que dende entón todas elas recibiron a calificación de “moi boas”, acadando a calidade de “excelente” tan so no ano 2000. O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, lembrou que a vendima diste ano desenvolveuse “cun tempo seco” e as uvas que entraron nas adegas estaban sanas o que é sinónimo de “viños interesantes”, segundo o adegueiro.

Xa cos resultados da cata, Rodríguez apuntou que en cuanto a variedades, a preferente é a mencía, que sigue marcando a referencia ea línea dos viños que os consumidores reclaman cando piden unha botella da Ribeira Sacra, “ainda que cada vez se fan máis mezclas con distintas variedades autóctonas” para dar lugar ás “singularidades” que ofertan as distintas adegas da denominación.

A CASA-MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE ESCOLARES DE ALLARIZ

Domingo, 25 Febreiro 2018 18:33

Un centenar de alumnos do CEIP "Padre Feijóo" de Allariz asistiron á ponencia sobre a historia da Casa Museo do Chocolate de Parada de Sil, que se desenvolveu en duas sesións para os nenos de quinto e sexto de primaria. A iniciativa correu a cargo de Rosa Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro dunha dinastía popular en Parada; precisamente a fábrica da sua propiedade foi sobre a que se construiu o museo, despois da cesión por parte das suas herdeiras.

A ponente explicou detalladamente tanto a historia do chocolate, dende os puntos onde se cultiva o cacao ata o proceso de elaboración do produto ata que chega ó mercado. Valeuse para eso de material didáctico co que respaldou a explicación oral.Os nenos amosaron grande interese polo proceso e loubaron a calidade do chocolate despois de probar a mostra que lles ofreceu Rosa Casares.

O CONCELLO CONTRATARÁ UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE MARZO A DECEMBRO

Martes, 20 Febreiro 2018 17:44

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, informa da apertura do proceso de contratación dun auxiliar administrativo e dun auxiliar de información turística durante dez meses en ámbolos dous casos, entre o 1 de marzo ó 31 de decembro.

A selección farase mediante oferta de emprego público. Para participar na mesma, os interesados han de estar inscritos como demandantes de emprego na cartegoría de auxiliar administrativo e de información turística, segundo cada caso, antes do 23 de febreiro.

Para a contratación do auxiliar administrativo valorarase a experiencia, manexo de informática, carnet de conducir B, coñecemento do concello e estar empadroado no mesmo. Os seleccionados recibirán carta da oficina de Emprego indicando data para presentar a documentación e acreditación dos requisitos.

No caso do auxiliar de información turística, a valoración terá en conta a experiencia no sector, carnet de conducir B, coñecemento do concello e empadroamento. Igual que no caso anterior, os seleccionados recibirán carta da oficina de Emprego indicando data para presentar a documentación de a acreditación dos requisitos esixidos.

ASAMBLEA VECIÑAL ABERTA SOBRE A XESTIÓN DA CASTAÑA

Mércores, 14 Febreiro 2018 05:41

O próximo día 17 de febreiro terá lugar no salón de plenos do concello de Parada de Sil unha asamblea veciñal aberta  para tratar sobre as posibilidades que ofrece a castaña e que leva por título “¿Cómo xestionamos os nosos soutos e a nosa castaña? Constitución dunha asociación”. A convocatoria está fixada para as cinco e media da tarde e dende o concello animan ós veciños a participar na mesma, toda vez que se trata dun asunto de moito interés para os propietarios de soutos.

A castaña é un dos productos con máis futuro dentro do sector agroalimentario. De feito, hai países como Francia que teñen tecida unha verdadeira industria arredor deste produto, onde a produción é a parte menos interesante no negocio da castaña, sendo o seu tratamento e transformación para os mais diversos usos, os que xeneran o maior valor engadido.

Tamén resulta imprescindible a unión de produtores, posto que so desa maneira se pode obter unha posición de forza para negociar prezos e para tomar iniciativas que permitan a transformación por parte dos propios produtores locais, co que poderían quedarse co valor engadido que se levan os intermediarios ou incluso a industria transformadora.

 

PARADA ACOLLEU O GALEGO DE LONGA DISTANCIA DE ORIENTACIÓN

Sábado, 10 Febreiro 2018 21:26

O pasado sábado, día 3, centenares de participantes atopáronse en Parada de Sil para disputar o Campionato Galego de longa distancia de orientación.

 
Na proba destacaron novas promesas ourensás, logrando os primeiros postos do podio nas súa categorías.
 
 
Así quedou a clasificación:
 
 
Sub-12 feminino:
3º. Mailén Aller (Peña Trevinca Barco).......... 1:09:42
 
Sub-14 feminino:
3º. Esther Agudo (Peña Trevinca Barco )..... 1:01:13
 
Sub-16 feminino:
2º. Cristina Neta (Peña Trevinca Barco)....... 1:51:31
 
Sub-18 feminino:
2º. Alba Osorio (Peña Trevinca Barco).......... 1:04:00
 
Élite feminina:
2º. Irene Morales (Limiactiva)....................... 1:50:04
 
Sub-12 masculino:
1º. Juan Pablo Agudo (Peña Trevinca Barco).......... 28:23
 
Sub-14 masculino:
3º. Diego Fariña (Peña Trevinca Barco)............... 58:26

EXCEPCIONAL ACOLLIDA Á XORNADA DE PARADA EN “XANTAR”

Sábado, 03 Febreiro 2018 11:00

O concello de Parada conseguiu centrar a atención das actividades paralelas no certame gastronómico Xantar, que reúne a expertos de Galicia e norte de Portugal, pero tamén de outros lugares, como Panamá ou México, que tamén están presentes. A alcaldesa, Yolanda Jácome, amosouse satisfeita, por entender que “conseguimos os obxectivos plantexados, que eran os de espallar a mensaxe promocional de Parada a base de divulgar as suas virtudes, pero tamén as iniciativas que alí se levan a cabo”.

Jácome ademáis de suliñar a ubicación privilexiada de Parada de Sil, “en pleno corazón da Ribeira Sacra”, un concello “cheo de ilusión, que aproveita este marco inigualable para facerse ver”. Referiuse ó mosteiro de Santa Cristina como “reclamo principal na atracción de visitantes” engadindo que “alí agardamos poder levar a cabo proxectos importantes en colaboración coa Xunta, Deputación e Bispado, que van dende catas arqueolóxicas para recuperar a memoria, ata a posible monitorización do mesmo e unha visita virtual que, sen dúbida, incrementará os máis de 40.000 visitantes anuales”.

A alcaldesa tamén fixo fincapé ó disco gravado no mosteiro cos concertos levados a cabo no ciclo Sons da Pedra, iniciativas que deron lugar a un documental de extraordinaria beleza, denominado “Alma/Arte, legado e medio ambiente”, que “recrea a capacidade do mosteiro de Santa Cristina e o seu entorno como enclave ecocultural”. Trátase dunha iniciativa privada promovida polo selo Wapapura e Ecos da Pedra respaldada polo concello de Parada de Sil e o Programa Leader.

Yolanda Jácome deu conta dos resultados da xestión municipal, como a declaración por parte da Xunta en 2015, como concello de interese turístico, a sinalización das rutas de sendeirismo con acceso ás novas tecnoloxías como código QR e antenas NFC, a dotación de wifi libre nos puntos máis visitados do concello, ou a atención cada vez máis frecuente que Parada recibe dos medios de comunicación de ámbito estatal.

Pola sua banda, o stand de Parada promociona en Xantar os produtos típicos e xenuinos do concello, como os viños mencía e godello, o chocolate da Casa Museo do Chocolate de Teimende, a castaña e o licor café, este último, premio da Fundación Lusogalaica ó mellor licor café artesán de Galicia, así como o disco “Sons da Terra”.

REPRESENTANTES DUN PROXECTO EUROPEO AMOSARON A SUA ADMIRACIÓN POLO NIVEL DE RECUPERACIÓN E A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL EN PARADA DE SIL

Sábado, 03 Febreiro 2018 10:45

Os representantes do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán e do que é socio Inorde, amosaron a sua admiración pola beleza natural de Parada, así como pola conservación do seu patrimonio material e inmaterial, xunto co traballo do concello pola sua posta en valor.

PARADA VOLTA A “XANTAR” PARA PROMOVER A GASTRONOMÍA E O SEU PATRIMONIO

Martes, 30 Xaneiro 2018 23:30

O concello de Parada de Sil estará presente un ano máis na feira gastronómica de Xantar, que organiza Expourense, no convencemento de que “se trata do mellor escaparate posible para darse coñecer”, segundo apunta a alcaldesa, Yolanda Jácome, que se basa “na experiencia acumulada ó longo da última década, na que a presencia de Parada neste certame é xa unha cita clásica que nos permite expor as virtudes do concello, máis alá da propia gastronomía”.

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL

Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:24

O Concello de Parada de Sil, gracias a doazón do catedrático Don Eugenio Prieto Pérez, natural de este municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

BASES:

1.       Os autores  han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe, ademais dunha  trama paradóxica e sorprendente.

2.       Os microrrelatos son de tema e estilo libre e poderán estar escritos en galego ou castelán. Serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.

REPRESENTANTES DE 5 PAÍSES VISITAN PARADA PARA COÑECER A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO SEU PATRIMONIO

Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:20

O Inorde e os seus socios do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán o Concello de Parada de Sil o próximo 1 de febreiro.

Esta visita incardínase dentro do proxecto CRinMA – Recursos culturais en área de montaña, que ten como obxectivo xeral mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña para convertilo nun activo que impulse o  desenvolvemento local e rexional, en consonancia coa Estratexia Europa 2020, que ten como eixos centrais a diversidade cultural e o respecto polos recursos naturais.

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE PROMOCIÓNASE EN MONDARIZ

Sábado, 27 Xaneiro 2018 10:08

Ao redor de 350 alumnos do CPI de Mondariz, pertencentes a educación infantil, primaria e secundaria participaron nunha xornada adicada á promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende, impartida por Loli e Rosa Casares, heredeiras da antigua fábrica dos Chocolates Casares, donada hoxe ó concello de Parada para ser convertida en museo.

PARADA TOMA IMPULSO EN FAVOR DA ECONOMÍA SOCIAL

Mércores, 15 Novembro 2017 10:52

SESIÓN INFORMATIVA PARA OS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Martes, 14 Novembro 2017 11:20
 
A Oficina Agraria comarcal de Castro Caldelas levará a cabo unha sesión informativa destinada a titulares de explotacións agrarias, na que se explicarán os trámites para concesión e autorizacións de pozos e de captación de augas, que correrá a cargo de persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Asimesmo, falarase das axudas para garantir a subministración de auga nas explotacións agrarias.

PARADA INICIA O DÍA 28 DE OUTUBRO A PROGRAMACIÓN DE OUTONO CO MAGOSTO POPULAR

Mércores, 25 Outubro 2017 17:54
* O día 18 de novembro terá lugar a Festa da Pisa, coa Feira de Produtos Locais e o xantar popular da Castaña
 
O concello de Parada inicia o día 28 de outubro a programación do outono coa celebración dun magosto popular na capitalidade municipal, con participación libre. As reservas pódense facer a través do correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

OS CONCERTOS E GRAVACIÓNS DE SONS DA PEDRA OBLIGARÁN A PECHAR O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DURANTE CATRO DÍAS

Mércores, 06 Setembro 2017 12:26

O mosteiro de Santa Cristina permanecerá pechado os próximos días 8, 9, 14 e 16 de setembro, con motivo dos concertos e gravacións correspondentes ó ciclo Sons da Pedra, que terán lugar nas datas apuntadas. O concello de Parada de Sil prega desculpas polas molestias que tal circunstancia poiderea ocasionar.

O DUO FADO IBERIA ABRE A TERCEIRA EDICIÓN DO CICLO SONS DA TERRA NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL

Mércores, 06 Setembro 2017 08:28
O guitarrista Manuel de Oliveira e a fadista Cristiana Águas son dous referentes no panorama musical portugués contemporáneo

ROBERTO GONZÁLEZ, DE BARBADÁS, E O ZARAGOZANO JULIO LÓPEZ, GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE PARADA DE SIL

Domingo, 13 Agosto 2017 09:25

Roberto González Fernández, de Parada de Piñor, no concello de Barbadás, foi declarado vencedor da décima edición do concurso fotográfico  Rosa Pons Fábrega “Visións de Parada de Sil”, dotado con 800 euros, coa fotografía “Outra Mirada”, feita no miradoiro de Triguás e na que aparece a capela e o seu entorno así como unha espectacular vista celeste cunha choiva de perseidas. En segundo lugar quedou clasificada a fotografía “Belleza convulsiva que invita al misterio”, de Rosa Villar Pumar, de Vilariñofrío, e a quen corresponderán 300 euros.

CATRO CORAIS PARTICIPARÁN NA TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME CORAL AQUA MÚSICA DE PARADA DE SIL

Venres, 11 Agosto 2017 00:00

Catro corais participarán o sábado día 19 de agosto a partires das 20,00 horas na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil no terceiro Certame Coral Aqua Música, organizado pola citada agrupación musical coa colaboración do concello de Parada de Sil, o consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Deputación de Ourense. Os grupos participantes serán a coral Cantarela de Riós, que interpretará a canción popular leonesa “Hermosa paloma”, a canción tradicional galega “¡Ay, carbonero!”, seguido de “La casa caída!” de R. de Boltaña e, por último, “Riós”, de E. Mateo.

CONCERTO DE VIOLÍN NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA EN PARADA DE SIL

Martes, 04 Xullo 2017 11:01
Dentro das actividades que xiran en torno ó curso Contos Pintados con Música dentro do proxecto  educativo Ars Combinatoria, celebrarase un concerto de violín no mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil o martes 4 de xullo ás sete da tarde.

A REVISTA SONGLINES, A MAIS PRESTIXIOSA DE WORLD MUSIC, FAISE ECO DO DISCO “SONS DA PEDRA”, GRAVADO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

Sábado, 01 Xullo 2017 11:20
A revista  Songlines, considerada como a de maior prestixio no xénero world music (música do mundo), faise eco do disco “Sons da Pedra”, no número especial que será distribuido este mes de xullo no Festival Glastonbury (Inglaterra), o máis importante del mundo por impacto.  

O ARQUITECTO OURENSAN PABLO LÓPEZ PROL GAÑA O CONCURSO DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN PARADA DE SIL

Xoves, 08 Xuño 2017 14:45
Despois  dun longo proceso de análise e debate entre o xurado coordenado polo presidente do Colexio de Arquitectos en Ourense, Alberto de Paula, e coa participación  de Mónica Álvarez do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Jesús Irisarri de Vigo, tivo lugar o fallo sobre o concurso de ideas para a rehabilitación dunha mazá de casas no pobo de Fondo de Vila en Parada de Sil.

O PONFERRADINO RICARDO ALONSO GAÑA A V EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CON "SERENATA DE OTOÑO"

Venres, 05 Maio 2017 21:23
O ponferradino Ricardo Alonso Molina resultou gañador da quinta edición do Concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, co traballo titulado "Serenata de Outono", dotado con 1.000 euros. O segundo lugar foi para Valeria Lucía de Luca, nova  escritora de Buenos Aires e gañadora de varios concursos internacionais e a quen lle corresponderá 500 euros polo relato titulado "A vinganza das palabras". Trátase da primeira vez que resulta premiada unha persoa con nacionalidade e residencia fóra de España.

PARADA PROMOCIÓNASE NOS ROTEIROS CULTURAIS DA UNIVERSIDADE

Mércores, 12 Abril 2017 15:30
Co obxectivo de promocionar o concello de Parada e estimular a curiosidade polo seus recursos naturais, históricos e monumentais, tivo lugar unha degustación de chocolate da Casa-Museo de Teimende dentro dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo que inclúe os campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, nos que participan persoas vencelladas á entidade universitaria pero tamén outras alleas a ela. A actividade ten como obxectivo o coñecemento e disfrute do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.

PARADA ADICA ESTE ANO O SEU HOMENAXE NA FESTA DAS LETRAS Ó PROFESOR EMILIO GRAÑA

Mércores, 12 Abril 2017 15:03
O concello de Parada de Sil, adicada este ano a tradicional homenaxe pola Festa das Letras a un persoeiro destacado orixinario do concello a Emilio González Graña, sociólogo, profesor, excura, defensor de Galicia, as suas xentes, a sua cultura e a sua lingua, gran impulsor do movemento galeguizador e de reivindicación do valor do rural, levado a cabo polo Colexio de Os Milagros do Monte Medo. A idea acadou tanta fondura, que as autoridades eclesiásticas e políticas da época (en pleno posfranquismo), ordearon a inmediata neutralización do proxecto.

A FÁBRICA QUE DEU LUGAR Á CASA-MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO PARA NENOS

Mércores, 29 Marzo 2017 15:36
A fábrica do chocolate de Teimende, hoxe convertida en Casa-Museo polo concello de Parada de Sil, servíu de exemplo para fomentar o espíritu emprendedor entre os rapaces a través dos valores da responsabilidade, a toma de decisión, a coperación e o esforzo. Rosa Casares, filla dos últimos chocolateiros de Teimende, está participando como voluntaria no plan educativo da Fundación Educativa Junior Achievement para dar a coñecer a cultura do emprendemento entre os escolares e xóvenes estudantes e inducilos a que teñan en conta esta posibilidade como unha saída laboral mais á hora de orientar a sua vida profesional no futuro.

QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL

Martes, 17 Xaneiro 2017 15:41
O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático don Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos con arreglo ás seguintes
 
BASES:

O CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL CHEGA Á SUA QUINTA EDICIÓN

Martes, 17 Xaneiro 2017 15:39
Despois do éxito das convocatorias anteriores que foron incrementando a participación ata situarse por enriba dos 550 participantes procedentes de case todas as comunidades autónomas, México, Alemania, Italia, A Florida ou San Petersburgo, o concello de Parada de Sil procede a convocatoria da quinta edición. Preténdese con elo descubrir talentos e estimular a imaxinación de todas as persoas e especialmente dos coñecedores da Ribeira Sacra, entendendo que este concurso tamén axuda a difusión da marca no camiño de lograr que sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

PARADA BRILLOU A GRAN NIVEL NA SEGUNDA XORNADA DE “XANTAR” EN EXPOURENSE

Mércores, 10 Febreiro 2016 18:14
Parada de Sil acadou un importante protagonismo na segunda xornada da decimoséptima edición do certame gastronómico Xantar, que tivo lugar en Expourense.

PARADA DE SIL, LUGAR MAIS BONITO DE GALICIA SEGUNDO A WEB VIAJESTIC ATRESMEDIA

Mércores, 10 Febreiro 2016 18:11

O concello de Parada de Sil foi elixido como o pobo máis bonito de Galicia dentro do portal de turismo e viaxes Atresmedia "Viajestic", e agora está á espera de poder conseguir a mesma distinción no ámbito estatal. 

CUARTO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA

Xoves, 14 Xaneiro 2016 00:00
O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

OS BALCÓNS DE MADRID, NO CONCURSO DE TVE “SABER Y GANAR”

Martes, 12 Xaneiro 2016 00:00
Na sua edición do 8 de xaneiro, os Balcóns de Madrid foron protagonistas do concurso de TVE “Saber y ganar” que se emite todos os días na sobremesa a través de “La 2”, presentado por Jordi Hurtado. 
Trátase dun espazo con grande prestixio, xa que leva en antena ininterrumpidamente dende febrero de 1997, sempre co mesmo formato e co mesmo presentador. Nesta ocasión preguntáronlle a unha das concursantes cómo se chamaba o mais famoso miradoiro do Canón do Sil, entre as provincias de Lugo e Ourense. Para ver esa parte do concurso prema neste enlace. A pregunta sobre os Balcóns aparece a partir do minuto 22,40 de programa. 

YOLANDA JÁCOME: “O PRINCIPAL PROBLEMA DO RURAL É O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN

Luns, 11 Xaneiro 2016 00:00
A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, afirma nunha entrevista publicada polo xornal La Región, que o principal recurso do concello é o turismo, e que os veciños “debemos crer que se pode vivir dél”, así como que o principal problema do rural galego é o envellecemento da poboación. Sigue a entrevista completa premendo aquí
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos