Concello de Parada de Sil

Novas


(31/03/2016)

A madrileña María Cabezas, gaña o premio de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, con “Amor en las antípodas”


A escritora madrileña María Cabezas Ruíz, da localidade madrileña de Las Rozas, foi a gañadora do premio de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, dotado con 1.000 euros. O segundo premio, dotado con 500 euros, foi para o traballo “Me desperté” da autora leonesa Ariadna Fernández Colunga. Así mesmo, o Xurado considerou oportuno facer unha mención especial ao microrrelato titulado “A miña serea” de Xosé Alfredo Fernández, de Vigo. Como é xa costume, o xurado estivo presidido polo profesor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University, e veciño de Parada de Sil; con él formaron parte o escritor Edelmiro Fernández Naval e Arturo Fernández Nóvoa, catedrático emérito de Lingua castelá. Sobre eles recaeu a ardua tarefa de ler os 625 traballos que concorreron ao certame na presente edición, procedentes de todas as comunidades autónomas españolas, ademais de Estados Unidos, Colombia e Arxentina, entre outros países. A entrega de premios está fixada para o sábado 14 de maio no salón de actos da Casa Consistorial, con motivo da celebración de festa das Letras Galegas. A alcaldesa, Yolanda Jácome, puxo de manifesto a súa satisfacción polo alto nivel de participación e o nivel dos traballos presentados, xa que o xurado definiu como “complexa” o labor de selección para designar os finalistas. Así mesmo, a rexedora quixo mostrar o seu “agradecemento e o da institución municipal” ao profesor Eugenio Prieto Pérez, patrocinador do premio e tamén orixinario do municipio. “A súa achega -sinala Jácome- permite levar a cabo un gran certame que significa unha importantísima promoción de Parada de Sil e a Ribeira Sacra en España e fóra dela, circunstancia que repercute no incremento de visitantes que estamos a rexistrar nos últimos anos. É un paso máis na meta de conseguir a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco”, apuntou a alcaldesa. 


(12/03/2016)

O FALLO DA IV EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RETRASARASE ATA O 31 DE MARZO DEBIDO Á ALTA PARTICIPACIÓN

O fallo da cuarta edición do concurso de Microrrelatos de Parada de Sil, instituido grazas á aportación realizada polo catedrático Eduardo Prieto, orixinario deste concello, retrásase ata o próximo 31 de marzo, xoves, en vez do día 17, como se sinalaba nas bases da convocatoria. O cambio débese á alta participación rexistrada, con 625 traballos presentados, que esixe un maior prazo de tempo para que o xurado poida levar a cabo o seu cometido co rigor necesario. A entrega do premio aos galardoados terá lugar o sábado 14 de maio, na casa do Concello, coincidindo coa celebración dos actos das Letras Galegas, como ven sendo tradicional.


(12/03/2016)

O CONCELLO PORÁ UN AUTOBÚS PARA ASISTIR Á FEIRA DO VIÑO DE AMANDI, QUE ESTE ANO ESTARÁ ADICADA A PARADA DE SIL

Parada de Sil será o concello invitado na trixésimo sexta edición da Feira do Viño de Amandi que terá lugar os días 19 e 20 de marzo. Os actos terán lugar no segundo día do certame de exaltación do viño e con tal motivo o concello de Parada porá un autobús á disposición dos veciños que queiran asistir, ainda que é condición imprescindible que se xunten un mínimo de quince peticións. De ser así, o autocar sairía o devandito domingo 20 de marzo ás 10,00 da mañán da Praza do Barquilleiro e voltará de Sobor ás 18,00 horas. Os interesados poderán anotarse ata o xoves 17 de marzo nas dependencias do propio Concello, ou chamando ó teléfono 988 208010.


(09/03/2016)

CURSO BÁSICO PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ OFICIAL DE MANIPULADOR-APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

Dende o pasado 30 de novembro de 2015, usuarios e vendedores de produtos fitosanitarios deben estar en posesión dun carné que acredite coñecementos apropiados para exercer a sua actividade conforme ó disposto no Real Decreto 1311/1012. A norma afecta a particulares que adquiran e/ou apliquen produtos fitosanitarios; ós agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación; ó persoal auxiliar das empresas e outras entidades adicadas á aplicación de produtos fitosanitarios. A modalidade do curso será presencial e terá unha duración de 25 horas. Será impartido nas dependencias do concello de Parada de Sil. O curso de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios de nivel básico é totalmente individualizado, no que o asistente aprenderá tanto a manipulación do produto como a calcular as cantidades necesarias do mesmo para a sua aplicación sen riscos. Os participantes recibirán un carné oficial expedido pola Consellería do Medio Rural. As inscricións haberán de formalizarse no concello ou chamando ó teléfono 988 20 80 10 ata o 31 de marzo. O prezo seá de 50 euros mais taxas (8,82 €) por alumno empadroado; 70 euros mais taxas (8,83 €) por alumno non empadroado.


(09/03/2016)

XORNADAS TÉCNICAS DE PODA E INXERTO DE CASTAÑOS

O próximo sábado día 19 de marzo terá lugar no concello de Parada unha xornada técnica sobre poda e inxerto de castaños, cun programa que dará comezo as 09,30 horas, ca recepción dos asistentes. Ás 10,00 terá lugar a acción teórica, que abranguerá ao inxerto, generalidades sobre púa e patrón, obxectivos do inxerto, obxectivos da poda, formas de operar, época de poda, e ferramentas. Ás 11,30 terá lugar a saída hacia unha finca de castaños, onde entre as 12,00 horas e as 14,00 terá lugar unha acción práctica de poda e inxerta. Os teléfonos para inscripcións son o 988 391 085 ou 988 317 946. Tamén se poderán formalizar a través do correo ctc-inorde@inorde.com, ou no propio concello de Parada.


(09/03/2016)

BANDO DA ALCALDESA AVISANDO DAS REVISIÓNS DE ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, fixo público un bando no que fai saber a todos os propietarios de vehículos agrícolas que o día 30 de marzo, en horario de 9,00 a 13,30 horas e de 15,15 a 18,00 horas levaranse a cabo no concello (na nave da Deputación), as inspeccións periódicas por parte da Estación ITV. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com – cita previa.


(07/03/2016)

PARADA CONVOCA A NOVENA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ROSA PONS FABREGAS, NAS CATEGORÍAS "VISIÓNS DE PARADA DE SIL" OU "LIBRE"

O Concello de Parada de Sil ven de convocar a novena edición do Concurso Fotográfico “Rosa Pons Fábregas”, nas suas categorías habituais: “Visións de Parada de Sil” ou ben “Libre”. O certame ten o doble obxectivo de fomentar a creatividade e, paralelamente, dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello. Ainda se podería considerar un terceiro, xa que na modalidade libre preténdese tamén espallar a arte da fotografía. O premio, que conta cunha dotación de 1.500 € nas suas duas categorías (800 para a categoría “Visións de Parada de Sil” e 700 para a modalidade libre) está patrocinado por Camilo Yáñez Pons, destacado filántropo con Parada de Sil e fillo da lembrada mestra de Parada, Rosa Pons. A data límite para a presentación de traballos é o día 31 de xullo, en tanto que o fallo do xurado daráse a coñecer o día 13 de agosto. As bases do concurso poden ser consultadas no documento adxunto.


Descarga las bases en este enlace.


(29/02/2016)

O CONCELLO DE PARADA DE SIL PON EN VALOR A SÚA BIODIVERSIDADE


O Concello de Parada de Sil, da man da alcaldesa, Yolanda Jácome, está a desenvolver un proxecto de interpretación ambiental para a valorización da Biodiversidade no concello. Este nicho de atracción de visitantes, aínda sen explotar estará en pleno funcionamento antes do verán coa posta en práctica dun conxunto de paneis con información elaborada sobre a vexetación e, en menor medida, sobre animais. Preténdese que os contidos transmitan curiosidades e información amena capaz de asegurar a participación activa de todos os visitantes, especialmente dos nenos e nenas. Por elo incluiranse paneis de contido interactivo. 

Parada de Sil, que forma parte da zona de transición entre as rexións atlántica e mediterránea de Galicia e suma a isto unha gran variabilidade en altitude, que vai da alta montaña á ribeira, permite que os sentidos dos visitantes gocen dunha biodiversidade vexetal e faunística singular, dominada por hábitats e especies nativas e endémicas. A autora do proxecto e a bióloga ourensá Lucía Latorre Piñeiro que ven de rematar un proxecto de preservación da integridad ecoloxica nas illas Seychelles. Nesta primeira fase do proxecto está prevista a colocación dunha serie de paneis no entorno do canón do Río Mao. Co obxecto de que queden perfectamente integrados na paisaxe, a recoñecida arquitecta paisaxista galega Isabel Aguirre, que ren recibido numerosos galardóns mesmo algúns destacados de ámbito internacional, desprazouse ata Parada de Sil para acompañar a autora do proxecto e mais á alcaldesa co obxecto de asesorar sobre a ubicación dos mesmos ó longo da ruta do canón do Mao, hoxe PRG-177, ruta circular homologada pola Federación Galega de Montaña.


(10/02/2016)

PARADA BRILLOU A GRAN NIVEL NA SEGUNDA XORNADA DE “XANTAR” EN EXPOURENSE


Parada de Sil acadou un importante protagonismo na segunda xornada da decimoséptima edición do certame gastronómico Xantar, que tivo lugar en Expourense. O stand municipal foi visitado pola comitiva oficial, integrada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a vicepresidenta da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín; a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, acompañada polo concelleiro de Cultura, Francisco Magide, e outros membros do equipo de goberno; a concelleira de Turismo de Ourense, Isabel Castelo, e os representantes de Porto e Norte, Carlos Ferreira, e da Cámara municipal de Vila Real, José María Magalhaes, respectivamente. As autoridades visitaron o stand de Parada, onde foron recibidas polas autoridades municipais e un bon número de empresarios, comerciantes e veciños desprazados para a ocasión.

Asimesmo, obtivo un importante éxito a oferta gastronómica do restaurante que representaba ao concello de Parada de Sil. O concello de Parada presentou pola mañán a Casa Museo do Chocolate de Teimende, a única destas características existente en Galicia, con presencia da alcaldesa, Yolanda Jácome, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, xunto co xornalista Lalo Pavón, en representación da familia Casares, cesionaria do inmoble e a maquinaria da antigua fábrica de chocolates de Teimende. O acto contou cunha notable asistencia de público. Os representantes municipais anunciaron a colocación de sinais identificativas nas inmediacións do inmoble, así como a existencia de xestións avanzadas para fabricar chocolate destinado á venda, co nome das industrias Casares. Pola tarde, Yolanda Jácome, voltou a intervir na tribuna oficial do certame para suliñar o esforzo feito polo concello de Parada a través das acción postas en marcha para impulsar a actividade económica, da man, fundamentalmente, do turismo, a castaña e o viño.

Precisamente o viño foi protagonista pola tarde, pois María José Yravedra, responsable e “alma mater” da adega Ronsel do Sil, ofreceu unha cata dos seus caldos, que obtiveron unha excepcional acollida por parte dos participantes. (ver Enoturismo).



(10/02/2016)

PARADA DE SIL, LUGAR MAIS BONITO DE GALICIA SEGUNDO A WEB VIAJESTIC ATRESMEDIA


O concello de Parada de Sil foi elixido como o pobo máis bonito de Galicia dentro do portal de turismo e viaxes Atresmedia "Viajestic", e agora está á espera de poder conseguir a mesma distinción no ámbito estatal. O grupo de goberno de Parada de Sil inscribiuse no concurso desta web en xaneiro, resultando elixido grazas aos votos recibidos dos internautas. O concello tivo coñecemento do resultado o 6 de febreiro e agora concursa para ser o pobo máis bonito de España cuxo período de votación está aberto ata o 26 de febreiro. A distinción a nivel galego encheu de satisfacción á alcaldesa, Yolanda Jácome, e o seu equipo de goberno. Segundo a rexedora, Parada ofrece moito que ver, como os canóns do Sil, o mosteiro benedictino de Santa Cristina, a pasarela do río Mao, os balcóns de Madrid, a necrópole de San Vítor, ademais dunha paisaxe privilexiada co colorido dos viñedos e os bosques de castiñeiros.


(04/02/2016)

ÉXITO NA IV EDICIÓN DA FESTA DA PISA DA CASTAÑA EN PARADA DE SIL, CON ALTA PARTICIPACIÓN POPULAR


Parada de Sil acadou un importante protagonismo na segunda xornada da decimoséptima edición do certame gastronómico Xantar, que tivo lugar en Expourense. O stand municipal foi visitado pola comitiva oficial, integrada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a vicepresidenta da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín; a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, acompañada polo concelleiro de Cultura, Francisco Magide, e outros membros do equipo de goberno; a concelleira de Turismo de Ourense, Isabel Castelo, e os representantes de Porto e Norte, Carlos Ferreira, e da Cámara municipal de Vila Real, José María Magalhaes, respectivamente. As autoridades visitaron o stand de Parada, onde foron recibidas polas autoridades municipais e un bon número de empresarios, comerciantes e veciños desprazados para a ocasión. Asimesmo, obtivo un importante éxito a oferta gastronómica do restaurante que representaba ao concello de Parada de Sil. O concello de Parada presentou pola mañán a Casa Museo do Chocolate de Teimende, a única destas características existente en Galicia, con presencia da alcaldesa, Yolanda Jácome, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, xunto co xornalista Lalo Pavón, en representación da familia Casares, cesionaria do inmoble e a maquinaria da antigua fábrica de chocolates de Teimende. O acto contou cunha notable asistencia de público. Os representantes municipais anunciaron a colocación de sinais identificativas nas inmediacións do inmoble, así como a existencia de xestións avanzadas para fabricar chocolate destinado á venda, co nome das industrias Casares. Pola tarde, Yolanda Jácome, voltou a intervir na tribuna oficial do certame para suliñar o esforzo feito polo concello de Parada a través das acción postas en marcha para impulsar a actividade económica, da man, fundamentalmente, do turismo, a castaña e o viño. Precisamente o viño foi protagonista pola tarde, pois María José Yravedra, responsable e “alma mater” da adega Ronsel do Sil, ofreceu unha cata dos seus caldos, que obtiveron unha excepcional acollida por parte dos participantes.



(15/01/2016)

CUARTO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA

O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

BASES:

1.  Os autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota,nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe,ademais dunha trama paradóxica e sorprendente.

2.  Os microrrelatos son de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Poderán presentarse un máximo de dous microrrelatos por autor.

3.  A extensión do texto non excederá as 200  palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, e tipo de letra TimesNew Roman de 12 puntos.

4. O prazo de entrega finaliza o 4 de marzo de 2016.

5.  Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo:“Concurso Microrrelatos, Ayuntamiento de Parada de Sil”,  Praza Campo da Feira nº 1  32740  Parada de Sil  Ourense.

6.  Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, o autor, o seu enderezo  e os seus teléfonos fixo e móbil.

7.-O concello como organizador designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.

8.-  O fallo do xurado farase público o 17 de marzo do 2016  sendo inapelable.

9.-  Dotación e fallo do premio: 1º Premio: 1.000 € / 2° Premio: 500 €

10.- A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.

11.-Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo. 

Parada de Sil 14 de xaneiro 2016. A Alcaldesa. Yolanda Jácome

Descarga as bases neste enlace.


(12/01/2016)

OS BALCÓNS DE MADRID, NO CONCURSO DE TVE “SABER Y GANAR”

Na sua edición do 8 de xaneiro, os Balcóns de Madrid foron protagonistas do concurso de TVE “Saber y ganar” que se emite todos os días na sobremesa a través de “La 2”, presentado por Jordi Hurtado. Trátase dun espazo con grande prestixio, xa que leva en antena ininterrumpidamente dende febrero de 1997, sempre co mesmo formato e co mesmo presentador. Nesta ocasión preguntáronlle a unha das concursantes cómo se chamaba o mais famoso miradoiro do Canón do Sil, entre as provincias de Lugo e Ourense. Para ver esa parte do concurso prema no seguinte enlace. A pregunta sobre os Balcóns aparece a partir do minuto 22,40 de programa. http://www.rtve.es/alacarta/videos/saber-y-ganar/saber-ganar-08-01-16/3438683/.


(11/01/2016)

YOLANDA JÁCOME: “O PRINCIPAL PROBLEMA DO RURAL É O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, afirma nunha entrevista publicada polo xornal La Región, que o principal recurso do concello é o turismo, e que os veciños “debemos crer que se pode vivir dél”, así como que o principal problema do rural galego é o envellecemento da poboación. Sigue a entrevista completa premendo no seguinte enlace: http://www.laregion.es/articulo/ourense/yolanda-jacome-nuestro-motor-turismo-y-debemos-creer-puede-vivir/20160105090518591300.html.


(01/12/2015)

ÉXITO NA IV EDICION DA FESTA DA PISA DA CASTAÑA EN PARADA DE SIL, CON ALTA PARTICIPACIÓN POPULAR


Cerca de catrocentas persoas participaron nesta edición da Pisa da Castaña que escomenzóu en Purdeus ás 11,30 da mañá cUn saúdo da alcaldesa Yolanda Jácome Aos presentes no que puxo de relevo a importancia de recoller as tradicións dos maiores para conservar a memoria. Esta festa, que ten un alto valor etnográfico, dado que é un proceso que escomenza quince días antes secando as castañas nun canizo e movéndoas con un rodo todos os días, algo que fan os veciños voluntariamente, visualízase no día da pisa. Duas persoas no sequeiro botan as castañas nas saquetas que son tiradas por un ventanuco para que as que van a pisar (golpear contra o pisón, consistente nun talleiro de madeira) as recollan. Unha vez golpeadas hai que cribalas, que quizá sexa o máis difícil e o máis espectacular, porque esixe destreza, forza nos brazos e cintura, con moito movemento de cadeira. En paralelo instaláronse postas de artesanía, cervexa de castaña, viño das adegas da Ribeira Sacra, queixos, marmeladas e, como non, os barquillos, para que todos os asistentes puidesen ter un recordo do día, que por certo, estivo magnífico o que permitíu aos asistentes disfrutar, como se pode ver nas fotografías, dunha paisaxe multicolor. Tamén se puideron ver nos castiñeiros uns carteis con refráns alusivos a castaña. Participou o Colexio Virxe dos Remedios de Castro Caldelas elaborando uns debuxos en Primaria que estiveron colocados nun dos postos e fíxose entrega do premio os gañadores. As dúas e media celebrouse un xantar no que participaron máis de 200 comensais e todo elo animado polo grupo musical Os Trabazos de Castro Caldelas. Todos os presentes xa quedaron convocados pola alcaldesa para a celebración da V edición o vindeiro ano. Yolanda Jácome agradeceu aos veciños a súa colaboración para que este evento sexa posible.



(30/11/2015)

UN XOVE CINEASTA ORIXINARIO DE PARADA DE SIL COMPETIU CUNHA LONGAMETRAXE NO FESTIVAL DE SEVILLA

O seu documental “Verengo” naceu dunha experiencia persoal e familiar sobre os avós e o paso xeneracional


Víctor Hugo Seoane, un dos xóvenes valores do cine galego, competiu no Festival de Cine Europeo de Sevilla con “Verengo”, a sua primeira longametraxe que leva un título nada casual, pois ainda que naceu en Vigo porque os seus pais estaban alí, as suas raíces están moi chantadas na Ribeira Sacra, pois o seu pai é de Verengo e a sua nai de Teimende, dous pobos de Parada de Sil; alí viviron e naceron os seus avós. “Íamos moitos fins de semana a Verengo e Teimende, pois a familia xuntábase para facer as faenas en común”, lembra. Na adolescencia puxo encuarentena a sua relación ca aldea, pois era a fase da pandilla, os amigos e, tamén, de marcar territorio propio fronte ó paraugas paterno e materno. Foi como a premonición de que o seu futuro ía estar guiado polas decisión propias..

“Sempre fun un neno moi televisivo”, dí, para explicar a sua querencia pola interpretación e o audiovisual. Formou parte do cadro de alumnos-actores do instituto Santa Irene, no que impartía clases Ferrín, se ben “nunca conseguín ser seu alumno”. Con ises vimbios non pode estranar que o cesto da persoalidade daquil rapaz tivera forma de esceario ou de plató, pero os pais tensaron a corda para o outro lado. Ó final, nen para un nen para os outros, saiu unha cousa así pola metade, pois Víctor apagou aquela luz na testa que lle alumeaba o camiño e o chamaba cara a RESAD (Real Escuela Superior de Arte Dramático), por exemplo, pero tampouco se viu obrigado a meterse en Clásicas ou Medicina –outro exemplo-, así que acabou matriculado en Comunicación Audiovisual e Humanidades. Foi unha sorte de entente cordiale da que se sinte satisfeito por como evolucionou. Dende aquiles 18 anos xa non perdería a independencia, mais sen romper lazos co berce nin ca historia familiar. Como dixera Valente, tal vez o feito de irse fose o xeito de ficar para sempre, así que pasou catro anos de estudante en Madrid, outro como Erasmus nunha escola de cine en Praga, seguido dun tempo en Granada e logo outros dous anos en Alemania. Voltou a Galicia en 2008 e fixo as duas primeiras curtas e, sen sabelo, empezou a xestar “Verengo”, a sua primeira longa, exhibida en Sevilla con gran aceptación. Víctor defínea como “un documental da realidade, pois nas curtas sempre fixen ficción”, que xurdíu “dunha experiencia persoal e familiar. O retorno á terra coincidíu co achado dunhas cintas que meu pai gravara cando meu irmán era pequeno e tiña –o meu pai- mais ou menos a idade que eu teño agora”. “Nese contexto, unha tía preguntábame –era unha invitación- porque non ía a Verengo para filmar ós avós e facer un video de familia, que ela me pagaría”..

Alí retomou o contacto co rural da infancia e topouse outra vez ca Ribeira Sacra. “Empecei a ir cada pouco, cada vez mais tempo, sobre todo en 2009 e 2010, durante cinco anos, de xeito que o que empeozu nun retrato familiar acabou a coller forza e vin que merecía a pena”. Do certame compostelán Cineuropa pedíronlle se podía mandar “algo novo” e enviou unha montaxe do documental. Aquelo gustou, así que “empezaron a animarme a darlle mais corpo”, polo que “seguiu evolucionando e crecendo como película, que foi no que rematou”. Apunta Víctor Hugo Seoane que o proxecto dilatouse no tempo “porque non entendía como remátalo. Falaba do ciclo da vida, da familia, tiña aos meus avós no final meténdose na cama”. Nese tempo “naceu o meu fillo, que resultou determinante para a historia, pois ise acontecemento deulle novo sentido ó traballo, con reflexións sobre o paso do tempo, sobre todo nese lugar tan conectado aos ciclos biolóxicos… así como o paso xeneracional e familiar”. Paralelamente a todo iste proceso, no 2010 foi ó mítico centro educativo de O Pelouro, en Tui. “Cheguei alí para facer unha curta e acabeime quedando como profesor”. E alí sigue, alternando o seu labor e a sua implicación nun proxecto educativo singular, coa actividade de creación audiovisual. De momento, o próximo día 9 vivirá un momento especial, pois proxectarase “Verengo” en Sevilla, xa como proxecto rematado, pois a versión enviada no seu día a Cineuropa foi “como obra en proceso de elaboración”. Víctor Hugo non oculta a sua alegría, pois a presencia nun festival de tanta sona como este “suporá unha gran difusión e levar “Verengo” fóra de Galicia, xa que o certame soe xerar bastante eco para outros festivais e para programacións”. En definitiva, “abre as portas a ir a outros festivais e incluso ao estranxeiro”. Os proxectos de futuro están condicionados polos compromisos vitais e laboráis. “O meu fillo e o traballo en O Pelouro condicionan o aspecto creativo, porque ademáis concibo o cine como moi persoal”. Tén a sua vida repartida entre Madrid –onde traballa a sua compañeira- e Galicia, e dende que naceu o rapaz grava toda esa viaxe constante física e vital. “De feito fixen unha curta de Nadal en 2014 –titulado precisamente “Do voltar”- sobre o feito do retorno á terra”..

De tódolos xeitos, de cara ao futuro “teño moito material novo e, ademáis, ando con proxectos no mundo educativo”. A estas alturas xa queda claro que para Víctor Hugo é moito mais importante vivir que chegar. “Non me gustaría moito, nin tempouco me plantexo iso, vivir adicado exclusivamente ao cine”, afirma, a pesares de ser un apaixoado do medio. Por iso matiza. “O cine tén para min, como dicía, algo persoal e vivencial, como se ve en “Verengo” e non acaba de atraerme a idea de depender directamente dos ciclos de producción”, ainda que sí que lle gustaría “vivir do cine nun sentido amplo, contemplando a docencia, sen ter a obriga de facer exclusivamente películas; ademáis, se fas películas apartadas do ámbito comercial, como é o meu caso, resulta moi difícil. En resumo, “gustaríame poder moverme en ambientes relacionados co cine, a imaxe, o son, a introducción do audivodisual no ensino e como unha perspectiva para mirar a vida… Iso sí”.


(27/11/2015)

IV FESTA DA PISA. SÁBADO, 28 DE NOVIEMBRE.



(27/11/2015)

PARADA DE SIL CONTA CON UN MINICENTRO DE VISITANTES

No entorno do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, despois de  varios anos de estudos e propostas, ven de facerse unha construción de 24 metros de  “arquitectura en cova” con proxecto dos arquitectos ourensáns Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez.

A afluencia de visitantes ó longo deste ano pódese cifrar en máis de 20.000 persoas, en base ós datos de venda de entradas e extrapolacións feitas nas horas e días que non hai control das visitas e o mosteiro está pechado. Tal fluxo xenera un problema  dado que non hai baños no entorno. Por elo dende hai anos presentáronse varios proxectos para solucionar este problema e ademais engadir un espazo no que se poida recibir aos visitantes e ter unha minitenda de venda de produtos da Ribeira Sacra. Hoxe, segundo a alcaldesa, Yolanda Jácome, “estas demandas están resoltas” e ó seu entender de xeito totalmente integrado na paisaxe xa que a construción faise a costa do terreo existente mediante osistema de arquitectura en coba, cun proceso de substración e non de adición, polo que non se produce invasión do espazo e mantense a escarpada pendente natural.

Os arquitectos prantexaron nunha fachada totalmente mimetizada co terreo, proxectándose como unha rocha que xurde entre a frondosa vexetación, quedando o formigón visto con color castaño escuro e unha textura gravada imitando as ramas dos castiñeiros. Di Freixedo  que  “a intención é que se produza un proceso natural enriba do formigón, deixando que a auga esvare e humedeza os gravados, ó que medran musgos no inverno que desaparecerán no verán producíndose un proceso de envellecemento que creará unha integración total na paisaxe.

A obra que foi executada pola empresa Díaz Caldelas, contou cun presuposto de 60.194,78 euros e foi posible grazas a sinatura dun convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a quén a alcaldesa expresa o seu agradecemento público. Deste xeito o concello só tivo que aportar 20.396,58 3 euros, correndo o resto a cargo da Xunta.

O Centro abrirá a principios do vindeiro ano e a parte de contar cos aseos e centro de venda de entradas de acceso ó Mosteiro contará con productos da Ribeira Sacra que poderán ser adquiridos polos visitantes como recordo da súa presenta nun lugar único conformado polo Cañón do Sil, o bosque de Merilán de cautiverios e a xoia do románico da Ribeira Sacra, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.



(11/11/2015)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE OUTONO (NOVEMBRO)


(11/11/2015)

PARADA CELEBRARÁ O SÁBADO 28 DE NOVEMBRO A CUARTA EDICIÓN DA FESTA DA PISA EN PURDEUS

O sábado 28 de novembro terá lugar en Purdeus (Chandrexa), a cuarta edición da Festa da Pisa, que dará comenzo as 11,30 da mañán cunha recreación da pisa da castaña, proceso tradicional da preparación das castañas secas, que estará aberta a todas as persoas que se acheguen ata Purdeus.

Paralelamente, entre as 11 da mañán e as catro da tarde, desenvolverase  a Feira de productos artesáns, con casetas nas que se exporán productos locais, como viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan ou bicas, entre outros.

Ás 14,00 horas dará comezo o denominado Xantar da Castaña, cun menú a base de empanada, xarrete estofado, sobremesas, bebidas e café, a un prezo de 10 euros por persoa. A comida terá lugar baixo unha carpa con calefacción para crear un ambiente mais agradable entre os participantes.

As reservas poderanse facer chamando aos teléfonos  988 208 010 ou 679 060 509. A organización agarda unha nutrida presencia de visitantes, xa que se trata dunha festa que foi medrando ano a ano dende a sua institución, ata o punto de que o pasado ano a pesares da intensa choiva caída ao longo de toda a mañán e mesmo á hora de xantar, encheuse o espazo habilitado para a comida.


(19/10/2015)

PARADA DE SIL CONTA CON CATRO DOS CATORCE LUGARES DE INTERÉS XEOLÓXICO DA RIBEIRA SACRA

O concello de Parada de Sil conta con catro dos catorce lugares de interés xeolóxico da Ribeira Sacra, segundo o proxecto SILXE, que deenvolve un primeiro inventario de Lugares de Interés Xeolóxico para os concellos de Esgos, Nogueira de ramuín, Parada de Sil e A Teixeira na provincia de Ourense, como primeiro paso para afrontar novas oportunidades de crecemento arredor do seu patrimonio xeolóxico, foco de interés para o turismo, a actividade docente e a investigación.

Ademais dos lugares de interese clasificados, no entorno atópanse outros tamén interesantes para o turismo xeolóxico na provincia, que no caso de Parada son a vista da xeomorfoloxía do Cañón do Sil dende o Monte Meda; meandro escavado na rocha no cañón do río Mao; mirador sobre o cañón do Sil, canteira e morfoloxía granítica en Farfaleiro (Fontiñas); estruturas erosivas, marmitas de xigante no río Mao, xunto á ponte de Conceliños; canteira abandoada con granito rico en granates e dique de pórfido moi alterado; neveiro ou pozo da neve no collado de Campo do Eriado, na estrada a Xunqueira de Espadañedo; marmita de xigante colgada sobre o río no inicio do canal antigo do cañón do río Mao; Auga Blancas, sulfurosas de orixe termal nas proximidades da localidade de Calvos, e contacto entre granito e neis “Ollo de Sapo” de grao fino, cerca de San Lourenzo de Barxacova.




(19/10/2015)

ABERTO O PLAZO DE INSCRIPCIÓN PARA AS ANDAINAS DE MAIORES E CATIVOS QUE TERÁ LUGAR O 7 DE NOVEMBRO

Está xa aberto o prazo de inscripción para participar nas andainas para maiores e cativos, que chegan á sua novena edición. A marcha terá lugar o próximo día 7 de novembro, con saída ás 9,30 horas da mañán para os maiores e ás 11,30 para os cativos. A proba senior terá un recorrido de 18,5 kilómetros de lonxitude. A hora límite de chegada está fixada para as 14,30. Durante , en tanto que a dos pequenos terá tres kilómetros. No traxecto dos maiores haberá dispostos catro puntos de avituallamento líquido e dous de froitas. Ó remate haberá xantar e bebida.

Pola tarde haberá magosto gratuito en Sacardebois, con castañas, chourizo e viño. Para mais información, premer no enlace seguinte: 

http://www.ribeirasacracm.org


(10/10/2015)

PARADA DE SIL QUERE APUNTALAR O FLUXO TURÍSTICO CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O OUTONO

MÁIS DE 12.000 PERSOAS VISITARON O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL NO PASADO MES DE AGOSTO.


Parada de Sil consolídase como concello turístico despois da progresión constante de visitantes que recibe ó longo dos últimos anos, como o certifica o feito de que mais de 12.000 personas pasaran polo mosteiro de Santa Cristina no pasado mes de agosto.

O traballo de promoción e a ampliación da oferta e das infraestruturas por parte do goberno municipal “ten contribuido decisivamente ó forte incremento no número de visitantes”, segundo afirma a alcaldesa Yolanda Jácome, quen engade que ca actividade rexistrada no sector do viño e da castaña, “están facilitando o despegue socioeconómico de Parada de Sil”.

Convencida de que o labor iniciado polo seu antecesor, Francisco Magide, ten convertido o turismo nun dos eixos clave na recuperación da Ribeira Sacra, a rexidora de Parada anuncia que o seu equipo quere “dar un acelerón para conseguir que no resto do ano se manteña o fluxo de turistas” en busca da maior desestacionalización posible.

Para elo, o concello vén de poñer en marcha o programa de actividades para o outono, que chegan a sua cuarta edición baixo a denominacion de “Descobre as paisaxes ao son da caída da folla”. Segundo a alcaldesa, o obxectivo é “lograr que o concello resulte ainda mais atractivo para os visitantes”.

Este ano a oferta vese incrementada debido a que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra pon en marcha un programa propio con motivo da “Caída da Folla”, que xa escomenzou o pasado día catro, primeiro domingo do mes cunha ruta de sendeirismo guida, polo miradoiro de Cabezoás, no entorno de Fondodevila (Ruta de Castiñeiros e Carriozas) con magosto picnic na zona dos Balcóns de Madrid.

Esta actividade repetirase o próximo día 11. O día 12 e tamén promovido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra coa organización de “Rutea Guías de Ourense”, desenvolverase unha actividade de “Geocaching” polos alrededores de Parada de Sil, dirixida a familias.

Os participantes terán que buscar varios tesouros relacionados coa castaña, ó tempo que van coñecendo aspectos da vida e tradicións do concello.

Paralelamente están previstos xogos para cativos na zona dos Balcóns de Madrid. A información detallada destas actividades pode verse na web do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, onde figuran as instrucións para a inscrición. Xa organizado polo concello de Parada de Sil e outras entidades locais, o 7 de novembro terá lugar a IX Andaina da Castaña para adultos e cativos coincidindo coa festa máis tradicional do Magosto de Sacardebois onde se poderán degustar pola tarde chourizos, castañas e viño de xeito gratuito. 

O día 15 de novembro terán lugar as III Xornadas Micolóxicas na Fábrica da Luz, auténtico centro dinamizador do concello. 

O día 21, está programada a I Maratón Fotográfica de Parada de Sil, dende as 10 da mañan ata as 20 horas.

Subliña a alcaldesa de Parada que quenes acudan “han ee vir preparados para disfrutar de tanta beleza como supón a caída da folla das viñas e dos castiñeiros nos bancais, pois constitúen un espectáculo cromático que asombra ós visitantes”. 

Como colofón as actividades, o día 28 de novembro celebrarase a terceira edición da Festa da Pisa da Castaña e Feira de produtos locais en Purdeus, “festa de recuperación da nosa historia na que iste labor, hoxe festivo, era un traballo que logo reportaba alimento para unha boa parte do ano.

A iniciativa ten un forte compoñente etnográfico e vai acompañada por unha feira de produtos da zona que van dende bica de castaña ata queixo de cabra, barquillos ou cervexa de castaña. 

A maiores, ó longo de todos os fins de semana do mes de novembro, os restaurantes do concello ofrecerán menús elaborados a base de castañas.

(13/09/2015)

OS BALCÓNS DEMARID, PORTADA NUN FOLLETO TURÍSTICO DA XUNTA PARA PROMOCIONAR O OUTONO NA COMUNIDADE GALEGA

Unha imaxe ca vista do canón do Sil dende os Balcóns de Madrid é a portada dun folleto turístico editado pola xunta para promocionar o turismo de natureza no outono dentro da Comunidade. O traballo titúlase “Vive un outono de altura” e subtitulado “Prepárate para gozar de grandes experiencias en plena natureza e sen sair de Galicia”.

No interior, o folleto, de catro páxinas a cor, fai énfase nos centros BTT, dos que dí que “se o teu é descubrir novos camiños sobre dúas rodas, atoparás o plan perfecto na rede de Centros BTT Galicia: espazos ó aire libre deseñados e preparados para a práctica da bicicleta de montaña”. Na rede de centros BTT de Galicia está o da Ribeira Sacra. Tamén fai mención á ornitoloxía, “unha actividade única para achegarte ás paisaxes autóctonas dende unha perspectiva singular”, nomeando todos os espazos naturais de Galicia.

 

Por último, ofrece outra alternativa invitando a desconectar “do día a día percorrendo os recunchos mais virxes da nos aterra. Déixate envolver polo aroma, as cores e os sons dunhas paisaxes inigualables, cunha fauna e unha flora dignas de admirar”. Entre elas apunta os bosques da Ribeira Sacra, que xunto ca ribeira adicada ó viño, adquire no outono unha beleza cromática indescriptible.

 

 

(17/08/2015)

O CERTAME AQUA MÚSICA, NOVA APOSTA CULTURAL PROMOVIDA POLO CONCELLO DE PARADA DE SIL

A primeira edición do certame de música coral Aqua Música, constitúe a nova aposta cultural do concello de Parada, que terá lugar o próximo sábado 22 de agosto, a partires das 20 horas, na igrexa de Santa Mariña.

O evento está organizado pola coral Aqua Música de Ourense e conta coa colaboración do concello de Parada de Sil e do Consorcio de Turismo Riberira Sacra. Nel participarán catro corais, tres galegas e unha portuguesa. Trátase da Agrupación Breogán, de San Pedro de Moreiras; a Coral Cantemos, de Salvaterra de Miño; e o grupo popular Os Teimosos de Monçao (Portugal).

 

É un certame non competitivo no que cada coral deleitará ó publico asistente con catro cancións. Recorda a alcaldesa Yolanda Jácome que o ano pasado actuou a coral madrileña San Viator, causando profunda satisfacción entre os aistentes, cousa que agarda se repita este ano.

 

O concello quere agradecer a coral Aqua Música a súa aposta porque este certame de corais Ribeira Sacra se organice en Parada de Sil, e como todo o que se fai dende hai oito anos, segundo manifestación da alcaldesa, coa esperanza de que teña vocación de continuidade.

 

 

(26/07/2015)

O GRUPO MEROPE PECHA O CICLO DE MÚSICA "ECOS DA PEDRA - SONS DA TERRA" EN SANTA CRISTINA O DÍA 2 DE AGOSTO

Yose Álvarez Mesa, de Amao (Asturias), foi a gañadora da terceira edición do concurso de microrrelatos Ayuntamiento de Parada de Sil-Ribeira Sacra, con el trabajo “Casa Nueva”. El segundo premio fue para el microrrelato titulado “Duascentas liñas” de la autora Manuela Vicente Fernández, de Viana do Bolo, en Ourense. Ademais, o xurado considerou facer oportuno facer unha mención especial ó traballo titulado “Festín de Cuervos” da autora sevillana Lola Márquez González. Ao certamen concurriron 546 microrrelatos pertencentes a 464 autores procedentes de todas as comunidades autónomas. O xurado, que suliñou a calidade dos traballos presentados, estivo formado polos profesores e escritores Antonio Carreño e Edelmiro Vázquez Naval e polo profesor Arturo Fernández Nóvoa. A entrega de premios está prevista para o próximo 16 de maio, nun acto que con tal motivo organiza o concello de Parada na honra das Letras Galegas e que terá lugar na Casa do Concello. Tanto a participación como a calidade dos traballos presentados fan que o certame esté xa totalmente consolidado e sexa considerado como un dos importantes nos círculos literarios.

 

(14/03/2015)

SAN LOURENZO DE BARXACOVA INAUGURA NOVO LOCAL SOCIAL

Hai perto dun ano que o concello de Parada de Sil presentou ó proxecto Leader, a través do GDR 11 con sede en San Xoan de Río, un proxecto para rehabilitar unha casa en ruínas e convertela nun local social que permita que os veciños poidan reunirse, dado que no pobo non hai bar nin tenda, lugares habituais de encontro. Ademais este local por estar situado en plena ruta do Canón do Mao e no camiño das tumbas antropomorfas de San Victor de Barxacova, poderá ser utilizado tamén polos visitantes para repor forzas. O proxecto tivo un importe de 34.537,55 euros dos que o Leader aportou 18.196,44. E foi adxudicado a empresa Ambar Bioconstruccións.

O alcalde, Paco Magide, considera que este tipo de locais permiten a socialización sobre todo das persoas maiores, e con tal motivo leváronse a cabo conversas con Sara Pérez, veciña propietaria do inmoble, que donou a adega que agora é o novo local. Esta cesión pon de relevo as sinerxias que se están a establecer entre particulares e concello e que repercuten na mellora da calidade de vida dos veciños.

 

Tomouse o acordo de porlle como nome Local Social Gabino Pérez na honra do pai de Sara, e como dixo o alcalde no acto de inauguración, quen conserva a memoria do pasado pode construír o futuro con máis acerto. Con tal motivo colocouse unha placa de recordo.

 

Rematouse o acto agradecendo a Sara a súa xenerosidade e degustando uns saborosos pinchos feitos polos veciños que disfrutaron do evento e que xa están pensando nas partidas de cartas e reunións a facer.Ó acto asistiron un grupo de veciños e algúns nenos o que aumenta a ledicia de todos.

 

 

(14/03/2015)

A FÁBRICA DA LUZ, ABERTA DENDE O 20 DE MARZO

A Fábrica da Luz, retoma a actividade despois do parón invernal a partires do 20 de marzo. A partir desa data entrarán en funcionamento todos os seus servizos. Trátase dunha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construidas en Galicia a principios do século XX. Despois de moitos anos abandonada, foi recuperada polo concello como enclave sociocultural no medio da natureza e a beira do río Mao. Dispón de cantina, albergue e tamén posibilidades para a práctica de deporte o aire libre: sendeirismo, kayak, ademais de acoller iniciativas novedosas vencelladas á ecoloxía. O verán pasado acolle o festival Ecos da Luz, con música e talleres para os mais pequenos, nos que aprendían as posibilidades do sol como fonte de enerxía.

 

 

(10/03/2015)

 

ÉXITO DE PARADA EN "XANTAR"

O Concello de Parada pechou con éxito a sua presencia na última edición de "Xantar", certamen gastronómico organizado por Expourense. A presencia de público no stand do concello de Parada de Sil foi constante ó longo dos cinco días que durou o certame, tanto no restaurante como no espazo adicado á promoción de produtos elaborados no termo municipal, fundamentalmente viño, aceite, gastronomía e turismo. Asimesmo, contou con presencia de numeroso público a presentación do último libro de Antonio Carreño, catedrático emérito da universidade de Brown, en Estados Unidos, a un dos grandes expertos no Século de Ouro español. O traballo titulase "Crónicas de un maestro rural", no que inclúe historias contadas a través de artigos e colaboracións no xornal La Región.

O acto foi moi emotivo, pois no libro relátanse moitas historias das que o autor foi protagonista ou viviu en primeira persoa, de xeito que na escolma de artigos que o compoñen trázase a persoalidade e os avatares da vida persoal e profesional de Antonio Carreño.

 

 

(14/02/2015)

 

PARADA LEVARÁ A "XANTAR" GASTRONOMÍA, TRADICIÓNS E CULTURA

O concello de Parada de Sil estará presente, como xa é habitual, na próxima edición do salón gastronómico “Xantar”, que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo, onde contará cun stand propio no que se resaltará a gastronomía da comarca e tamén disporá dun interesante programa cultural.

Trátase dunha oportunidade extraordinaria para achegarse á realidade de Parada de Sil por parte dos ourensáns e dos visitantes que participen no popular evento gastronómico, polo que pasan cada ano varios milleiros de comensais. Parada, no corazón da Ribeira Sacra é a representación mais xenuina dunha zona privilexiada pola espectacularidade e beleza da sua orografía, cos Balcóns de Madrid como un dos seus expoñentes mais populares e significativos, ou a pasarela de Barxacova. Dispón, asimesmo, dunha grande riqueza patrimonial, histórica e cultural, co mosteiro de Santa Cristina como emblema, pero tamén con outros atractivos como a necrópole de San Vítor. Precisamente no eido cultural, o concello de Parada ten previsto acoller en Xantar a presentación dun novo traballo literario do profesor e escritor Antonio Carreño, doctor en Lenguas Romances por Yale e catedrático emérito da universidade de Brown e un dos principais expertos no Século de Ouro español.

 

Dentro do certame, todos os días a partires das 12 ofreceránse os barquillos típicos de Parada e pola noite, dende as 23,30 ofrecerase queimada. O menú constará de tres primeiros pratos e dous segundos a elixir, xunto con sobremesa e viño da Ribeira Sacra, como apunta o cartel que ilustra esta información.

 

Parada de Sil, 14 de febreiro de 2015

 

 

(14/01/2015)

 

PARADA DE SIL CONVOCA O TERCEIRO CONCURSO DE MICRORRELATOS "RIBEIRA SACRA"

Co animo de contribuír a descubrir talentos e estimular a imaxinación de todas as persoas e especialmente dos coñecedores da Ribeira Sacra, o concello de Parada de Sil ven de convocar a terceira edición do concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Concello de Parada de Sil”.

O concurso ten como principal novidade o aumento da cuantía xa que este ano terá un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 500 cando nas anteriores edicións os premios eran de 700 e 300 euros. O Alcalde quere agradecer publicamente ó patrocinador e mecenas do concurso, o catedrático xubilado e natural deste concello, Don Eugenio Prieto Pérez, a súa xenerosidade ó manter a colaboración e incrementar a cuantía.

 

Na convocatoria presentada ós medios, anímase á participación, facendo un exercicio de precisión no uso da linguaxe, para que algo pequeno en extensión teña un significado grande.

 

O prazo para enviar os microrrelatos remata o día 28 de febreiro de 2015 facéndose público o fallo o día 17 de marzo polo xurado designado para o evento e que estará presidido polo catedrático da Brown University, hispanista e veciño de Parada de Sil, Don Antonio Carreño O concello considera totalmente consolidado o concurso, posto que na edición do ano pasado se presentaron mais de 300 microrrelatos sendo o gañador o sevillano Jorge Pérez Andersen co traballo titulado “Opera”. Por outra banda, dada a difusión do concurso, no que participaron autores de todas as comunidades autónomas e varios países estranxeiros, enténdese dende o concello que contribúe de maneira positiva a difusión e publicidade deste lugar máxico chamado Ribeira Sacra que está no camiño de ser declarado Patrimonio da Humanidade. Parada de Sil a 14 de xaneiro de 2015

 

O Alcalde, Francisco Magide

 

 

 

(14/01/2015)

BASES PARA O III CONCURSO DE MICRORRELATOS "RIBEIRA SACRA"

O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

BASES:

 

1. Os autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe,ademais dunha trama paradóxica e sorprendente.

 

2. Os microrrelatos son de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Poderán presentarse un máximo de dous microrrelatos por autor.

 

3. A extensión do texto non excederá as 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, e tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

 

4. O prazo de entrega finaliza o 28 de febreirode 2015.

 

5. Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo: “ Concurso Microrrelatos, Ayuntamiento de Parada de Sil”, Praza Campo da Feira nº 1 32740 Parada de Sil Ourense.

 

6. Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, o autor, o seu enderezo e os seus teléfonos fixo e móbil.

 

7. O concello como organizador designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista Don Antonio Carreño.

 

8. O fallo do xurado farase público o 17 de marzo do 2015 sendo inapelable.

 

9. Dotación e fallo dopremio:

 

1º Premio: 1.000

 

2° Premio: 500

 

10. A inscriciónnestecertame supón a total aceptación das bases.

 

11. Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo.

 

Parada de Sil 14 de xaneiro 2015. O Alcalde: Francisco Magide Bizarro

 

 

 

(13/01/15)

O CICLO DE CINE DE INVERNO PROXECTARÁ "CÁNDIDA" O DÍA 17 DE XANEIRO

O próximo día 17 terá lugar a segunda sesión do Programa de Cine de Inverno, ca proxección da película "Cándida" no salón de sesións do Concello. trátase da primeira obra do showman e humorista radiofónico Guillermo Fesser, e protagonizada por Cándida Villar, no que se conta a desgraciada vida desta muller. Cándida, unha asistenta do barrio madrileño de San Blas, ten tres fillos e unha filla: un é drogadicto e vende as posesións da nai para pagar a droga que consume. Pasa polo cárcere e morre ó día seguinte de sair en liberdade; o outro fillo traballa de barrendeiro, pero déixao porque quere suicidarse, ainda que fracasa e acaba nun manicomio; o terceiro fillo traballa no metro, pero non quere saber nada da nai, o mesmo que a única filla, quen lle dí “e que nai, se te axudo a ti, non me podo axudar eu”.

Paco, que traballa nas noticias de Antena 3, atropella un día a Cándida e dalle o seu número de teléfono por se lle pasara algo. Cándida, tras traballar como asistenta para íl uns días, cóntalle os seus problemas e íste dase conta da carga que leva a muller dende a infancia. Despois de axudala a contar a historia de Javi na televisión, e empeza a vivir como sempre soñou. Pero un día recibe a chamada do seu fillo Julián para que volte, que a botan de menos íl e mais a avoa. Cándida colle un taxi para voltar ó barrio no que se criou, viviu e morrerá.

 

 

            Parada de Sil, 13 de xaneiro de 2015

OS MAGOS PASARON POR PARADA PARA AGASALLAR AOS NENOS E AOS MAIORES INTERNOS NA RESIDENCIA

Os Reises Magos de Oriente pasaron por Parada para deixar agasallos ós nenos do concello. Na transcurso da sua breve estadía, pasaron pola residencia de maiores "Luces do Sil", onde foron recibidos por un grupo de nenos, acompañados dos seus pais, a quenes as Suas Maxestades ofreceron caramelos e outras lambetadas, quedando para a noite o reparto dos xoguetes que foran pedidos polos mais pequenos. Porén a presencia de Melchor, Gaspar e Baltasar no fogar dos maiores, obedecía á intención das suas maxestades de agasallar a cada un dos mais de setenta internos, para evitarlles que tiveran que trasnoitar para recoller os presentes. Os Magos pasaron a un dos salóns do edificio, onde estaban os residentes e alí foron saudando un por un, ao tempo que o regalo asignado, de xeito que ninguén quedou sin o seu. Os agasallados amosaron a sua ledicia polo feito de que os reises se acordaran deles nunha data tan sinalada.

 

 

            Parada de Sil, 05 de xaneiro de 2015

 

A RADIO GALEGA FIXO O SEU MAGAZINE "A TARDE" DENDE A RESIDENCIA "LUCES DO SIL", PARA PROMOCIONAR O CONCELLO

O concello de Parada, con cara´cter experimental e co obxecto de fomentar a relación interpersoal, puxo en marcha o Primeiro Programa de Cine de Inverno durante os meses de decembro, xaneiro, febreiro e marzo, que erá lugar os terceiros sábados do mes ás cinco da tarde no salón de plenos da consistorial. Ó final da proxección abrirase un coloquio entre os asistentes, nos que aparticipará un cinéfilo, que dará pautas e claves sobre o filme do día. A finalidade desta actividade estriba en utilizar a proxección como un estímulo para a participación popular, ofrecendo as opinións e contando vivencias persoais, compartindo as tardes dos sábados dun xeito distinto; todo elo cun trasfondo pedagóxico. O ciclo discurrirá ó longo dos meses mais fríos do ano, nos que a xente é mais reacia a sair da casa, polo que se trata de contribuir a que os veciños saian e alternen a través da cultura en un entorno agradable. O ciclo escomenzou coa proxección de “Un franco, 14 pesetas”, dirixida e protagonizada por Carlos Iglesias, coñecedor de primeira man do mundo da emigración, na sua condición de fillo de emigrante que vivíu no país helvético a sua infancia ata a adolescencia.

O próximo film, que será proxectado o 17 de xaneiro será “cándida”, ópera prima de Guillermo Fesser. Trátase da historia dunha asistenta viúva do barrio madrileño de San Blas, que ten tres fillos e unha filla. O pequeño dos fillos é drogadicto (Javi) e quere ser cantante de flamenco; vende case todas as posesións da nai para financiar as drogas, ata que un día o meten no cárcere por roubar a unha panadeira cun cóitelo de plástico. No cárcere prende lume á sua cama para que o deixen libre. Morre ao día seguinte. Outro dos fillos (Julián), traballa de barrendeiro, ata que o deixa porque quere suicidarse. Despois de “intentalo” saltando dende unha ponte a medio metro do chan, fai que o metan no manicomio, de onde se escapa. Despois de sair na televisión falando sobre marcianos, volta ó manicopio e tras sair por segunda vez, acaba anuncios de "Viajes Marsans". O seu outro fillo traballa no metro, pero non quere saber nada da sua nai, ao igual que a sua filla, quen dí que “mamá, si te ayudo a ti, no me puedo ayudar yo…”./p>

 

            Parada de Sil, 05/12/2014

(05/12/2014)

PARADA DE SIL ADICA 365.000 EUROS A INVERSIÓNS NOS ORZAMENTOS PARA O 2015

No derradeiro pleno do concello celebrado o día 5 de decembro, e o que asistiron perto de 50 veciños a corporación municipal aprobou os presupostos para o ano 2015, que se incrementan lixeiramente en 12.000 euros sobre os do 2014. O alcalde amosou a súa satisfacción nun dobre aspecto, por un lado na posibilidade do incremento e por outro en que do total do presuposto 892.000 euros, 365.000 van o capítulo 6 de inversións reais. Neste capítulo o concello planifica a mellora no acceso ó Porto, un pobo da ribeira o que se chega con dificultade; tamén se consigna unha partida para complementar outras axudas e construír unha nave para a recolección e clasificación de castañas, un dos elementos importantes da economía productiva de Parada de Sil. Asimesmo sinalou o alcalde a importancia da aprobación por unanimidade dos citados presupostos pondo por enriba de interese partidarios os intereses municipais.

Tamén se aprobou por unanimidade a sinatura dun convenio coa Deputación provincial para dar de alta ó concello no dominio gal. O remate do pleno, como sempre os veciños trasladaron o alcalde suxerencias para realizar actuacións que redundarán na mellora da calidade de vida de todos./p>

 

            Parada de Sil, 05/12/2014

(22/11/2014)

 

A EXTRAORDINARIA ASISTENCIA CONSOLIDA A FESTA DA PISA COMO UNHA DAS MAIS ATRACTIVAS DE PARADA

(08/11/2014)

Parada de Sil celebrou o día 22 de novembro a Festa da Pisa das castañas, ca que se recupera unha tradición que en tempos pasados practicaban os veciños. A xornada desenvolveuse en Purdeus, onde se deu cita gran cantidade de xente, ata o punto de superar as duascentas persoas segundo fontes da organización, que consolidan o evento como un dos que goza de grande aceptación popular. Entre os asistentes figuraban veciños do concello, pero tamén visitantes de fóra, cada vez máis atraídos polas actividades lúdico-festeiras que levan a cabo colectivos culturais e sociais en colaboración cas autoridades municipais. Despois do rito da pisa houbo unha comida popular, con empanada, carne ó caldeiro e sobremesa; todo elo regado co viño da zona. A pesares de tratarse dun día chuvioso, a auga respectou a festa ata o momento de comer, mais a grande carpa instalada permitiu que a celebración continuara sen negún tipo de impedimento. A nota musical púxoa un grupo de xóvenes gaiteiros.

 

 

            Parada de Sil, 22 de novembro de 2014
(08/11/2014)

A CHOIVA NON POIDO CO TESÓN DOS PARTICIPANTES NA OITAVA EDICIÓN DA ANDAINA

O 8 de novembro tivo lugar a oitava edición da Andaina da Castaña e da Andaina para Cativos, organizada polo Concello de Parada de Sil, o Clube de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural Ouro do Sil. A de maiores tivo un percorrido de 18,5 kilómetros saindo da Praza do Barquilleiro de Parada, por Sardela, Entrambosríos, ata a ponte de Rabacallos, subida Á Sapeira, Fondodevila, Cudicán, Balcóns dos Mouros (de Madrid), Portela, Mosteiro de Santa Cristina, Castro, Chamoso e Parada. A saída deuse, como estaba previsto, sobre as 9,30 da mañán, mentres que a dos cativos escomenzou ás 11,00, para dicurrir pola rota dos castiñeiros das Carriozas, cunha distancia de 3,5 kilómetros. Ameazaba choiva, pero xusto cando se deu a saida para adultos, o ceo foise abrindo paulatinamente, respectando o traxecto dos participantes, que mesmo disfrutaron dunha temperatura moi agradable.

Cando o groso do pelotón se aproximaba á metade da carreira empezou de novo a chover, esta vez con forza, mais a maioría dos participantes non se arrugaron e decidiron seguir ata o final. A organización, como recompensa, tiña disposto un xantar popular para repoñer forzas. Este ano deuse a circunstancia de que unha moza sufriu un pequeño accidente e fracturou unha perna. O incidente permitiu pór a proba ós servizos de Protección Civil, pero tamén a solidariedade dos seus acompañantes e outros participantes. Entre todos, levaron a cabo un rescate complexo polas dificultades da orografía na zona onde se producirá a caída, para sacala a un lugar onde poidera acceder a ambulancia que a trasladaría a un centro de urxencias, onde sería atendida. A operación de auxilio e rescate foi exitosa e loubada polos participantes, que destacaron a profesionalidade amosada polos integrantes do grupo de emerxencias.

 

            Parada de Sil, 08 de novembro de 2014

(03/11/2014)

 

PARADA CELEBROU O FIN DA COLLEITA DA CASTAÑA CUN MULTITUDINARIO MAGOSTO

Os veciños de Parada de Sil festexaron o sábado o remate da temporada da colleita da castaña cun magosto popular organizado polo Clube Ouro do Sil no que participaron máis de duascentas persoas. Segundo datos oficiosos, a campaña deste ano foi boa, xa que se recolleron arredor de 100.000 mil kilos a bós precios, segundo comentaron os veciños. Na xuntanza gastronómica serviuse carne ó caldeiro, empanada, bica de Parada de Sil e viño da Ribeira Sacra. Para o alcalde, Francisco Magide, o evento constituiu “un éxito absoluto, dada a gran concurrencia de veciños”. O rexidor tamén amosou o seu agradecemento “a xosé Antón Vázquez o seu esforzo, porque unha vez mais todo saíse o máis festeiro posible e fomentando un gran ambiente entre os participantes”. Durante a xustanza gastronómica actuou a charanga CBC, de Celanova, a cuios sons se formou un animado baile ó remate da festa, no que os asistentes recoñeceron con reiterados aplausos o bon facer dos músicos.

 

            Parada de Sil, 03 de novembro de 2014

 

(24/10/2014)

PARADA DE SIL ÉNCHESE DE ACTIVIDADES CO PROGRAMA DE OUTONO

Parada de Sil énchese de actividades ca programación de outono promovida polo Concello, baixo o lema “Descobre as paisaxes ao son da caída das follas”. O calendario dará comezo o sábado 8 de novembro ca séptima edición da Andaina da Castaña nas categorías de maiores e cativos, con programas diferenciados. Ó final do percorrido haberá xantar, petiscos e magosto, mentres que pola tarde está prevista a Festa de San Martiño en Sacardebois, con baile, chourizos, viño e castañas gratis. Para máis información: www.ribeirasacracm.org.

O Domingo 16 celebraranse as III Xornadas Micolóxicas, que se desenvolverán na Fábrica da Luz. Para máis información: info@afabricadaluz.com ou no teléfono 679 060 509 / 988 984 990.

 

O sábado 22, terá lugar a terceira edición da Festa da Pisa en Purdeus (Chandrexa), que acollerá tamén a Feira de produtos da zona de Parada de Sil e un xantar de castaña.

 

Ademais, ó longo de todas as fins de semana de novembro, previa reserva, porase en marcha a iniciativa “Desfruta da castaña na gastronomía de Parada de Sil”, no que participarán “O Curtiñeiro”, que ofrecerá lombo recheo de castañas e tarta de castañas. (619 020 701 / 988 208 237); “Mesón Casa Pepe” servirá xabarín con castañas e pudin de castañas. (605 086 143); “A Fábrica da Luz” preparará sopa de castañas, costela de porco con repolo, chourizo e castañas e brownie de chocolate con castañas. Por último, a “Panadería Rosa Sánchez” comercializará bica de castaña (988 208 029). A organización das actividades corre a cargo do concello de Parada, Club de Montaña Ribeira Sacra, Asociación Cultural Ouro do Sil, Comisión de Festas de Sacardebois e Asociación de Veciños Chandrexa de Sil.

 

 

            Parada de Sil, 24 de outubro de 2014

(22/10/2014)

O WOOMEX 2014 DE SANTIAGO ANTICIPOUSE NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA OFRECENDO MÚSICA PARA TODO O MUNDO POR INTERNET

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil converteuse o pasado día 20 nun improvisado estudo musical, dende o que un grupo de catro músicos singulares ofreceron a súa arte en directo a un reducido grupo de persoas in situ e a moitas outras do mundo a través da rede, vía streaming, coa colaboración de Abanca, a Deputación de Ourense e o concello de Parada, cuxa intervención foi decisiva para que esta iniciativa se convertira en realidade e lograr que os sons xerados entre as paredes do mosteiro chegaran a todas as partes do mundo en tempo real. Os intérpretes foron o norteamericano David Rothenberg, o hispano-xaponés Miguel Hiroshi, a lituanaIndra Jurgeleviciute e o galego, de Marín, Davide Salvado. O pai de todo isto é Rafael Kaotcherha Cámpora, un rusoespañol criado en Estados Unidos e afincado nestes momentos en Granada. O nexo común do grupo é a música, pero non en abstracto, senón na súa parte máis próxima á harmonía coa natureza, aínda que poida considerarse o jazz como un común denominador para todos eles. Davide Salvado, por exemplo, confeso "transgresor", defínese como buscador das raíces onde conflúe a música tradicional máis pura que pode ir dende a música popular galega á copla.

Kaotcherha definiu a iniciativa de onte como un "Encontro na Ribeira Sacra", se ben se trata dunha experiencia "que ten xa seis anos, consistente en realizar gravacións en ámbitos naturais. Agora emitimos en directo con grandes medios técnicos". Outra das singularidades do proxecto é que toda a tecnoloxía que utilizan se alimenta unicamente de enerxía solar, procedente dunha furgoneta que leva catro paneis no teito. O resumo, segundo o promotor e coodinador da idea, trátase de "poñer a xente en sintonía coa natureza". O equipo, incluídos os músicos, está composto por unha vintena de persoas de variada procedencia, cuxo nexo común é o amor polo medio natural. De feito, case todos aproveitaron os momentos libres para perderse polos montes do ámbito paradisíaco de Santa Cristina.

 

O concerto foi de gran beleza. A iso, ademais da calidade dos músicos, axudou a coreografía suave que recreaba algo similar ao que puidese ser un ambiente cen. En liña co anterior, o reducido auditorio houbo de absterse de calquera recoñecemento estándar aos artistas que fose máis alá do fregado de mans ou un leve estalo cos dedos. O resultado foi, efectivamente, un ambiente harmónico, que fixo dicir ao profesor Antonio Carreño que en Santa Cristina "a pedra canta e a natureza escoita".

 

http://www.youtube.com/watch?v=zRenPD2m3gA

 

            Parada de Sil 22 de outubro 2014

EXTRAORDINARIO CONCERTO DA CORAL "SAN VIATOR" DE MADRID NA IGREXA DE SANTA MARIÑA

A Coral San Viator, de Madrid, integrada por pais de alumnos do centro ofreceu un extraordinario concerto o pasado 19 de outubro na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil, que se encontraba cheo de afeccionados á música polifónica. Previamente, a mesma agrupación cantara a misa, oficiada polo deán da catedral e vicatorio de pastoral, José Pérez Domínguez. O colectivo destacou tanto na interpretación de música relixiosa coma na profana, cun programa que contiña pezas que ían dende o Canticorum Iubilo (GR. F. Haendel); Aleluia- Benedicat vobis (GR. F. Haendel), Ofertorio- OSanctissima (I. Mitterer), Santo- Heilig (F. Schubert), Paz - Doa pácea (Teizè), Comuñón- Panis Angélicus (C. Franck) e Ave Verum (W.A. Mozart), ata o Aleluia de G. F. Haendel, que interpretaron para finalizar o acto relixioso. No concerto posterior, o grupo incluíu as pezas Ave María (Ennio Morricone, La Misión), Swing low (Espiritual / Josly), Deep River (Espiritual), Te quero (Arranxos de L. Cangiano, T.M. Benedetti), Cantares (Arranxos L. Cangiano, Serrat/Machado), Se o teu non estás aquí (Arranxos Julio Domínguez, Rosana). A execución do programa foi de gran nivel, mostrándose a coral como unha agrupación con excelentes recursos vocais e interpretativos, á altura do repertorio. O propio oficiante gabou a calidade do colectivo, en sintonía coa impresión causada entre o resto dos asistentes.

 

            Parada de Sil 22 de outubro 2014

 

(22/10/2014)

A FESTA DA VENDIMA REUNIU A MAIS DE 200 PARTICIPANTES EN BARXACOVA

A segunda edición da Festa da Vendima constituíu un grande éxito de participación popular, xa que a organización calcula que pasaron de duascentas as persoas que se achegaron ata Barxacova o sábado 18 de outubro para gozar dun programa variado que contou co actor e monologuista ourensano Sergio Pazos, que fixo as delicias dos presentes, co seu recoñecido sentido do humor. Así mesmo houbo concurso de traxes de vendima, taller para a elaboración de marmelada de uva e unha charanga que se encargou de dar calor e contribuír ao bo ambiente que reinou durante toda a xornada. Moitos foron tamén os comensais que se reuniron no xantar popular nun día que contou co beneplácito dos elementos atmosféricos adversos, malia as ameazas dos días inmediatamente anteriores. O alcalde, Francisco Magide, considera que se trata dunha iniciativa xa practicamente consolidada, á que augurou un brillante futuro, a xulgar pola grande acollida que obtivo nas dúas primeiras edicións.

 

            Parada de Sil 22 de outubro 2014

 

 

(15/10/2014)

O 8 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR A OCTAVA EDICIÓN DA ANDAINA DA CASTAÑA E DA ANDAINA PARA CATIVOS

O sábado 8 de novembro terá lugar a octava edición da Andaina da Castaña e da Andaina para Cativos, que organizan o Concello de Parada de Sil, o Clube de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural Ouro do Sil. A de maiores terá un percorrido de 18,5 kilómetros saindo da Praza do Barquilleiro de Parada, por Sardela, Entrambosríos, ata a ponte de Rabacallos, subida Á Sapeira, Fondodevila, Cudicán, Balcóns dos Mouros (de Madrid), Portela, Mosteiro de Santa Cristina, Castro, Chamoso e Parada. A saída terá lugar ás 9,30 da mañán, mentres que a dos cativos escomenzará ás 11,00, e discurrirá pola rota dos castiñeiros das Carriozas, cunha distancia de 3,5 kilómetros. O regulamento da andaina de maiores fixa en 18 anos a idade mínima para participar, ou ben de 12 para os menores que vaian acompañados dun familiar. Hai establecidos puntos de control de paso onde poder abandonar no caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirarse por outros motivos.

A inscrición poderase facer a través de internet na páxina www.ribeirasacracm.org. O teléfono de información é o 616 516 238 e o número máximo de participantes está establecido en 200. A data límite de inscrición é o 4 de novembro. Os prezos, serán de 12 euros a inscrición xeral e de 9 para os federados de montañismo; 5 euros para os menores de 12 a 18 anos. Na andaina para cativos a inscrición será de 12 euros para o acompañante e gratis para os rapaces. Faráse entrega dunha camiseta conmemorativa. Para participar é preciso estar no lugar 20 minutos antes das probas. Ó remate haberá xantar-picoteo e magosto. A calificación da proba para maiores é de dificultade media-alta./p>

 

            Parada de Sil, 15/10/2014

 

(08/10/2014)

O CORO "SAN VIATOR" DE MADRID, CANTARÁ UNHA MISA E DARÁ UN CONCERTO O DÍA 19 NA IGREXA DE SANTA MARIÑA EN PARADA

A Agrupación Coral San Viator, de Madrid, ofrecerá un concerto na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil o próximo día 19 de outubro, ás 12 da mañán. Previamente, ás 11, cantará a misa que se celebrará no mesmo templo,oficiada polo deán da catedral e vicario de pastoral, José Pérez Domínguez. O colectivo polifónico foi creado pola Asociación de Pais de Alumnos do Colexio de San Viator, para fomentar entre os alumnos a afección á música. Con esa intención, realiza varios concertos por curso académico así como as participacións en actos diversos que o Colexio San Viator lle propón. Dende o ano 2010, en que cumpriu o seu XX aniversario, está dirixida por Manuel Torrado. O seu repertorio abrangue dende a polifonía renacentista a temas clásicos, relixiosos e populares, vilancicos, espirituais e temas máis actuais. Ao longo dos seus vinte e cinco anos de existencia, a coral ofreceu numerosos recitais e concertos, nos que deixou constancia da súa calidade e bo facer no ámbito da música polifónica. O programa para a misa inclúe Entrada- Canticorum Iubilo (GR. F.Haendel); Aleluia- Benedicat vobis (GR. F.Haendel), Ofertorio- OSanctissima (I. Mitterer), Santo- Heilig (F. Schubert), Paz - Doa pácea (Teizè), Comuñón- Panis Angélicus (C. Franck) e Ave Verum(W.A. Mozart). A saída será co Aleluia (GR. F.Haendel). No concerto, o programa estará integrado polas pezas “Ave María guaraní” (Ennio Morricone, La Misión), “Swing low” (Espiritual/Josly), “Deep River” (Espiritual), “Te quiero” (Arreglos de L. Cangiano, T.M. Benedetti), “Cantares” (Arreglos L. Cangiano, Serrat/Machado), “Si tu no estás aquí” (Arreglos Julio Domínguez, Rosana).

 

 

            Parada de Sil, 08 de outubro de 2014

(08/10/2014)

O ACTOR E MONOLOGUISTA SERGIO PAZOS ESTARÁ O DÍA 18 DE OUTUBRO NA FESTA DA VENDIMA EN BARXACOVA

O popular actor e monologuista ourensano Sergio Pazos, cunha dilatada e exitosa traxectoria sobre os escenarios, participará na segunda edición da Festa da Vendima de Barxacova (Parada de Sil), que terá lugar o próximo día 18 de outubro. O programa, organizado pola Fábrica da Luz, ente dinamizador do Concello, contempla unha comida popular, así como a xa amentada actuación de Pazos, ademais da charanga "Escachapeitos", que se encargará da amenización musical do evento. Está prevista a instalación de postos con adegas da zona, que ofrecerán degustacións de viño ao tempo que venderán os caldos que elaboran. Tamén haberá un taller de marmelada de uvas e concurso de traxes de vendima. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Parada de Sil e a Deputación de Ourense, así como de entidades particulares. A II Festa dá Vendima de Barxacova enmárcase no denso programa sociocultural de actividades de outono organizadas ou promovidas polo Concello de Parada, que en outubro acollerá tamén unha misa cantada e concerto a cargo da agrupación polifónica madrileña "San Viator, no incomparable marco do mosteiro de Santa Cristina de Rivas de Sil, ademais dun retiro para a práctica de ioga combinado co desfrute da natureza na Fábrica dá Luz. As actividades terán continuidade ao longo do mes de novembro.

 

 

            Parada de Sil, 08 de outubro de 2014

 

O IOGA CHEGA Á FÁBRICA DA LUZ EN BARXACOVA

A Fábrica dá Luz, en Parada de Sil, acollerá do 24 o 26 de outubro un retiro a base de ioga e natureza, organizado por Ioga Ribeira Sacra, impartido polos monitores Clara e Joaquín, e avalado pola Escola Internacional de Ioga. O prezo da inscrición é de 145 euros, con todo incluído e os participantes poderán practicar Hatha ioga, Ioga terapéutico, Ioga nidra, Relaxación, Mantras, Meditación: Mindfulness - en movemento, Enerxéticas - Danzas meditativas, paseos, descanso, compartir, así como Alimentación ovo-lácteo-vexetariana.

07/10/2014

 

(23/08/2014)

ENTREGA DE PREMIOS DA VII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ROSA PONS

O pasado día 23 tuvo lugar a entrega de premios da VII edición do Concurso de Fotografía Rosa Pons. O acto desenrolouse no salón de plenos do concello, que se atopaba abarrotado de público, cousa que chamou á atención dos galardoados. O alcalde, Francisco Magide, agradeceu a presencia de conveciños e visitantes, así como dos participantes no certame, que nesta edición sobrepasaron os 150 traballos. O rexidor tamén destacou o a presencia no acto de Camilo Yáñez, empresario nativo de Parada de Sil afincado con Barcelona, que patrocina o concurso e quen precisamente na sua intervención amosou a sua vontade de seguir respaldando a iniciativa.

O xurado deu lectura ás actas na que se confirmou como ganador no tema libre o traballo de Raúl Gómez. No apartado de visións de Parada de Sil resultou vencedor José Manuel Nóvoa, cunha foto sobre a pasarela do Mao e a natureza que a envolve, como elementos perfectamente integrados. O xurado decidiu previamente a descalificación do que fora elixido como primeiro gañador por incumplir as bases do concurso.

 

            23 de agosto de 2014

 

 

(14/08/2014)

OS OURENSÁNS JOSÉ MANUEL NOVOA E RAÚL GÓMEZ, GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ROSA PONS”, DE PARADA DE SIL

Os fotógrafos ourensáns José Manuel Novoa e Raúl Gómez impuxéronse na VII edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”, de Parada de Sil. O xurado, reunido no día de onte, decidíu otorgar o primeiro premio a José Manuel Novoa polo seu traballo “Visións de Parada de Sil”, que conleva unha dotación de 800 euros. Pola sua banda, o premio para o tema libre, dotado con 700 euros, correspondeu a Raúl Gómez, de Ribadavia coa fotografía titulada “Negra sombra que me asombras”. Despois de sete edicións, o alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide, considera que o certame “está totalmente consolidado, como o amosa o feito de que este ano se presentaran a concurso 151 fotografías, a maioría delas procedentes de Galicia, sobre todo as provincias de Ourense e A Coruña”, dí o rexidor de Parada, ainda que engade que “tamén chegaron un número importante de fotografías da Comunidade Valenciana, as duas Castelas e Cataluña”. O patrocinio deste concurso, que exporá ó público todas as obras participantes dende o día 15, corre a cargo do empresario don Camilo Yáñez, orixinario de Parada de Sil e afincado en Barcelona. O premio entregarase o día 23 ás 19,30 da tarde no salón de plenos do concello de Parada de Sil.

 

 

            14 de agosto de 2014

 

(08/08/2014)

NOVAS ESCAVACIÓNS NO XACEMENTO FUNERARIO DE BARXACOVA

 

O concello de Parada de Sil e a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta asinaron un convenio que suporá o investimento de 21.000 euros para realizar novas escavacións no depósito arqueolóxico de San Vítor de Barxacova. En virtude do convenio, Patrimonio achegará 10.000 euros, que se sumarán a outros 11.000 que porá o concello. A inversión permitirá facer unha cata en torno ao forno encontrado o ano pasado, e que todo apunta a que é anterior ao século IX. Por outra parte, abordarase unha nova tarefa de conservación da zona de tumbas, a cargo do restaurador Gonzalo Buseta. Así mesmo, levarase a cabo unha sinalización e vallado da zona, que impida pisar as tumbas, xa que aquelas que aínda non están tratadas sofren un importante desgaste. O alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide, anuncia que en próximas datas estará rematada a nova sinalización dende San Lourenzo ata a necrópole, con novos paneis explicativos que recollen os últimos achados, para facilitar as visitas ao xacemento./p>

 

 

            Parada de Sil, 08/08/2014

 

(02/08/2014)

A CAMPAÑA "XPLORAXUVENTUDE" CHEGARÁ Á FÁBRICA DA LUZ O 14 DE SETEMBRO

 

A campaña "XploraXuventude" chegará a Parada o próximo 14 de setembro, promovida pola Dirección Xeral de xuventude e Voluntariado. Terá lugar na Fábrica da Luz e ten como obxectivo achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo. A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega. Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil./p>

 

 

            Parada de Sil, 02/08/2014

 

 

(02/08/2014)

PARADA CONTA CUN NOVO ESTABLECEMENTO DE RESTAURACIÓN

 

Juan José Castro, un xoven restaurador con experiencia,acaba de probar sorte no seu propio concello facéndose cargo da xestión do restaurante Mesón Casa Pepe, ubicado na rua do Barrio,2 de Parada, frente á Casa do Concello. Alí ofrece menú do día diario, así como comida á carta, con produtos típicos da casa, como os revoltos de espinacas e gambas, pulpo á feira, pementos de Padrón, chipirós á plancha, croquetas caseiras, cordeiro ó forno, xamón asado, queixo do país, menestra de verduras ou a tradicional tortilla de pataca. A todo elo hai que engadir unha esmerada selección de viños, entre os que terán preponderancia os procedentes á denominación de orixe Ribeira Sacra. Juan José Castro pretende agadar ós clientes a base de utilizar materia prima de calidade, na que predominen os produtos da comarca.

 

 

            Parada de Sil, 02/08/2014

 

(31/07/2014)

O CONCELLO ORGANIZA UN INTERCAMBIO CULTURAL EUROPEO PARA XOVES NA FÁBRICA DA LUZ

O concello de Parada de Sil ten programado un intercambio cultural europeo para xoves, que terá lugar na Fábrica da Luz entre o 22 e o 30 de agosto. O lema da iniciativa será "A tua identidade en 3D", en tanto que a programación incluirá kayaks, sendeirismo, visitas culturais, xogos tradicionais, proxecto de radio, escavacións arqueolóxicas e xogos na natureza. Está aberto a rapaces con edades comprendidas entre 14 e 17 anos. As prazas para participar son limitadas e a participación conleva a convivencia con doce xoves franceses acompañados de dous monitores. Detrás do lema escóndese a "construcción da nosa propia identidade en tres dimensións: rexional, nacional e europea". O próximo encontro terá lugar en 2015 na cidade francesa de Quimper e os participantes na presente edición terán preferencia para acudir. O prezo total do campamento ascende a 150 euros, cantidade que constitúe unha grande oportunidade, posible gracias a cofinanciación do orzamento a través de fondos europeos. A inscripción pódese facer a través do enderezo electrónico: inscripcion@afabricadaluz.com. Para mais información, chamar ós teléfonos 988 20 80 10 ou 606 387140.

 

 

            Parada de Sil 31 de xullo 2014

 

 

(31/07/2014)

O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA DE RECICLAXE DIRIXIDA A NENOS

O concello de Parada de Sil levará a cabo unha campaña de reciclaxe para nenos. Terá lugar o día 5 de agosto, entre as dez da mañán e as 14 horas nunha aula móbil que estará instalada diante do concello. Asimesmo, haberá unha carpa para nenos, con xogos de reciclaxe. A campaña desenrolarase baixo o lema "Separemos ben. Reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla. Campaña d einformación sobre a reciclaxe. Concello de Parada do Sil".

 

 

            Parada de Sil 31 de xullo 2014

 

 

(29/07/2014)

O FESTIVAL ECOS DA LUZ CONXUGA ARTE E MEDIO AMBIENTE

O festival Ecos da Luz, que se celebrou o sábado 26 de xullo, constituiu un éxito, xa que rexistrou unha notable participación popular. O evento tiña como obxectivo combinar o arte en distintas manifestacións co medio ambiente. Así, inaugurouse unha exposición de pintura e escultura do artista de Montederramo Xosé Manuel "Moxón" e o taller de Ana Ana Camba. O primeiro mostra doce debuxos e catro esculturas, en tanto que o taller de Chandrexa expón doce pezas de cerámica creativa. A mostra permanecerá aberta ata o día 17 de agosto.

Asimesmo houbo talleres de chapas, un pirógrafo solar que funciona cunha lente Fresnel, así como un forno solar por acumulación. Os promotores fixeron demostraacións prácticas cos asistentes, tales como troquelar chapas ou cociñar unha pizza no forno, que despois foi repartida en degustación popular. O DJ Javiro e Lola Collado puxeron a música disco, en tanto que ó final da xornada o cantautor leonés Alfonso Álvarez presentou o seu segundo traballo "Sin primavera no hay abril".

 

 

            Parada de Sil 26 de xullo 2014

 

(11/07/2014)

XINCANA DE LECER E PUBLICIDADE

Data de celebración: Martes 29 de Xullo
Lugar: Praza do Concello
Horario: 16:00 a 17:30
Destinatarios: Rapaces de 9 a16 anos.
Actividade totalmente gratuíta.
Inscrición na biblioteca do concello.

 

(06/07/2014)

A FÁBRICA DA LUZ EN PARADA DE SIL ACOLLE A EXPOSICION DE MÉDICOS SEN FRONTEIRAS.

Unha Magnífica exposición de fotografías que conmemora os 40 anos do inicio da actividade de médicos sen fronteiras con máis de 30 imaxes dos momentos máis importantes desta organización  estará no espazo de turismo Rural A Fábrica da  Luz de Parada de Sil ata o día 15 de xullo.

Nas fotos apreciase  a verdadeira dimensión de crises humanitarias como a de Camboia, Afganistán, Etiopía e outras máis recentes como o terremoto de Haití.

A exposición está organizada por Médicos sen Fronteiras, O Concello de Parada de Sil e  o espazo de Turismo Rural  A Fábrica da Luz, e pódese visitar en horario de 10hs. a 21hs todos os días.

A ocasión pinta magnífica para darse un paseo pola pasarela do Mao e visitar un dos sitios máis emblemáticos de Parada de Sil, que nesta ocasión conta co excepcional engadido da Exposición de Médicos sen Fronteiras.

            Parada de Sil 4 de xullo 2014
Paco Magide

 

(30/06/2014)

Romaría na honra de San Benito, 13 de Xullo de 2014.

O domingo 13 de xullo de 2014 no Mosteiro de Santa Cristina celebrarase unha romaría na honra de San Benito.
- Misa ás 12h, coa actuación da coral polifónica "Auria Aqua Música".
- Festa en Castro, a partir das 17h, coa actuación da charanga "CBC de Celanova".

 

(20/06/2014)

Concerto de Samuel Diz no Mosteiro de Santa Cristina (4/07/2014)

 

 

O venres 4 de xullo ás 19:00 terá lugar no Mosteiro de Santa Cristina un concerto de Samuel Diz " Premio de la crítica Palu de la Música. 2013", o prezo da entrada será de 10 euros.

 

 

(20/06/2014)

Concerto musical, " Os sóns do vento" (17/08/2014)

O domingo 17 de agosto ás 20:30 na praza do concello levarase a cabo a actividade " Os sons do vento", un concerto musical para todos os públicos dunha hora de duración.

Esperámosvos!!!

 

(17/06/2014)

Os Balcóns de Madrid, en Parada de Sil, optará a ser "Mejor Rincón 2014 de la Guía Repsol".

O emblemático miradoiro de "Los Balcones de Madrid" ou "Balcóns dous Mouros" opta á elección de Mejor Rincón 2014 de la Guía Repsol, e para conseguilo necesitamos a vosa axuda para apoiar esta candidatura podedes votar no seguinte enlace:

http://elmejorrincon.guiarepsol.com/galicia/

 

(23/05/2014)

PARADA DE SIL CONVOCA A VII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA ROSA PONS

Despois da celebración durante seis anos, o concello  de Parada de Sil anuncia a convocatoria da sétima edición dun  concurso totalmente consolidado como amosa o feito da presentación de máis de cen fotografías  na derradeira convocatoria. Este  concurso  está patrocinado por D. Camilo Yañez, empresario do lugar afincado en Barcelona. Ten dous premios  con unha dotación  de 800 euros a mellor fotografía que teña como tema  un motivo de Parada de Sil e 700  a mellor de tema libre, podendo participarse nas dúas modalidades pero só se pode levar premio nunha delas. O prazo de presentación remata  o 31 de xullo,e as fotografías han de remitirse  ó concello.

            A finalidade do concurso é fomentala creatividade e dar a coñecer ó público a diversidade e a riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil e o mesmo tempo  espallar a práctica da arte da fotografía, como un instrumento de creatividade e expresividade.

                        Na páxina    web do concello www.paradadesil.es  e na páxina da Asociación Cultural Ouro do Sil ourodosil.org que colabora co  concello na organización do evento poden atoparse as bases completas.

            Estes premios pretenden ser  un estímulo para a imaxinación, o mesmo tempo que situar a Parada de Sil  no foco de atención dos artistas fotógrafos  que amosan amor a paisaxe, a terra e as persoas que a habitan, esperando o concello  unha grande participación .

             O día 11 de agosto o xurado fará público o resultado do concurso  e dende o día 15 de agosto  ata  o 7 de setembro  todas as fotografías concursantes estarán expostas ó público no salón de plenos  ou de actos do concello e na Residencia Xeriátrica Luces do Sil.

            Parada de Sil  22 de maio 2014

Francisco Magide Bizarro

 

Descargar bases

 

(14/05/2014)

XORNADA ORNITOLÓXICA O 17 DE MAIO. A FÁBRICA DA LUZ.

Descobre o mundo das aves que viven no Canón do Sil.
Relatores:
- Antonio Sandoval  Rey, escritor e divulgador ambiental.
- Cosme Damian Romay Cousido, Biólogo, consultor e divulgador ambiental.

Prezo: 3 Euros

Descragar programa

(07/04/2014)

Mosteiro de Santa Cristina: Novo horário

Horarios: do 01 Abril o 29 de Xuño

- De xoves a domingo: 11h-14h y 16:30h- 19:30h

- Semana Santa: todos os días.

 

(31/03/2014)

2º CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA -Parada de Sil

O xurado fallou o premio da 2ª edición do concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra- Concelllo de Parada de Sil.
1º Clasificado e gañador Jorge Pérez Andersen de Sevilla. Título do Microrrelato  " Ópera".

Ver Descargar


2º Clasificado Paco Robles Planas de San Joan de Mediona ( Barcelona). Título do Microrrelato "Escrituras del yo".

Ver Descargar

 

(31/03/2014)

Día das Letras Galegas

Día 10 de maio Celebración en Parada de Sil do "Día das Letras Galegas".
Homenaxe  ao mestre Xosé Elías Ferreiro ( Xoel Ferral).

 

 

(31/03/2014)

VIII CARREIRA POR MONTAÑA CANÓN DO SIL

O Concello de Parada de Sil en colaboración co clube de Montaña Ribeira Sacra organiza a VIII edición da Carreira Por Montaña Canón do Sil que terá lugar en Parada de Sil o día 4 de Maio.


Para máis información e inscrición no  enlace: cmriberiasacra.org

 

(27/03/2014)

Mosteiro de Santa Cristina: Novo horário

Dende o día 29 de marzo ata o día 30 de xuño o horario de apertura do Mosteiro de Sta. Cristina será de 10:30 a 14:00hs e de 16:00 a 19:30hs. Os luns permanecerá pechado.

 

(11/03/2014)

2º CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA -Parada de Sil

Importante !

Finalizado o prazo de inscripción: 7 de marzo do 2014.

Nota: "Debido á participación de 227 autores con 286 microrrelatos o fallo do concurso aprazase ata o día 1 de abril, fecha na que se fará público na páxina web do concello e nos medios de comunicación, así coma as persoas gañadoras do mesmo".

 

(23/01/2014)

XANTAR 2014 -Parada de Sil

O 7 de febreiro é o día de Parada de Sil na feira de turismo e gastronomía de Xantar en Ourense. Ás 11:30 será a presentación do libro "Viaxe dende vos cantís á memoria (Guía libre para entender Parada de Sil) " de Mercedes Martínez. Para presentala contaremos coa presenza de Gloria Ferreiro (Dona Ermidas de Parada de Sil) actriz, xornalista da Radio Galega e ilustre filla de Parada de Sil.

Tras o acto oficial, haberá pinchos no restaurante O Galiñeiro, que estará no Xantar.
A gozar da boa gastronomía.

 

(15/01/2014)

2º CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA -Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil, grazas á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un ano máis o concurso de microrrelatos.

Prazo de inscripción: 7 de marzo do 2014.

Fallo do concurso: 17 de marzo do 2014.

1º Premio 700 euros

2º Premio 300 euros

Ver bases do concurso

Descargar

 

 

 

(15/11/2013)

II XORNADAS MICOLÓXICAS 2013 EN PARADA DE SIL

17 de Novembro : A Fábrica da Luz : Parada de Sil.

Información e reservas:

info@afabricadaluz.com: 988984990 :679060509: 647334636

 

(31/10/2013)

ACTIVIDADES DE OUTONO 2013 EN PARADA DE SIL

Un ano máis o Concello de Parada de Sil prepara distintas actividades para celebrar o outono 2013.

Descargar programa de actividades

 

(31/10/2013)

O CONCELLO DE PARADA DE SIL EN FACEBOOK E TWITTER

O Concello de Parada de Sil invitavos a conectar nas suas páxinas de Facebook e Twitter.

Facebook

Twitter

 

(31/10/2013)

OPEN DE GALICIA DE CARREIRAS VERTICAIS FGM

Inscripcións en WWW.RIBEIRASACRACM.ORG :

A partir do dia 5/11/2013 ata o 19/11/2013 para Carreira Vertical da Castaña .

Ata o 26/11/2013 para Carreira Vertical Viño do Ribeiro.

Datas de celebración:

24/11/2013 CARREIRA VERTICAL DA CASTAÑA (PARADA DO SIL).

01/12/2013 CARREIRA VERTICAL VIÑO DO RIBEIRO (CASTRELO DE MIÑO).

Descargar o cartel

 

(31/10/2013)

COMIDA POPULAR EN PARADA DE SIL

Os tickets da comida popular xa están dispoñibles no Concello de Parada de Sil por un prezo de 6 euros. Proximamente informaremosvos do menú ....

 

(31/10/2013)

VII ANDAINA DA CASTAÑA Y VII ANDAINA PARA CATIVOS

O día 9 de Novembro celebranse estas 2 rutas populares en Parada de Sil.

Descargar Programa

Máis información

 

(15/10/2013)

1º CONCERTO DE OTOUNO NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA

O próximo sábado día 19 ás sete da tarde 1º Concerto de Outono no mosteiro de Sta. Cristina. Organiza o Consorcio de Tursimo Riberia Sacra. O repertorio é dos mestres da polifonía ibérica, séculos XV, XVI e XVII ( Cristóbal de Morales, Juan Ponce, Francisco Guerrero, Tomás Luís de Victoria e o coro é Vox Stellae dirixido por Luís Martínez Máis información en www.ribeirasacra.org/turismo


Poderanse deixar os coches en Parada e baixar gratis en microbús.

 

(09/10/2013)

FESTA DA VENDIMA 2013. BARXACOVA/PARADA DE SIL/ 12 OUTUBRO

Esperamos vernos todos os amigos de Parada de Sil o día 12 de outubro a partir das 6 da tarde na Fábrica da Luz de Barxacova na 1ª Festa da Vendima. churrascada, chourizos ( de comer) e viño con un concerto de música folk "Alén de Ancos" de A Coruña por 3 euros.
Reservas en info@afabricadaluz.com tlefns. 988984990, 679060509, 647334636


Veña a pasalo ben ...

(18/09/2013)

VII CARREIRA POR MONTAÑA CANÓN DO SIL

O Concello de Parada de Sil en colaboración co clube de Montaña Ribeira Sacra organiza a VII edición da Carreira Por Montaña Canón do Sil que terá lugar en Parada de Sil o día 6 de Outubro. Este ano é Campionato de España de clubes.
Este ano contempla a posibilidade de competir persoas non federadas.


Para máis información e inscrición no  enlace: cmriberiasacra.org

 

(07/07/2013)

TALLER DE ARQUITECTURA DA PAISAXE EN PARADA DE SIL


"Paisaje y patrimonio en la Ribeira Sacra" 9-13 de Septiembre de 2013.

Barxacova, Parada de sil, Ourense.

 

(27/06/2013)

ACTIVIDADES DO VERÁN EN PARADA DE SIL

Verán Lúdico:
O Concello de Parada de Sil ofrece un verán lúdico cheo de actividades para todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os doce anos.
Datas: 4,11,18 xullo de 2013.
Horario: 11 a 13.30 h.
Lugar: Praza do Concello.
IMPORTANTE TRAER GORRA E AUGA!!
Datas: 22 e 29 de xullo, 5 e 12 de agosto.
Horario: 18 a 20 horas.
Lugar: Praza do Concello.


Augalingua:
Programa de dinamización lingüística.
Data:18 de xullo.
Lugar: Praia fluvial Pradomao.
Hora: 16.30 h.

Programa Lecer e Consumo:
Xincana Lecer e Publicidade ( 9 - 16 anos)
Charla: Alternativas para un lecer responsable.
Data: 28 de agosto.
Hora: 17-19 h.
Lugar: Concello.

Iremos ampliando con máis actividades.

 

(26/06/2013)

ROMARIA NA HONRA DE SAN BENITO

O Domindo día 14 de Xullo celebrarase no Mosteiro de Santa Cristina a Romaría na Honra de San Benito.

Misa ás 12hs , coa actución da Coral " Auria Aqua Música"

A partir das 17:30 hs , festa en Castro, coa actuación da Charanga "Sinola"

 

(17/06/2013)

ENONTRO GALEGO DE BOLOS

O domingo día 23 de Xuño celébrase en Parada de Sil o "Encontro Galego de Bolos", este estará organizado polo Concello de Parada de Sil e LUDARÍA (Patrimonio Lúdico Europeo).

Máis Información

 

(21/05/2013)

VI CONCURSO FOTOGRÁFICO ROSA PONS FABREGAS "VISIONS DE PARADA DE SIL E TEMA LIBRE" AGOSTO DE 2013

O concello de "Parada de Sil" máis Asociación Cultural "Ouro do Sil" convocan a VI edición do Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil. E tamén co tema Libre espallar o arte da fotografía.

BASES DO CONCURSO

Mais Información:

Tfno: 616 516 238

 

(21/05/2013)

VISITA A PARADA DE SIL DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS AS BURGAS

Visita a Parada de Sil das socias da Federación Provincial de Mulleres Rurais As Burgas organizado pola Presidenta Dona Paz Alvarez González en colaboración coa Asociación de Mulleres Santa Cristina de Parada de Sil.
 
O sábado 25 de maio un grupo numeroso de socias da Federación de Mulleres Rurais As Burgas visita o Concello de Parada de Sil para coñecer a súa riqueza tanto paisaxística como histórica. Visitaranse lugares como o Mirador de Cabezoá, Os Balcóns de Madrid, o Mosteiro de Santa Cristina, a Fábrica da Luz ou a Pasarela do Río Mao.
Tamén van visitar unha exposición de manualidades preparada pola Asociación de Mulleres Santa Cristina onde serán recibidas polo Alcalde do Concello.


O noso agradecemento ás Asociacións de Mulleres da Federación por visitar o noso Concello.

Fotos da visita:

(08/05/2013)

XORNADA DE INSPECCIÓN NO RÍO MAO (Ribeira Sacra)

O domingo 12 de maio as 10:30, punto de econtro: A Fábrica de Chocolate (Barxacova).

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de participación, educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) coa finalidade de dar a coñecer o papel dos espazos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á ciudadania a conservación e mellora dos ríos.

 

(19/03/2013)

GAÑADORES I CONCURSO MICRORELATOS PARADA DE SIL - RIBEIRA SACRA

1º Premio, dotado con 700 euros, para María Tallón Queija polo seu relato -Material de Lectura-.
2º Premio, dotado con 300 euros, para Beatriz Lorenzo López polo seu relato -Angel Caído-.

Os premios outorgados entregaranse o próximo día 11 de maio no Salón de Plenos do Concello.


(01/03/2013)

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "FÁBRICA DE CHOCOLATE DE TEIMENDE"

Hoxe (dia 1 de marzo ) presentouse en rolda de prensa celebrada no Liceo de Ourense, o proxecto para recuperar a Fábrica de Chocolate de Teimende,  e convertela nun Museo do Chocolate. Os propietarios, familia Casares ceden gratuitamente ó Concello por 30 anos o edificio con toda a maquinaria coa que facían o chocolate.

 

(15/10/2012)

G VI Andaina da Castaña e VI Andaina para cativos.

 

O 10 de Novembro celebrase en Parada de Sil a VI Andaina da Castaña, para maís información sobre esta actividade podedes consultar a páxina do Clube de Montaña Ribeira Sacra.

A data de inscripción finaliza o 5 de Novembro, animádevos !

 

 

(24/09/2012)

Presentación "Guía Virtual de recursos culturais e turísticos Sil-Bibei-Navea"

SILBINA é unha guía turística que desexa presentar os recursos do Sil-Bibei-Navea
nun mesmo espazo virtual coas últimas técnicas en visualización do Patrimonio Cultural e Natural.

A súa intención é fortalecer a Identidade Cultural deste territorio
e proxectar unha atractiva Imaxe Turística para os visitantes.

http://www.guiasilbibeinavea.es

 

(08/09/2012)

GAÑADORES DO V CONCURSO FOTOGRÁFICO  ROSA PONS FÁBREGAS

"Visión de Parada de Sil"

Mellor foto tema Visións de Parada de Sil: 
SOLPOR EN SANTA CRISTINA DE RIVAS DE SIL

de ANTONIO PEÑA GODOY de Ourense. Discurso de Antonio Peña Godoy

 

Mellor foto tema libre:
 A LINDE

de AQUILINO VALIÑO PINO de Mourente (Pontevedra)