Concello de Parada de Sil

Petos de Ánimas

O peto de ánimas é unha das manifestacións materiais do culto ós mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi fondas na mentalidade galega sobor da vida e da morte. Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xurde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio. Según Castelao: “A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno”. A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para entregarse de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer esmorgas de todo tipo (flores, cera, patacas, millo, pan, aceite…), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban cartos para que o cura o administrase e dixese misas polos defuntos.

Os retablos das ánimas, os petos que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas. O estilo artístico das pezas, de cantería defínese como “popular”; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ó canteiro artesán outra cousa que facer a obra comendada coa súa mellor habilidade. O artesán case sempre mantíñase no anonimato, os nosos petos espremen algo de todos, da colectividade, por máis que é un artesán concreto o que fai a obra.


Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Infraestrutura arquitectónica básica.
- Unha cavidade que semella unha capeliña que ocupa o eixo central e superior (buqueira).
- Unha buratiña cavada case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un burato para meter as esmorgas (Alxibeira).

Existe unha clase de petos que non corresponden a estrutura xeral, son feitos no varal ou na base dos cruceiros; existe unha semellanza ideolóxica entre os petos e cruceiros.

 

Petos de ánimas do Concello de Parada de Sil
Casa do Vento, Cimadevila, Teimende, Coutiño, Requián.