Concello de Parada de Sil

Ponte de Conceliños

Na Idade Media os vales do Mao e o Sil tiveron grande importancia como lugar de tránsito de xentes e mercadorías. Os mosteiros precisaban estar comunicados por rutas cómodas e capaces de soportaren moito tránsito, por iso en moitos casos era necesario construír pontes sobre os ríos, como é o caso da ponte de Conceliños, un exemplo de enxeñería civil medieval.

 

 

A ponte de Conceliños foi planificada e levantada con gran mestría, grazas a estar construída en granito, a recia rocha máis común nesta zona, foi capaz de resisitir a forza da auga durante séculos.