Concello de Parada de Sil

Pozo do Lobo

Se te achegas ao miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) podes visitar este pozo situado detrás do campo de fútbol. Esas pedras gardan a memoria da loita ancestral que manteñen a especie humana e o lobo.


Ninguén lembra xa o derradeiro lobo cazado neste pozo

As batidas do lobo remóntanse á prehistoria, aproveitando cavorcos e foxos naturais. Serían os cantís do Sil unha desas trampas? A batida era un traballo comunitario ao que na ldade Media os veciños acudían baixo pena de multa. O adversario era perigoso, astuto e intimidante. Dise que o "aire do lobo" quita a fala. Hai perto de corenta anos que non se escoitan os seus oulidos en Parada de Sil. Ninguén recorda aquí que un lobo atacase a unha persoa, aínda que moitos se lembran de velo sendo nenos. Hoxe pode deixarse a facenda soa sen medo a un ataque. Os lobos que quedan no Monte Meda no dan comido os xabarís e os corzos que pouco a pouco se van metendo nas aldeas.