Concello de Parada de Sil

Área recreativa de Pradomao.

É un bo lugar para merendar e quizais para un baño na praia fluvial. Tamén podes percorrer un sendeiro duns 4 kilómetros que, pasando por Pradomao e a súa calzada romana, chega á aldea da Hedrada.


Os antigos lameiros están cambiando

Aquí sempre houbo carballos. Vense impoñentes siluetas de carballos vellos acollidos nos valados que máis dunha xeración podou para leña e trabes. Quen agradecería a súa sombra? A emigración, a procura doutro sustento, a historia recente, transformou este e moitos lugares gandeiros; a maioría das árbores que che rodean son moi novas. Os lameiros xa non chegan ata a beira do que foi o pequeno río Hedrada, afluente do Mao. Paseando por este sendeiro poderás ver como era a paisaxe histórica e faralo camiñando sobre un tramo dunha antiga calzada romana. Que vería ao seu redor quen a construíu? Unha soa xeración viu como a natureza está a reconquistar con carballos novos os vellos lameiros.

 

Vista Panorámica . Faga click na imáxe.

¿No puede ver la imagen panorámica? Debe instalar el archivo Java.
Descargue de aquí el programa Java
: www.sun.com