Concello de Parada de Sil

Saudo da Alcaldesa

Benvidos á páxina web do Concello de Parada de Sil.

Como alcaldesa de Parada de Sil quero dar a benvida a todos quenes a través deste medio virtual queiran coñecer a nosa historia, o patrimonio, a paisaxe ou as festas, para descubrir que están nun lugar privilexiado da Ribeira Sacra.

Quero amosar dende eiquí o meu compromiso e esforzo por continuar a posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e ofrecer melores servizos a conveciños e visitantes.

Parada de Sil ten un atractivo especial e diferente en cada unha das estacións do ano; o chan marrón brillante dos soutos no inverno, ca silueta dos castaños debuxada polos raios do sol morno que baixa entre as pólas, ou as cepas desnudas alineadas nos bancais pola ladeira da montaña ata o río; o verde exuberante da primavera que abre o ciclo da vida e a esperanza dos nosos campos que agroman apurados pola desbordante luz; o verán de arrecendo a seitura e candea, co colorido de follas e froitos rivalizando na plenitude, mentras as xentes celebran festas e romarías tradicionais na honra do santo patrón ou patroa, ata que os días menguan e o sol baixa chamando ó outono, tan descoñecido, vestido da singular beleza cromática que precede á caída da folla e compón unha estampa paisaxística sin parangón.

A elo, hai que engadir a hospitalidade e xenerosidade das suas xentes, cos brazos sempre abertos de cara ós visitantes ata facelos sentirse coma na sua casa. Xentes e natureza crean unha simbiose perfecta e espiritual que fan diste enclave un patrimonio de todos.

Aproveito dende eiquí para achegar unha invitación formal a visitar Parada de Sil deixándose levar pola chamada da beleza e os sentidos, na seguridade de que non se sentirán defraudados.

A todos, un saúdo.

Yolanda Jácome Rodríguez. Alcaldesa de Parada de Sil.