Concello de Parada de Sil

Souto de San Andrés

Aínda quedan exemplos de magníficos soutos (castañais) ben mantidos. como este que che suxerimos.. Para visitar Santo André podes chegar en vehículo ou camiñando uns 300 m dende Purdeus, pequeno lugar preto da Casalta.


A castañeira é a seitura da ribeira


Nos soutos centenarios de Parada de Sil recóllense cada ano toneladas de castañas grandes e deliciosas. Este froito, que outrora aseguraba a alimentación das persoas e a facenda todo o inverno, segue recolléndose agora a man. A castañeira no mes de outono é tempo de fartura e dor de cadrís. Hai séculos que alguén plantou e enxertou estes castiñeiros. Os que viñeron detrás continúan a limpalos e podalos. E hoxe resulta máis rendible grazas á venda organizada. Esta é a "seitura" destas terras de eidos pequenos que non dan carros de grao nin de patacas como na montaña. Estás nunha paraxe que séculos de agricultura sostible conseguiron conservar.