Concello de Parada de Sil

As Viñas

Se te detés no aparcadoiro que hai antes do desvío a San Lorenzo verás unha zona viñedo. Dende alí, por camiños de servizo, tes a posibilidade de dar un paseo, entre As Viñas.


 

O viño bo quere terras soleadas e pouco fértiles

A cultura romana atopou neste territorio un lugar ideal para o cultivo da vide, e na ldade Media extendéuse ao abeiro dos mosteiros como o de Santo Adrao. Nun curto paseo verás viñas tradicionais e modernas. Nin o teu estómago nin o seu dono lexítimo aceptarán que cates o caldo no racimo e non na botella. O sabor do vino que chegou ata ti, recoñecido na denominación de orixe Ribeira Sacra, é froito do sol, desta uva, desta terra agreste, e tamén, de moito subir e baixar.