Concello de Parada de Sil

Xeografía

O Concello de Parada de Sil está delimitado polo río que discorre pola súa parte norte, tendo ó outro lado o de Sober (Lugo), ó Leste, o Concello ourensán de A Teixeira, ó Oeste os de Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadañedo e, finalmente, ó Sur o de Montederramo.

A sua poboación e de 768 habitantes agrupados nas parroquias de San Lourenzo de Barxacoba, Caxide, Chandrexa, Forcas, A Hedrada, Santa Mariña de Parada de Sil, Paradellas, Pradomao e Sacardebois.

 

 

 

 

 

 


Parada de Sil participa dalgunhas serras e do val do Sil, de tal forma que a chave xeográfica caracterízase por esa dualidade. No Concello atópanse boa parte das lomas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos, Os Salgueiriños, que ven ser o apéndice do gran escudo elevado de Manzaneda; despois dos citados montes disponse outra área de media montaña que non pasa dos mil metros de altitude a base de planicies onduladas con profundos surcos e algúns altos: A Carpadena, Outeiro do Rio, A Espereta, Biruxe e Corzas. Logo vén unha estreita franxa con algunhas altitudes como A Gándara e Os Penediños e logo as rampas hacia o Sil e o Mao de típica Ribeira, descendendo, por último, a menos de seiscentos metros hacia os ríos, con socalcos ou terrazas de viñas.

A climatoloxía e tamén dual: Oceánico mediterráneo na ribeira por influencia do Sil e oceánico de montaña relacionado coa altitude como principal factor.

A extensión do arbolado é moi pequena abundando os castiñeiros, carballos, e alisos; existe unha fauna salvaxe a base de corzos e xabaríns na serra. A agricultura e mais ben de subsistencia a base de castañas, patacas, millo e centeo, os froitos da ribeira e o viño, en franca decadencia, constitúen os factores máis destacados.

Máis importante é a gandeiría con predominio da raza denominada “caldelá”, aínda que na actualidade aparecen outras como a pardo-alpina ou as híbridas por cruce. Actualmente está tamén en retroceso xa que as famosas manteigas e queixos de Parada, igual que o era o viño ou os xamóns, produtos exportables, sufriron unha lamentable diminución. En canto ó gando ovino, tan importante sobre todo a variedade “churra” na zona da montaña, tamén sofre un claro retroceso.

O embalse de San Estebo sobor do Sil, que tivo una gran repercusión na economía municipal durante a sua construción, actualmente non supón activo algún, nin sequera polo antigo canón enerxético, hoxe sustituído por outros que non repercuten directamente.