BANDO 13.10.2026

ASUNTO: Consulta de listas do Censo Electoral

D. AQUILINO DOMINGUEZ DIAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADA DE SIL (OURENSE)
FAGO SABER:

Con motivo da convocatoria de Eleccións Xerais o vindeiro 29 de novembro de 2026, en cumprimento do establecido no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREX), poderáse consultar as listas do censo electoral desde o 12 ata o 19 de outubro, ámbolos dous inclusive, en horario de 9 a 14 horas no rexistro do Concello de Parada de Sil.
A consulta deberá ser formulada previa identificación da persoa interesada, para a cal deberá vir provista do documento nacional de identidade (DNI), pasaporte ou permiso de conducir na que aparezca a fotografía do titular, sendo a consulta de carácter persoal.
Asimesmo, infórmase que está aberto o prazo de solicitude do voto por correo desde o 6 ata o 19 de outubro, podendo solicitalo na oficina de Correos.
O que se fai público para xeral coñecemento.
En Parada de Sil, na data de sinatura á marxe
Aquilino Domínguez Díaz
Alcalde-Presidente

Parada de Sil
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.