Casa do chocolate, Colección museográfica (TEIMENDE)

Único espazo museográfico adicado ao Chocolate en Galicia. Durante case un século, a familia Casares fabricou diferentes tipos de chocolate baixo a denominación comercial “Chocolates Caldelas” e “Chocolates Casares”, ata o peche, nos anos 80.

Na Casa do Chocolate en Teimende, poden verse as máquinas doadas pola familia Casares e nel explícase o proceso de fabricación tradicional do chocolate: desde a chegada do cacao en gran, seguindo todos os pasos ata a obtención do produto final, así como o proceso de distribución.

Inaugurada no 2015, foi durante case un século, referente de emprendemento.  Pechou as súas portas cando o último chocolateiro, Ricardo Casares, se xubilou. O inmoble e a maquinaria foron cedidas pola familia ao Concello de Parada de Sil, para gardar a memoria desta actividade.Tamén pode adquirirse chocolate artesán, segundo a receita da familia e o libro coa historia deste enclave chocolateiro.

Sen dúbida, o lugar máis doce de Ribeira Sacra.

Parada de Sil
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.