Benvidos a Parada de Sil!

Esta web pretende amosar os diferentes recursos turísticos, monumentais e naturais deste concello. Para disfrute de residentes e visitantes, unha terra esculpida pola man do home, pola auga do río Sil e pola natureza frondosa e abundante dos nosos soutos e cumios de montaña.

VISITA GUIADA Á COLECCIÓN MUSEOGRÁFICA CASA DO CHOCOLATE 2026

Aberta de 19 marzo ate 8 de decembro 2026. LUNS, MARTES E MÉRCORES PECHADA.

VISITA LIBRE Á NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA

HORARIO DE VISITAS Abierto 24 hrs. ao día /365 días ao ano

Parada de Sil é un concello único no corazón da Ribeira Sacra, cunha historia marcada pola natureza e a vida rural. A súa xeografía, esculpida polo río Sil, converteuno nun espazo de ncontró entre cultura, tradición e paisaxe.

Parada do Sil acolle con hospitalidade a quen nos visita, convidando a descubrir o seu patrimonio natural e histórico, a súa xente e o seu modo de vida.

Historia

A historia de Parada de Sil está fondamente ligada á súa paisaxe, ás súas xentes e ao seu pasado espiritual. Nas ribeiras do Sil asentáronse eremitas e comunidades relixiosas que marcaron o carácter do territorio durante séculos.

O exemplo máis destacado é o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (enlace a ), situado na parroquia de Caxide. Documentado xa no século IX, foi un dos principais cenobios da Ribeira Sacra, integrado no bosque autóctono e vinculado á vida monástica beneditina. A súa arquitectura románica, a súa localización estratéxica e a súa historia como priorado do Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil fan del un símbolo da identidade local.

Parada de Sil tamén formou parte do antigo Condado de Lemos, como testemuñan diversos escudos nobiliarios e elementos patrimoniais repartidos polo concello.

No pasado, o municipio recibía o nome de Chandrexa de Sacardebois, ata que no século XIX, coa nova organización territorial, pasou a denominarse oficialmente Parada de Sil e a integrarse na provincia de Ourense.

O paso do tempo deixou pegadas en pontes medievais, petos de ánimas, cruceiros e casas tradicionais, que hoxe seguen a formar parte do seu valioso patrimonio rural.

Datos xeográficos

Parada de Sil está situada no corazón da Ribeira Sacra ourensá, nun enclave natural e xeográfico privilexiado, entre canóns, bosques e montañas. O río Sil actúa como límite natural polo norte, separándoa do concello lucense de Sober. Ao leste atópase A Teixeira, ao sur Montederramo e ao oeste, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín.

A súa poboación é de 768 habitantes agrupados nas parroquias de San Lourenzo de Barxacova, Caxide, Chandrexa, Barxas, A Hedrada, Santa Mariña de Parada de Sil, Paradellas, Pradomao e Sacardebois.

 

Un territorio de contrastes

Parada de Sil combina:

  • Zona de montaña, con altitudes que superan os 1.000 metros (Cabeza de Meda, Os Confurcos…)
  • Media montaña, con paisaxes suaves e onduladas
  • A Ribeira, con vertentes abruptas e socalcos de viñedo que descenden cara ao río Sil e ao Mao

Este contraste tamén se reflicte no clima:

  • Clima oceánico de montaña nas zonas altas
  • Clima máis suave e mediterráneo na zona da Ribeira

 

 

Natureza e biodiversidade

Parada de Sil é un territorio de gran riqueza natural, onde o río Sil e o seus afluentes crean unha paisaxe única de profundos canóns, bosques, viñedos e pequenas aldeas. A variedade de ambientes favorece a presenza dunha ampla diversidade de especies animais e vexetais.

Nos seus bosques e soutos podemos atopar carballos, castiñeiros, sobreiras, bidueiros, freixos e acivros, así como especies aromáticas e plantas propias do clima atlántico e mediterráneo. Nas zonas próximas aos ríos medran salgueiros, ameneiros e outras especies características dos bosques de ribeira.

A fauna tamén é moi diversa. Entre as aves destacan o moucho, o bufo real, o falcón peregrino, o miñato e a aguia cobreira, que aproveitan os canóns e as zonas boscosas para vivir e aniñar. Nos montes e bosques podemos atopar xabarís, corzos, raposos, teixugos, esquíos e lontras, especialmente nas zonas próximas aos cursos de auga.

Esta riqueza natural convive cunha paisaxe transformada durante séculos pola actividade humana. Os viñedos en bancais, os soutos, os bosques e os ríos forman un mosaico de gran valor ecolóxico e paisaxístico. Conservar esta biodiversidade é tamén protexer a identidade e o patrimonio natural da Ribeira Sacra.

 

 

 

 

Economía e tradición

A economía tradicional baséase en:

  • Agricultura de autoconsumo (castañas, patacas, millo, centeo)
  • Viño e produtos da Ribeira, hoxe en menor medida
  • Gandería, especialmente vacún (raza caldelá) e ovino (raza churra)

No pasado, Parada de Sil foi coñecida polas súas manteigas, queixos, viños e xamóns, produtos que se exportaban e eran moi valorados.

 

 

 

 

 

Un patrimonio hidráulico sen retorno

A construción do encoro de San Estevo tivo un gran impacto económico na zona durante o tempo que duraron as obras. Porén, na actualidade, non supón ningún beneficio directo nin para o Concello nin para a súa veciñanza.

Festas populares

Romaría de San Bieito no Mosteiro de Sta. Cristina

Arredor do 11 de xullo

Festa do Magosto en Sacardebois ou san Martiño

Arredor do 11 de novembro

Festa da Pisa da castaña de Galicia en Purdeus

Último ou penúltimo sábado de novembro

Viticultura heroica

A viticultura forma parte esencial da paisaxe e da historia de Parada do Sil, especialmente nas zonas de ribeira, onde as viñas se estenden en socalcos cara ao río Sil. O traballo co viño, ligado á tradición e ao esforzo manual, define boa parte da identidade rural deste territorio.

 

 

 

 

 

A viticultura heroica é unha das características máis singulares da Ribeira Sacra. Neste territorio, os viñedos están situados en fortes pendentes e en estreitos bancais que descenden cara aos ríos Sil e Miño. As condicións do terreo fan que o traballo da viña sexa especialmente difícil e esixente, polo que moitas tarefas deben realizarse de maneira manual.

A vendima é un dos momentos máis importantes do ano. Os viticultores percorren os bancais e seleccionan as uvas unha a unha, transportando as caixas por zonas de difícil acceso. En moitos lugares, a maquinaria apenas pode entrar, polo que o esforzo das persoas resulta imprescindible para manter estes viñedos.

Esta forma de traballar non só permite producir viños de gran calidade, senón que tamén contribúe a conservar unha paisaxe única e un patrimonio vitivinícola transmitido ao longo de xeracións. As variedades autóctonas, como a Mencía, o Merenzao ou o Godello, atopan nestas ladeiras unhas condicións especiais que lles permiten expresar o carácter do territorio.

A viticultura heroica representa, en definitiva, a unión entre o traballo das persoas, a tradición e a natureza. Cada botella de viño da Ribeira Sacra leva consigo parte dese esforzo e da historia dunha paisaxe construída ao longo dos séculos sobre as ladeiras dos canóns.

O concello forma parte da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, recoñecida pola súa calidade e polas variedades autóctonas como a Mencía, Menrenzao ou o Godello.

As nosas adegas en Parada de Sil

Adega Ronsel do Sil

A Adega Ronsel do Sil está situada en A Barxa, na parroquia de Sacardebois, en Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra. É unha pequena adega rehabilitada a partir dun antigo lagar, que naceu coa intención de poñer en valor o territorio, a tradición vitivinícola e as variedades autóctonas da zona.

 

Os seus viñedos atópanse nos característicos bancais da Ribeira Sacra, en terreos de fortes pendentes e á beira do río Sil. A vendima realízase de maneira manual, seguindo unha viticultura especialmente esixente, pero que permite conservar a personalidade das uvas e do lugar. Entre as variedades cultivadas están a Mencía e o Merenzao, nas tintas, e o Godello, a Treixadura e a Dona Branca, nas brancas.

Adega Carlos Caneiro

CANEIRO-1000x60822

Adega Carlos Caneiro é unha bodega familiar situada en Parada de Sil, en plena Ribeira Sacra, a orillas do río Sil. O proxecto naceu en 2008 como unha pequena afección familiar e, co paso dos anos, converteuse nunha forma de vida ligada á terra, ás viñas e á elaboración de viños propios.

Na adega cultívanse variedades como a Mencía e o Godello, buscando elaborar viños que transmitan a esencia do territorio. A tradición, o traballo familiar e o respecto polo viñedo son parte fundamental da súa identidade.

Coma curiosidade esta adega conta cun grupo de ovellas que funciona como un auténtico equipo de desbroce natural, axudando a manter limpo o terreo sen depender tanto de maquinaria ou doutros métodos. E abonando naturalmente dun xeito ecolóxico os viñedos.

Adega Ponte da Boga

A Adega Ponte da Boga está situada en Castro Caldelas, no corazón da Ribeira Sacra, nun lugar privilexiado xunto ao río Edo. Fundada en 1898, é considerada unha das adegas históricas da zona e leva máis dun século ligada á tradición vitivinícola galega.

A adega traballa con variedades tradicionais da Ribeira Sacra, como a Mencía, Merenzao, Sousón e Brancellao nos viños tintos, e Godello, Albariño, Blanco Lexítimo, Treixadura, Torrontés e Loureiro nos brancos. Os seus viñedos esténdense por diferentes zonas dos ríos Sil, Miño e Edo, en terreos de fortes pendentes, granito, lousa e esquisto, característicos da viticultura heroica da Ribeira Sacra.

Ainda que esta adega está en Castro Caldelas os seus viñedos está en Parada de Sil.

Parada de Sil
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.