Sábado, 01 Outubro 2022 14:10

CHARLA-PONENCIA " ARREDOR DOS SOUTOS: CIENCIA, CULTURA E FUTURO EN PARADA DE SIL

O Concello de Parada de Sil convida a tódolos residentes e interesados nos soutos e no mundo da castaña a participar na Ponencia:

ARREDOR DOS SOUTOS: CIENCIA, CULTURA E FUTURO EN PARADA DE SIL

Nela presentarase o traballo dos 3 alumnos do Campus Rural que acollimos este verán no noso concello e que traballaron no eido dos castiñeiros: enfermidades, pragas, coidados, etc... así como inventariar os invertrebrados e anfibios das nosas pozas e regatos.

Alba Montenegro da Universidade de Vigo, Rubén Domínguez da Universidade de A Coruña e Jonathan Castaño da Universidade de Santiago de Compostela fixeron un valioso traballo de escolma de diferentes aspectos para coidar e fructificar, se cabe ainda máis, os castiñeiros de Parada de Sil.

Tamén participarán na Ponencia Dª Josefa Fernández López, xenetista e 1ª Enxeñeira de Montes de Galicia, Dª Mónica Bizarro Pérez, Asociación de Donos de Soutos de Parada de Sil e D. Francisco Magide Bizarro, concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil e titor dos alumnos en prácticas.

Estes alumnos foran elexidos polo Programa Campus Rural de España 2022. «Campus rural», é un programa de prácticas —tanto curriculares como extracurriculares— destinado aos estudantes de grao e máster. O obxectivo desta iniciativa é que os universitarios de calquera titulación oficial completen a súa formación mediante a realización de prácticas académicas no ámbito rural e en zonas con problemas de despoboamento. Para cumprilo, as Universidades de todas España ofertan bolsas para traballar en calquera institución ou empresa que desenvolva a súa actividade en municipios con menos de 5000 habitantes.

Este proxecto fomenta o contacto da mocidade coa natureza e o ámbito socioeconómico rural. Ao seu mesma vez, busca construír unha contorna rural máis resiliente e sostible, dinamizando o seu tecido produtivo, social e institucional.
 
Vostede está aquí: Home