Aquilino Domínguez, alcalde do Concello de Parada de Sil comunica que o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes,residentes, sendeiristas e vehículos dende o Luns 14 de novembro dende as 16:00 hrs. ata o xoves 17 de novembro ata as 11:00 hrs. porque vaise proceder á gravación dun evento musical no interior do mosteiro e nasúa contorna.
Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:
- Pola carreteira de acceso dende Castroata o Mosteiro.
- Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.
¡Graciñas pola súa colaboración!