Mércores, 17 Maio 2023 08:24

OS BENEFICIOS DO NOVO PARQUE BIOSAUDABLE NA ÁREA RECREATIVA "OS TORGÁS"

 

 

        

 

Este é o panel que atoparedes no parque, onde se explica os beneficios que ofrece e como usar cada unha das máquinas.

 

Facer exercicio ao aire libre axuda a mellorar a nosa saúde física, mental e emocional. Por iso, o Concello de Parada de Sil acaba de instalar un parque biosaudable na área recreativa "Os Torgás", coa financiación da:

  • Unión Europea
  • Fondos Next Generation UE
  • Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
  • Ministerio de Sanidade
  • Goberno de España.

O uso dos parques biosaudables teñen numerosos beneficios:

Animamos a todas as veciñas e veciños a incluír estes exercicios na súa rutina diaria!

  • Aquí vai unha proposta:

    1. Ide camiñando ata "Os Torgás".
    2. Podes mellorar a mobilidade dos ombros facendo xirar o volante nun sentido e noutro.
    3. Despois podes axudar a mellorar a túa respiración e o corazón co Climber.
    4. Se te sentes con enerxía, podes continuar mellorando a forza das túas pernas coa máquina de Extensión.
    5. E antes de emprender o regreso camiña ata o "Curral do Penso" ou aos "Balcóns de Madrid" e fai varias respiracións profundas mentres desfrutas da bela paisaxe que te rodea.

    Fai isto varias veces á semana, vai cambiando de máquinas, e..  de seguro que te vas a sentir máis forte e alegre!

 

Vostede está aquí: Home