PLAN MARCO · XUNTA DE GALICIA
PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023 - 2024
O Concello de Parada de Sil dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, busca facilitar o acceso ás leiras dos veciños do Concello.
Están a acometerse dúas actuacións de mellora dos camiños de Forcas a Escabadas e o camiño de Requián a OU-508. Deste xeito preténdese evitar o despoboamento do rural e facilitar as condicións de vida e servizos básicos dos veciños do concello mediante estas actuacións que melloran a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade.
O importe da obra é de 63.446,58 euros e foi adxudicada á empresa “ Irmáns Díaz Caldelas”.
Para o ano 2023 o importe subvencionable por AGADER foi 18.200,19 € e para este ano 2024 o importe subvencionable é 34.234,81 €.
Nas actuacións o que se pretende é mellorar a capa de rodadura do camiño e tamén ampliacións dos mesmos camiños e as limpezas das gabias/ cunetas.