Mércores, 24 Setembro 2025 07:35

SUBVENCIÓN NOMINATIVA DO INORDE PARA O PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA DE PARADA DE SIL 2025

 
           
Imaxes do Servizo de Lanzadeira a Santa Cristina en Semana Santa e Verán 2025
 
 
 
O Concello de Parada de Sil informa da concesión dunha subvención nominativa do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico para o ano 2025, destinada ao desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística en Parada de Sil.
 
Importe da subvención: 7.000,00 €
Finalidade: Desenvolvemento e implementación de accións encamiñadas á promoción dun turismo sustentable no municipio, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Parada de Sil 2025.
 
Esta achega contribúe ao compromiso do Concello cun modelo turístico responsable, que favoreza a conservación do medio, o desenvolvemento económico local e a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural.
Vostede está aquí: Home