Mércores, 25 Xullo 2018 18:41

O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE PARADA DE SIL PREMIARÁ OS MELLORES TRABALLOS CON 2.000 €

O próximo día 28 remata o prazo para a presentación de traballos para a undécima edición do concurso de fotografía “Rosa Pons Fábregas”, en calquera das suas duas categorías: “Visións de Parada de Sil”, que abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, persoeiros, etc., pertencentes ou ubicados en Parada de Sil. Hai unha segunda categoría de fotografía libre, para calquera tipo de imaxe, sen limitación temática ou xeográfica.

O certame ten unha dotación de 2.000 euros en premios e está patrocinado por Camilo Yáñez Pons, fillo de Rosa Pons, que da nome ó mesmo, e ten como obxectivos fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, monumental, etnográfica e paisaxística do concello, así como espallar a arte da fotografía.

O primeiro premio da modalidade “Visións de Parada de Sil” está dotado con 800 euros , en tanto que o segundo recibirá 300. Na modalidade libre, ao gañador corresponderánlle 700 euros e 200 ó segundo clasificado.

Para máis información, na páxina web do concello (paradadesil.es) ou nos teléfonos 988 208 010 – 616 516 238.

 

Vostede está aquí: Home