Xoves, 07 Marzo 2019 21:40

O CONCELLO CONVOCA A XII EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “ROSA PONS FÁBREGAS”

O concello de Parada de Sil ven de convocar a XII edición do concurso fotográfico “Rosa Pons Fábregas”, patrocinado polo seu fillo Camilo Yáñez Pons, en memoria da que fora senlleira mestre neste concello, e que contará coas duas modalidades habituais: Visións de Parada de Sil, por unha parte, e outra aberta a temática libre. O último día para a presentación de traballos será o día 28 de xullo de 2019, en tanto que o xurado dará a coñecer o seu fallo o día 9 de agosto seguinte.
 
O certame está dotado dos seguintes premios: Para a modalidade Visións de Parada de Sil, un primeiro premio de 800 euros, e un segundo de 300. Na modalidade libre, o primeiro premio ten asignada unha cuantía de 700 euros, e o segundo, 200. A partires do 15 de agosto quedará aberta unha exposición no salón de plenos do Concello composta por unha selección das obras presentadas ó concurso.
 
 
Vostede está aquí: Home