Xoves, 21 Marzo 2019 20:49

O MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE NOS COLEXIOS DE BOBORÁS E MARISTAS DE OURENSE

Os alumnos de todos os cursos do CEIP de Boborás e de primeiro e segundo cursos de Primaria dos Maristas de Ourense acolleron senllas sesión de promoción do Museo do Chocolate de Teimende, a cargo Loli e Rosa Casares, fillas dos últimos donos da fábrica dos Chocolates Casares, actualmente cedida ó concello de Parada e reconvertida en Casa-Museo. As actividades consistiron na explicación e visión do material utilizado no proceso de elaboración do chocolate, países de orixe do chocolate e do cacao, historia, materias primas e ingredientes. Asimesmo, visionaron un pequeno vídeo explicativo e unha presentación para acompañar visualmente os contidos.

Ó remate das explicacións, a rapazada degustaron con grande alegría unha mostra do chocolate que se vende no Museo, agasallo do concello de Parada, como é costume en todas as actividades de promoción. Os alumnos seguiron con moita atención as explicación e fixeron comentarios e preguntas sobre cuestións relativas ó chocolate, sobre ás que xa tiñan algúns coñecementos, traballados en clases previas cos seus respectivos profesores co obxecto de facilitar a comprensión global dun proceso tan descoñecido e que en Parada foi tan característico grazas ó labor da fábrica de Teimende que funcionou durante case un século, sempre en mans da familia Casares. Ricardo Casares, pai das divulgadoras do Museo, foi o último chocolateiro da saga e verdadeiro impulsor da fábrica, que tiña o seu principal mercado no sur da provincia de Lugo e o norte, leste e sur da provincia de Ourense.

Nas duas fotos da esquerda, Loli Casares, con alumnos e alumnas de Boborás. Nas da dereita, Loli Casares e Rosa Casares co alumnado de Maristas.

Vostede está aquí: Home