Martes, 30 Abril 2019 22:41

O ESCRITOR CUBANO LUIS MANUEL GARCÍA MÉNDEZ GAÑA A SÉPTIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL”

O escritor cubano afincado en Toledo, Luis Manuel García Méndez, autor de numerosas publicacións e premio Casa das Américas en 1992, alzouse co premio da séptima edición do concurso de microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, que conta cunha dotación económica de 1.000 euros. O nome do ganador, que o xurado fixo público onte, saiu despois dunha longa deliberación, debida ó alto nivel dos participantes na presente convocatoria do concurso.

Ó concurso concurriron case seiscentos traballos, calificados polo xurado presidido, como é habitual, por Antonio Carreño, catedrático emérito da estadounidense Brown University, e integrado polo catedrático de Lingua, Arturo Fernández; e o inspector de Educación e escritor Delfín Caseiro.

En segundo lugar quedou Irene Sandra Lourido, de Santiago de Compostela co microrrelato titulado “Composición”, dotado con 700 euros, en tanto que o terceiro premio foi para Juan Antonio Trillo López de Granada, tamén con obra publicada, que presentou o traballo “El ciclo de la vida” e dotado con 300 euros.

O alcalde en funcións, Aquilino Domínguez, amosou a sua satisfacción tanto polo nivel de participación acadado polo concurso, que conta xa con nome propio no panorama dos concursos no panorama literario español. O rexedor suliñou tamén o nivel dos traballos presentados, agradecendo o traballo altruista do xurado “que adicou moitas horas á corrección e valoración dos traballos”, así como “a Eugenio Prieto, catedrático de Matemáticas e investigador de gran prestixio na universidade, orixinario de Parada, que financia o concurso dende a sua creación”.

                A entrega de premios terá lugar nun acto público que terá lugar no concello de Parada de Sil o día 11 de maio ás 11,30 horas e no que con motivo da efeméride das Letras Galegas se adicará unha homaxe o xornalista ourensán Lalo Pavón.

Vostede está aquí: Home