Xoves, 18 Xullo 2019 19:40

OS DEVOTOS DE SAN BENITO PROTAGONIZARON UNHA CONCURRIDA ROMARÍA EN SANTA CRISTINA

Os devotos de San Benito convertiron en éxito a tradicional romaría adicada ó santo no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada. Cerca de duascentas persoas se congregaron este ano no recinto. A misa solemne foi cantada pola coral “Aqua Música”, que goza dunha estreita relación co concello. Os participantes manifestaron a sua satisfacción polas reformas levadas a cabo no último ano, que permitiron mellorar os accesos ou dotar de nova cuberta ó mosteiro, segundo expresou o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que asistía ós actos por vez primeira como rexidor do concello.

Tanto na procesión como ó remate dos cultos relixiosos actuou a charanga “Escachapeitos”, para desfrute dos asistentes. A festa continuou pola tarde, coa presencia de “A Mirada Máxima” no camping de Castro. O alcalde quere amosar o seu agradecemento á Asociación de Voluntarios de Protección Civil, polo traballo desplegado para evitar atascos e facilitar o aparcamento dos vehículos.

Todo elo, fai que “a romaría do San Benito congregue cada ano a máis xente e se consolide como unha das grandes citas do verán en Parada”, segundo apuntou Aquilino Domínguez, que foi un dos encargados de portar o santo durante a procesión arredor do recinto relixioso.

 
Vostede está aquí: Home