Martes, 30 Xullo 2019 16:05

VISITAS TEATRALIZADAS O 10 E O 30 DE AGOSTO RECREARÁN A VIDA NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA Ó LONGO DA HISTORIA

Baixo a denominación de “O Solpor no Mosteiro”, os próximos días 10 e 30 de agosto terán lugar senllas visitas teatralizadas ó mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, na que os participantes estarán acompañados de guías ataviados de monxes co obxectivo de darlle maior realismo ó relato sobre a historia do recinto, que terán a sensación de trasladarse varios séculos atrás e entender mellor como era a vida do famoso e importante enclave relixioso.

Ámbalas dúas representación terán lugar a partires das 20,30 horas e a asistencia está limitada a 35 persoas, cun custe de 6 euros por persoa. A representación correrá a cargo do colectivo cultural “Platea Lua”, co patrocinio do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a colaboración do concello de Parada. A reserva anticipada de entradas poderá facerse a través de correo electrónico en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e tamén nos teléfonos 638 823 592 (de 10,00 a 17,00 horas) ou 617 557 961.

Vostede está aquí: Home