Sábado, 14 Setembro 2019 17:12

DEPORTE E NATUREZA MARCAN O CALENDARIO LÚDICO DO OUTONO EN PARADA

As actividades de deporte e natureza marcan o calendario na primeira parte do outno en Parada de Sil, divididos en tres probas de prestixio, xa plenamente consolidadas polo alto número de participantes, que valoran os trazados respectivos, así como a beleza do entorno polos que discurren os itinerarios.

A primeira das probas terá lugar o próximo 22 de setembro, no que se celebrará a sexta edición da Ruta BBT Parada de Sil, en duas modalidades, unha de distancia longa, con 53 kilómetros a percorrer, e outra curta, con 38 kilómetros de percorrido.

A segunda está programada para o 20 de outubro e será a décimoterceira edición da Carreira por Montaña Canón do Sil, tamén coñecida como “A Decana”, que terá un percorrido de 33 kilómetros con 2.220 metros de desnivel positivo. Ainda haberá outras duas modalidades: a carreira media Canón do Sil, de 17 kilómetros e 950 metros de desnivel positivo, e a carreira mini e cadete Canón do Sil,  de 7 kilómetros e 370 metros de desnivel positivo.

A última das actividades de deporte e natureza terá lugar o nove de novembro, coa décimosegunda edición da Andaina da Castaña, cun percorrido de 18,5 kilómetros/PG-R 98, que terá a saída as 9,00 da mañán dende a Praza do Barquilleiro. A modalidade para cativos constará dunha ruta guiada de 3,5 kilómetros ás once da mañá pola ruta dos casatiñeiros e das carriozas.

 
Vostede está aquí: Home