Sábado, 06 Xuño 2020 22:01

PARADA DE SIL CONVOCA A DECIMOTERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “ROSA PONS”

O concello de Parada de Sil ven de convocar a decimoterceira edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”, que conta habitualmente cunha notable participación procedente dos puntos máis diversos da xeografía española. O certame está patrocinado polo empresario Camilo Yáñez, fillo de Rosa Pons, afincado en Barcelona, pero vencellado a Parada de Sil dende a sua infancia e onde dispón a sua segunda residencia na que para varias veces ó ano e sobre todo nas vacacións de verán.

Os concursantes  poden participar na modalidade de “Visións de Parada de Sil”, dotada con 800 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. A entidade convocante agarda que a apertura da mobilidade en Galicia despois dos meses de confinamento provocado polo estado de alarma, permitirá que se incremente a participación.

A outra modalidade é de tema libre e os premios son de 700 euros para o ganador e 200 para o segundo clasificado.

As fotografías poden enviarse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ata o día 27 de xullo. Cada concursante pode presentar un máximo de catro fotografías en cada modalidade. Os traballos serán xulgados por un xurado profesional. O concuso o convoca o Concello de Parada de Sil en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil.

 
Vostede está aquí: Home