Martes, 14 Xullo 2020 23:54

“BRASSICA RAPA”, NO VERÁN CULTURAL 2020 EN PARADA DE SIL

O próximo sábado, día 18 de xullo, o Verán Cultural 2020 de Parada, ca organización do concello, traerá ó grupo “Brassica Rapa” é unha brass band nacida a finais do 2017, ca idea de darlle unha volta ao concepto de charanga na procura dun concepto evolucionado. A banda está formada íntegramente por rapazas, que tocan instrumentos de vento, metal e percusión e crean unha atmósfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula, nun sector abrumadoramente masculino.

 O concello e o departamento de Cultura e Turismo animan á participación de veciños e forasteiros que queiran achegarse a Parada de Sil para disfrutar deste pasarrúas.

 
Vostede está aquí: Home