Luns, 03 Maio 2021 16:40

A FABRICA DA LUZ XA TEN LUZ!

No día de hoxe fíxose a conexión da luz eléctrica a Fábrica da Luz de Parada de Sil. Era paradóxico que A Fábrica da Luz non tivera conexión a corrente eléctrica e se sumunistrase soamente a través de placas fotovoltáicas claramente insuficientes para a dimensión do edifciio.

Esta obra que supón unha mellora substancial para un aproveitamento integral do establecemento denominado Fábrica da Luz, en Barxacova, Parada de Sil, tivo un coste definitivo de 98.650 euros. Así non depende só da enerxía solar e o período de apertura poderá ser de máis meses ó longo do ano, con menos custe para empresa xa que o grupo electróxeno non se terá que conectar. No día de hoxe UFD procedeu a conexión que só entrará en funcionamento cando o abastecemento de fotovoltaica a través das placas solares non sexa suficiente.

O concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil, Paco Magide, manifesta que hoxe é un gran día xa que supón “o remate a un proceso comenzado fai máis de cinco anos, cando se solicitou, e a pretensión era que o Concello a debía traer a media tensión dende Cristosende, algo inviable polo custe económico e polo impacto sobre a paisaxe e que levou a efectuar varias viaxes a Coruña para tratar de modificar esa decisión.

Despois de moitas negociacións con distintas instancias e de cinco anos, “a luz chegou a un establecemento que era Fábrica da Luz dende 1926 e agora vai un tramo en aéreo dende o pobo de Barxacova e na súa maior parte vai o cableado soterrado evitando calquera impacto paisaxístico.

Nesta obra o INEGA aportou 15.000 euros e a Deputación provincial 14.000 euros, sendo o resto de fondos propios do Concello. A actuación foi executada pola enxeñería Proieco de Ourense a a empresa Teyca-GA, que fixo a obra en tempo récord e a quen dende o Concello se lle agradece o esforzo.

O concello de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide, diante do transformador, cos enxeñeiros e as persoas xerentes da Fábrica da Luz.

Vostede está aquí: Home