Domingo, 11 Xullo 2021 16:30

HORARIOS e SERVIZO DO BUS-LANZADEIRA AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA

Trátase dun servizo combinado de traslado en  microbús desde a Oficina de Turismo de Parada de Sil ao Mosteiro de Santa Cristina. Este servizo estará en marcha entre o 7 de xullo e o 6 de setembro e será opcional en días laborables e obrigatorio en fin de semana. Así ben, non será posible o acceso ao Mosteiro de Santa Cristina en vehículos particulares sábados e domingos. No percorrido inclúese unha parada sen espera en Castro para a visita aos miradoiros de Xariñas de Castro, Pena da Cividá e visita ao Castro da Idade de Bronce.
 
Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de gran extensión, fráxil, con recursos dispersos, e asentado sobre unha topografía complexa.
Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, poñemos este servizo a disposición e solicitamos que fagan uso do mesmo.
 
Grazas pola súa colaboración na protección deste territorio.
 
AVISO IMPORTANTE: O Concello de Parada de Sil resérvase o dereito de restrinxir ao acesso ao Mosterio dos vehículos particulares noutras datas das previstas facendo obrigatorio o uso do bus-lanzadeira.
 
Vostede está aquí: Home