Heráldica
HERÁLDICA
A proposta de escudo que se formulou en Marzo de 1.988 (mil novecentos oitenta e oito) está relacionada coa presencia histórica do Mosteiro de Santa Cristina que despois da sua fundación e posterior incorporación o de San Esteban de Ribas de Sil no século XVI, pasou a converterse en priorato deste, constituindo a sua casa – granxa no pobo de Parada, actual cabeza municipal, permanecendo todavía alí coa sua fermosa portada de arco de medio punto e remate artístico que leva un escudo, baixo o timbre da un capelo de Abade de seis borlas, que logo se repite nunha das paredes da casa, e que está organizado en cuarteles que fan alusión ós orixes e historia de Santa Cristina.
Por todo esto propúxose para escudo heráldico do Concello de Parada de Sil, unha réplica exacta do mesmo dacordo coa seguinte descripción:
ESCUDO DIVIDIDO EN CATRO CUARTELES, SENDO O PRIMEIRO E ÚLTIMO OS PORTADORES DA NOVE MITRAS DE OURO SOBRE FONDO SINOPLE, POSTAS CINCO E CUATRO, RESPECTIVAMENTE, EN CADA CUARTEL.
O SEGUNDO LEVA AS ARMAS DOS CASTRO, CONDES DE LEMOS: SEIS ROEIS POSTOS 2,2,2 DE AZUL, SOBRE CAMPO DE PRATA.
E FINALMENTE, O TERCEIRO, EN CAMPO DE GULES, PALMA DA OURO SURMONTADA DUNHA COROA REAL DA MESMA COR.
Ó TIMBRE COROA REAL CERRADA.
Esta proposta foi firmada por D. Francisco Ogando Vázquez, Catedrático, Académico da de Historia e da Galega e Asesor Cultural Provincial da Consellería de Cultura e por D. Fernando González Suárez, Catedrático e membro do grupo “Francisco de Moure” de Investigación de Arte en data Marzo de 1.988 (mil novecentos oitenta e oito)
Así mesmo, este escudo heráldico foi aprobado según decreto 563/1990 do 20 de decembro. Resolución publicada no Diario oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 1.991.