O concello de Parada de Sil acaba de editar un bando do alcalde, Aquilino Domínguez Díaz, reclamando o uso racional da auga do abastecemento domiciliario, así como a prohibición da sua utilización para fins non domésticos. A decisión municipal xustifícase pola disminución das reservas de auga pola falta de chuvia, así como polo importante incremento de poboación de feito no concello durante os meses de verán. Neste senso, o alcalde apela á responsabilidade e criterio racional da veciñanza.
Xoves, 23 Xullo 2020 17:40