.
Sábado, 08 Agosto 2020 08:45

A RECOLLIDA DE ENSERES QUEDA REDUCIDA A CASOS DE URXENCIA DEBIDO ÁS MEDIDAS POLO COVID-19

O servizo municipal de recollida de enseres queda suspendido debido ás medidas aplicadas con motivo do COVID-19, segundo anuncia o alcalde, Aquilino Domínguez,  nun bando. Tan so se mantén un servicio para casos urxentes que serán atendidos a través dun teléfono que se anuncia no propio bando e que se fará cargo de mobéis, colchón, somieres, cociñas, táboas, cerramento de eidos, gaiolas, televisores, ordenadores ou microondas.

En cambio, non serán aplicables a esta nova situación e, por tanto, non serán recollidos pola empresa encargada do servizo, os materiais de construcción, plásticos industriais, inodoros, lavabos, portas, ventás, persianas, aceites, pinturas, pezas de coches -tampouco rodas- ou aperos de labranza. Anuncia o bando que quenes depositen algúns destes materiais serán sancionados de acordo coa normativa vixente.files/20200806_Publicacin_Bando_Bando_recollida_de_enseres.pdf

Vostede está aquí: Home Máis edictos Taboleiro de edictos A RECOLLIDA DE ENSERES QUEDA REDUCIDA A CASOS DE URXENCIA DEBIDO ÁS MEDIDAS POLO COVID-19