.

Taboleiro de edictos

O concello de Parada de Sil aprobou inicialmente na sesión ordinaria do pleno do concello celebrado o día 1 de outubro de 2020 o Plan económico financeiro para os exercicios 2020-21. O expediente permanecerá exposto ao público durante o plrazo de quince días hábiles dende a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia. Para ler o anuncio completo, premer a continuación. files/BOP_14102020.pdf

A proxección da película "María Solinha" obligará a cortar o tráfico na estrada que leva a Os Torgás entre as 21,00 ata as 00,00 horas do día 25 de agosto, segundo un edicto da Alcaldía, asinado polo seu titular Aquilino Díaz Domínguez. Para ler o texto completo do documento, prema a continuación.files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf

Con motivo da proxección da película "María Soliña", dentro do programa do "Verán Cultural" de Parada de Sil, quedará cortado ó tráfico o acceso á zona de Os Torgás entre as 22,00 e as 00,00 horas do devandito día, segundo un bando editado pola alcaldía e firmado polo seu titular, Aquilino Domínguez. Para ler o bando completo, prema a continuación. files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf

O servizo municipal de recollida de enseres queda suspendido debido ás medidas aplicadas con motivo do COVID-19, segundo anuncia o alcalde, Aquilino Domínguez,  nun bando. Tan so se mantén un servicio para casos urxentes que serán atendidos a través dun teléfono que se anuncia no propio bando e que se fará cargo de mobéis, colchón, somieres, cociñas, táboas, cerramento de eidos, gaiolas, televisores, ordenadores ou microondas.

En cambio, non serán aplicables a esta nova situación e, por tanto, non serán recollidos pola empresa encargada do servizo, os materiais de construcción, plásticos industriais, inodoros, lavabos, portas, ventás, persianas, aceites, pinturas, pezas de coches -tampouco rodas- ou aperos de labranza. Anuncia o bando que quenes depositen algúns destes materiais serán sancionados de acordo coa normativa vixente.files/20200806_Publicacin_Bando_Bando_recollida_de_enseres.pdf

O concello de Parada de Sil, a través dun bando editado polo alcalde, Aquilino Domínguez, lembra a obligatoriedade dos propietarios de parcelas ou fincas ubicados nos núcleos urbanos, así como as que se atopen a carón de vivendas, naves ou outra edificación de calquera tipo, de manter limpa a sua propiede, así como a prohibición de deixar medrar espacies favorecedoras dos incendios forestais. O rexedor chama á responsabilidade e colaboración dos veciños, avisando tamén de que o custe dos daños que se produzan por causa do lume deberán ser asumidos polos propietarios das parcelas ou fincas sen limpar. Para ler o documento na sua integridade, premer a continuación.files/20200730_Banperimetrais.pdf

O concello de Parada de Sil acaba de editar un bando do alcalde, Aquilino Domínguez Díaz, reclamando o uso racional da auga do abastecemento domiciliario, así como a prohibición da sua utilización para fins non domésticos. A decisión municipal xustifícase pola disminución das reservas de auga pola falta de chuvia, así como polo importante incremento de poboación de feito no concello durante os meses de verán. Neste senso, o alcalde apela á responsabilidade e criterio racional da veciñanza.

files/20200723_Publicacin_Bando_Bando_consumo_da_auga.pdf

O concello de Parada anuncia a contratación de catro peóns forestais durante un periodo de catro meses para a limpeza das rutas BTT do concello. Para máis información, premer a continuación. files/20200702_Publicacin_OFERTA_DE_EMPREGO_PENS_FORESTAIS_PARA_A_LIMPEZA_DE_RUTAS_BTT.pdf

O Diario Oficial de Galicia do pasado 22 de xuño publica unha resolución do Instituto da Vivenda e Solo no que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, no que se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra. Para máis información, premer a continuación. files/AnuncioC3Q2-230620-0001_gl-1.pdf

O concello de Parada de Sil, a través dun bando do alcalde, Aquilino Dominguez Díaz, anuncia a posta en marcha dun servizo de podoloxía, que terá lugar a mediados de xullo, a prezos populares. Para máis información, premer a continuación. files/2020/20200630_Publicacin_Bando_bando_podoloxa_2020.pdf

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domingo, acaba de editar un bando anunciando o proceso de contratación de catro peóns forestais para os próximos nove meses, a contar dende o presente mes de xuño, a bravés de oferta de emprego público.

files/20200615_Publicacin_Bando_OFERTA_EMPREGO_PEON_FORESTAL_APROL.pdf

Vostede está aquí: Home Máis edictos Taboleiro de edictos